Radio Municipal de Tui
Informativos
Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.
Mindenképp látogasd meg a podcast oldalát, és támogasd a készítőjét: www.ivoox.com
Szerző
Radio Municipal de Tui
Kategória
A podcast weboldala
Legutóbbi epizód
2026. nov. 17.
Hol hallgathatod?
Podcastok az alkalmazásban Replaio Radio HamarosanA podcastok hamarosan megérkeznek az alkalmazásba. Telepítsd most, és láss elsőként egy teljesen új megközelítést a podcastokhoz
Epizódok
Tui conmemora o venres 27 o centenario do Nobel Camilo JoséCela 20.01.2017 6:27
O vindeiro venres, 27 de xaneiro, ás 19h, o Teatro Municipal de Tui acollerá o acto de homenaxe ao premio Nobel Camilo José Cela co gallo de celebrar o centenario do nacemento do escritor, fortemente vinculado a Tui. Esta mañá presentouse na Casa do Concello o acto “Cela en Tui” no que participou a concelleira de Cultura, María José González, o sobriño do escritor, Julio Perez Cela, e o alcalde de...
Noticias 13-30h - Xoves, 19 de xaneiro de 2017 19.01.2017 21:21
A actualidade deste frío xoves, 19 de xaneiro, na Radio Municipal de Tui.
Dous alumnos do IES de Tomiño completan a súa formación profesional en Europa 19.01.2017 2:13
Dous alumnos do IES de Tomiño atópanse entre os 22 de toda a provincia que viaxan a diferentes países da Unión Europea dentro do programa de mobilidade Erasmus+ da Deputación de Pontevedra destinado ao alumnado de Formación Profesional. Trátase do segundo ano no que o instituto participa neste programa aínda que este ano é a primeira vez na que os alumnos completan a súa formación no estranxeiro....
A Mostra de Cultivos do Baixo Miño celebrarase o 4 e 5 de marzo con 30 expositores 19.01.2017 3:20
Ademais, por segundo ano consecutivo, AcuBam busca poñer o foco na innovación e nas empresas que están á vangarda no Baixo Miño. Para elo, creáronse os premios AcuBam Innovación 2017. A décimo cuarta edición da Mostra de Cultivos do Baixo Miño celebrarse o 4 e 5 de marzo. Arestora está xa aberta a inscrición para os profesionais e esperase que se sumen até 30 expositores. Trátase da mostra máis im...
Noticias 13.30h - Mércores, 18 de xaneiro de 2017 18.01.2017 26:49
A actualidade do día nos informativos da Radio Municipal de Tui
Emilio Llamedo ficha polo Kaiak Tudense 18.01.2017 2:45
O club Kaiak Tudense vén de reforzar a súa plantilla de deportistas cunha nova fichaxe. Trátase do asturiano Emilio Llamedo, de 29 anos, que é o kaiakista español en activo con máis títulos en Campionatos de España sobre 5000 metros e varias medallas en mundiais de maratón. En declaracións á Radio Municipal de Tui explicou que buscou mellorar sumándose ao mellor club de España. Coma obxectivos par...
Salceda prepárase para o Entroido 18.01.2017 2:46
Pouco máis dun mes para que chegue o Entroido e en Salceda xa comezaron as preparacións coa publicación das bases de participación do XIX Desfile de Carrozas e Comparsas que se celebrará no municipio o domingo 26 de febreiro de 2017. Toda a información e as bases do concurso poden consultarse a través da páxina web do Concello www.salcedadecaselas.es
O Concello de Tui convoca seis prazas de auxiliares da Policía Local 18.01.2017 3:16
Mañá comeza o prazo de presentación de solicitudes para acceder ás seis prazas de auxiliares da Policía Local convocadas polo Concello de Tui. O concelleiro de Seguridade, José Ramón Magán, daba conta desta convocatoria e avanzaba que a finais de mes levarán a pleno a convocatoria de catro prazas de policías vacantes na plantilla.
Noticias 13.30h - Martes, 17 de xaneiro de 2017 17.01.2017 26:47
O que acontece en Tui e na contorna contámolo na Radio Municipal de Tui
O Baixo Miño estará representado na maior feira internacional de plantas ornamentais 17.01.2017 2:57
A comercializadora de plantas ornamentais con sede en Tomiño Coplant estará por décimo ano na maior feira internacional deste tipo de plantas, a IPM-Essen. Coplant foi a primeira empresa española en obter o certificado PPQS que facilita a venda dos seus produtos en mercados europeos. Entre os 3.500 artigos que teñen con 600 variedades diferentes levarán principalmente camelias, rododendros ou hort...
O Rosal busca voluntarios para recuperar o entorno natural dos Muíños do Folón e do Picón 17.01.2017 1:20
O concello do Rosal plantará máis de medio centenar de árbores autóctonas galegas no entorno dos Muíños do Folón e do Picón. En concreto trátase de carballos que se plantarán nas marxes do Folón e do Picón. Para levar a cabo o proxecto, e buscando organizar unha actividade familiar de contacto coa natureza, o Concello busca voluntarios para este mes de xaneiro ou febreiro. Os prazos aínda están ab...
Máis de 800 traballos presentados a Play-Doc 2017 17.01.2017 2:36
800 pezas audiovisuais presentaronse este ano a convocatoria de Play-Doc o festival Internacional de Documentais de Tui que se celebrará do 22 ao 26 de marzo. Son 800 filmes que foron estreados a partir de xaneiro de 2016 e que destacan, segundo o director do festival, Ángel Sánchez, pola súa diversidade. Agora, para o equipo do Play-Doc toca comezar o traballo de selección. Ademais desta selecció...
Noticias 13.30h - Luns, 16 de xaneiro de 2017 16.01.2017 32:39
A actualidade deste luns, 16 de xaneiro, e o resumo deportivo da fin de semana na Radio Municipal de Tui
Reparación da rede de saneamento das instalacións deportivas Álvarez Durán en Tui 16.01.2017 3:29
A reparación da rede de saneamento das instalacións deportivas Álvarez Durán está sendo acometida estes días por operarios municipais. O obxectivo dos traballos é eliminar o problema de filtracións que se tiña producido e que tiñan afectado á unha traída veciñal. Segundo explica o concelleiro de Deportes, Laureano Alonso, tras a denuncia presentada por uns veciños que detectaron problemas de conta...
O 2 de febreiro comeza unha nova temporada do Cineclub Poleiro 16.01.2017 1:55
O Cineclub Poleiro xa ten lista unha nova temporada que comezará o xoves 2 de febreiro e terá lugar o primeiro xoves de cada mes até maio. Son catro películas de temáticas ben diferentes. como Ramón Álvarez, presidente do cineclub, explicaba á RMT. Este novo ciclo rebaixa ademais o seu custe. O abono para os catro filmes pasa de custar 12€ a 10.
Balance positivo da II Mostra da Camelia Cidade de Tui celebrada na fin de semana 16.01.2017 1:31
Balance moi positivo da II Mostra da Camelia Cidade de Tui celebrada esta fin de semana. 70 expositores déronse cita na exposición realizada na Sala de Exposicións Municipal, na Área Panorámica, pola que pasaron centos de persoas. José Carlos Montes é unhas das persoas que levou a cabo a organización xunto ao Concello de Tui. O éxito acadado tanto na primeira edición coma na edición deste ano dall...
Noticias 13.30h - Venres, 13 de xaneiro de 2017 13.01.2017 25:51
A actualidade do día, as citas para a fin de semana e os encontros deportivos nos informativos da RMT
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Valoración reunión técnica sobre senda fluvial con Tomiño 12.01.2017 6:31
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, reuniuse esta mañá xunto a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, coa directora xeral de Medio Ambiente e a subdirectora xeral de Patrimonio Natural para abordar a execución da senda fluvial con Tomiño, dentro do obxectivo xeral do goberno municipal de que toda a beira do Miño estea unida por unha senda fluvial cara Tomiño e Salceda. Co alcalde desta última loca...
Noticias 13.30h - Xoves, 12 de xaneiro de 2017 12.01.2017 26:56
A actualidade deste xoves en Noticias 13.30h na RMT
Remeiros de Cambrigde adestran no Miño 11.01.2017 4:01
Corenta remeiros da universidade de Cambrigde adestran dende o pasado venres e ata este sábado en Tui. Pertencen ao First and Third, Trinity College Boat Club. Están a realizar tres adestramentos diarios en augas do Miño e nas instalacións do Remo do Miño, club anfitrión.
Noticias 13.30h - Mércores 11 de xaneiro de 2017 11.01.2017 28:42
O que é noticia neste mércores, 11 de xaneiro, contámolo nos informativos da Radio Municipal de Tui
Tui é a Noruega española, segundo unha publicación de viaxes 11.01.2017 0:49
Unha moi popular plataforma de viaxes vén de destacar a Tui no seu magazine baixo o titulo de “6 destinos infravalorados que visitar en 2017”. En concreto, dende esta publicación, que conta con milleiros de visitas diarias, define a Tui como a “Noruega española”.
Noticias 13.30h - Martes, 10 de xaneiro de 2017 10.01.2017 29:03
A actualidade do día en Tui e no Baixo Miño en Noticias 13.30h na RMT
Acitui organizará neste 2017 o Día de América como acto de irmandade entre Galicia e Latinoamérica 10.01.2017 4:06
Acitui presentará este 2017 o Día de América como gran evento patrocinado e organizado pola asociación. Terá lugar o 2 e 3 de setembro e arestora atópase xa avanzado con diferentes ideas e o apoio xa confirmado da Deputación de Pontevedra. Trátase de conectar cos diferentes países que acolleron e recibiron cos brazos abertos aos milleiros de galegos e galegas que tiveron que emigrar en busca dun f...
Os habitantes do Baixo Miño gastarán en torno a 100€ nestas rebaixas 09.01.2017 4:20
Os habitantes do Baixo Miño gastarán en torno a 90-100€ nas rebaixas de inverno que deron comezo xa. Dende ACITUI, o seu presidente, Juan Carlos Blanco, lamenta que a desregularización dos períodos de rebaixas prexudica ao pequeno comercio en favor das grandes superficies comerciais e pide que se volve ao anterior modelo de períodos limitados por campañas.
Hasonló podcastok
A Replaio nem podcastkiadó; a műsorok nevei, borítóképei és hanganyagai a szerzőiket illetik, és nyilvános RSS-csatornákon keresztül terjednek.