Radio Municipal de Tui

Informativos

News GL ↓ 3661 epizód

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.

Mindenképp látogasd meg a podcast oldalát, és támogasd a készítőjét: www.ivoox.com

Szerző

Radio Municipal de Tui

Kategória

News

A podcast weboldala

www.ivoox.com

Legutóbbi epizód

2026. okt. 23.

Hol hallgathatod?

Podcastok az alkalmazásban Replaio Radio Hamarosan

A podcastok hamarosan megérkeznek az alkalmazásba. Telepítsd most, és láss elsőként egy teljesen új megközelítést a podcastokhoz

Letöltés a Google Play-ről Telepítsd ingyen Android közel 10 M letöltés · 4,8-as értékelés iOS hamarosan

Epizódok

Ent. Avelino Martínez, axente da Policía Local de Tui | Incidencias rexistradas 27/01/2026 27.01.2026

A crecida do río Miño e dos seus afluentes é unha das consecuencias do temporal de choiva e vento rexistrado na xornada de onte. Avelino Martínez, axente da Policía Local de Tui, deu conta das prinicipais incidencias rexistradas, e da recomendación de retirar os vehículos do Paseo Fluvial ante o aumento do caudal do Miño. Así nolo contou en Noticias 9.30 h.

Noticias 13.30 h | Luns, 26 de xaneiro de 2026 26.01.2026

Estas son parte das novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - Atopados restos romanos nas catas arqueolóxicas da praza do Pracer - A concelleira de Turismo destaca a participación de Tui en FITUR cunha campaña propia - A Eurocidade Tui-Valença celebra este venres e sábado o II Congreso de Educación - Artistas locais protagonistas da programación en febreiro no Teatro Municipal con música, d...

Ent. Ana Núñez, concelleira de Conxunto Histórico,Patrimonio e Turismo - Achádegos na praza do Pracer e Balance FITUR 26.01.2026

Estruturas de muros probablemente da época romana foron atopadas nas catas arqueolóxicas realizadas na praza do Pracer. Así o confirmou hoxe a concelleira de Conxunto Histórico e Patrimonio, Ana Núñez. A concelleira, responsable tamén de Turismo, fixo amais balance da presenza de Tui en FITUR a pasada semana.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Balance da participación en FITUR 2026 23.01.2026

Por vez primeira o concello de Tui presentou a súa campaña de promoción turística no estand de Turespaña en FITUR, a Feira Internacional de Turismo, en Madrid. Foi este mediodía con "Tui, Catedral de Historias". Este feito foi destacado polo alcade, Enrique Cabaleiro, no balance da participación en FITUR 2026. Máis aló das presentación referiuse tamén aos contactos mantidos estes días, entre outro...

Noticias 13.30 h | Venres, 23 de xaneiro de 2026 23.01.2026

Estas son as principais novas que hoxe venres recollemos en Noticias 13.30 h - Tui presentou por vez primeira a súa campaña turística no estand de Turespaña en Madrid - O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, realizou un balance positivo da participación en FITUR - Galicia Suroeste presentou onte en FITUR a súa campaña Única - O Teatro Municipal de Tui acollerá catro espectáculos de música, danza e t...

Noticias 13.30 h | Xoves, 22 de xaneiro de 2026 22.01.2026

Estas son as prinicipais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - Gran acollida a "Tui, Catedral de Historias" en FITUR - Este mediodía inaugurouse no Centro Sefarad en Madrid a exposición "Os sambenitos da catedral de Tui: historia, memoria e infamia" - O Xeodestino Galicia Suroeste presenta esta tarde en FITUR a súa campaña "Única" - Novo webinar da Cámara de Comercio baixo o título "“De...

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui | Fitur 2026 22.01.2026

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, valorou esta mañá a presentación de "Tui, Catedral de Historias" que onte tivo lugar en FITUR cunha gran acollida. Referiuse tamén as próxima citas que terán en Madrid tanto hoxe coa inauguración da exposición sobre os Sambenitos da Catedral, coma mañá, e aos encontros que teñen previstos.

Noticias 13.30 h | Mércores, 21 de xaneiro de 2026 21.01.2026

Estas son parte das novas que recollemos hoxe en Noticias 13.30 h: - O TSXG estima o recurso dunha veciña e de familares dos falecidos pola explosión de Paramos. O presidente da Asociación de Afectados fixo unha primeira valoración na nosa sintonía - As persoas usuarias de prazas de garaxe na zona azul deberán rexistrar a matrícula dos seus vehículos no concello e aínda non o fixeron. A ordenanza...

Ent. Salvador García, Asociación de Afectados de Paramos - Sentenza TSXG 21.01.2026

O próximo mes de maio cumpriranse 8 anos da explosión rexistrada no barrio da Torre en Paramos de material pirotécnico almacenado clandestinamente. Este tema segue aberto en vía xudicial. Onte dábase a coñecer a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tras os recursos presentados á sentenza dictada pola Audiencia Provincial en 2024. Salvador García, presidente da Asociación de Afectad...

Noticias 13.30 h | Martes, 20 de xaneiro de 2026 20.01.2026

Estas son as novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h neste martes, 20 de xaneiro de 2026: - O 11 de febreiro entrará en vigor a ordenanza reguladora do Sistema de Control de Matrícula por cámaras do acceso de vehículos en Zona Azul e o 11 de marzo comezará o rexime sancionador - Tripla cita de Tui en Madrid esta semana - Mañá dende ás 7 h non se poderá estacionar nun tramo do Paseo Fluvial p...

Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - XI Semana da Educación 20.01.2026

María Couso, Enric Armengou, David Pastor e Miriam Al Abid serán os catro poñentes que este ano van participar na XI Semana da Educación de Tomiño. Será do 9 ao 12 de febreiro, ás 19 h, no Auditorio de Goián. O eixo das conferencias será obenestar social e a saúde mental en infancia e mocidade como explicaba a alcaldesa de Tomiño, Sandra González. A inscrición, gratuíta, pode facerse no formulario...

Noticias 13.30 h | Luns, 19 de xaneiro de 2026 19.01.2026

Estas son as novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h neste luns, 19 de xaneiro de 2026.

Noticias 13.30 h |Venres, 16 de xaneiro de 2026 16.01.2026

En Noticias 13.30 h estas son as prinicipais novas que recollemos neste venres 16 de xaneiro: - Tui leva a FITUR a campaña "Tui, Catedral de Historias" - Os médicos e médicas do Centro de Saúde de Tui reclaman que se cubran de forma inmediata as prazas vacantes - O IV Plan de Igualdade do Concello de Tui recolle nove eixos de actuación - A XI Mostra da Camelia Cidade de Tui celébrase esta fin de s...

Ent. Ana Núñez, concelleira de Igualdade | IV Plan de Igualdade 16.01.2026

O IV Plan de Igualdade do Concello de Tui establece, a través de nove eixos de actuación, as liñas a seguir nos próximos anos para avanzar nunha igualdade real. Dá continuidade ao III Plan que se executou nun 87%. O novo documento recibiu o apoio unánime da corporación en pleno. A concelleira de Igualdade, Ana Núñez, explicou que significa para o Concello de Tui contar con este IV Plan, fixo balan...

Noticias 13.30 h | Xoves, 15 de xaneiro de 2026 15.01.2026

Estes son as prinicipais novas que neste xoves, 15 de xaneiro, recollemos en Noticias 13.30 h: - Tui acolle á presentación do programa “Intervención do farmacéutico en materia de violencia” para as farmacias do Baixo Miño - A familia do tudense Manuel Fernández Diz atopado na fosa común de Soutelo visita estes días Tui - O PRC Vigo Club Audi Galicia celebra este domingo o seu oitavo aniversario en...

Ent. Sandra González, presidenta de Galicia Suroeste - Presentación da campaña Única 14.01.2026

O xeodestino Galicia Suroeste, formado por 14 concellos entre os que están os cinco do Baixo Miño, presentou hoxe a campaña "Única" coa que participará a próxima semana en FITUR. Sandra González, presidenta de Galicia Suroeste e alcaldesa de Tomiño, avanzaba que esta campaña será a carta de presentación dun territorio cunha ampla e variada oferta, visibilizando este entorno único. Avanzaba tamén o...

Noticias 13.30 h | Mércores, 14 de xaneiro de 2026 14.01.2026

Estes son os titulares das prinicpais novas deste mércores 14 de xaneiro que recollemos en Noticias 13.30 h: - O Xeodestino Galicia Suroeste presenta a campaña turística "Única" - O actual edificio do Museo Diocesano transformarase para converterse na sede do Arquivo Histórico Dicoesano e Catedralicio - Protección Civil de Tui realizou en 2025 un total de 263 operativos - Valentín Carrera gañador...

Noticias 13.30 h| Martes, 13 de xaneiro de 206 13.01.2026

Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - A Diócese de Tui-Vigo licita a reforma do Arquivo Histórico Catedralicio e Diocesano por case 3 millóns de euros - España e Portugal asinarán un acordo para a limpeza do río Miño no próximo Cumio Hispano-Luso - Valentín Carrera gañador do I Premio Altaïr de Literatura de Viaxes cun libro de viaxes sobre Rosendo Salvado - A Cá...

Noticias 13.30 h | Luns, 12 de xaneiro 2026 12.01.2026

Estas son as prinicpais novas que recollemos hoxe en Noticias 13.30 h - Tui continúa dando pasos para ser recoñecida este ano como Cidade Amiga da Infancia - O Concello de Tui estuda a mellora da Biblioteca Municipal que superou os 20 mil préstamos en 2025, e a creación dunha Sala de Estudo - O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, visitou o sábado a tenda Porta da Pía, ond...

Ent. Ana Núñez, concelleira de Turismo e Patrimonio - Datos Camiño Portugués 2025 09.01.2026

Máis de 100 mil peregrinos e peregrinas realizaron en 2025 o Camiño Portugués a Santiago, e deste total 41 mil saíron dende Tui, segundo os datos da Oficina de Atención ao Peregrino da Catedral de Santiago. A concelleira de Turismo e Patrimonio de Tui, Ana Núñez, valorou estes datos, e se referiu aos obxectivos para 2026, tanto no que respecta ao Camiño Portugués coma ao turismo.

Noticias 13.30 h |Venres, 9 de xaneiro de 2026 09.01.2026

Estas son as principais novas que recollemos hoxe en Noticias 13.30 h - O Camiño Portugués superou os 100 mil peregrinos en 2025. Máis de 41 mil saíron dende Tui - A concelleira de Turismo, Ana Núñez, valora os datos do Camiño Portugés e avanza as liñas a seguir en 2026 - A Biblioteca Municipal entrega mañá os diplomas aos seus lectores e lectoras de honra - A Rondalla O Mosteiro de Pexegueiro ser...

Noticias 13.30 h | Xoves, 8 de xaneiro de 2026 08.01.2026

Estas son as principais novas deste xoves, 8 de xaneiro de 2026 que recollemos en Noticias 13.30 h: - Tui avanza no traballo para ser recoñecida por UNICEF coma Cidade Amiga da Infancia - Máis de 200 libros en préstamo levou o lector infantil máis asiduo á Biblioteca Municipal de Tui en 2025, e máis de 100 a persoa adulta que máis libros retirou. Este sábado recibirán os seus diplomas - A XI Mostr...

Noticias 13.30 h | Mércores, 7 de xaneiro de 2026 07.01.2026

Estas son as prinicipais novas deste mércores, 7 de xaneiro de 2026, que recollemos en Noticias 13.30 h: - Tui é candidata a Cidade Amiga da Infancia de UNICEF - A Biblioteca Municipal tudense entrega este sábado os diplomas aos lectores de honra de 2025 - Miles de persoas recibiron aos Reis Magos na Eurocidade Tui-Valença - A próxima semana comezan novos cursos na Aula da UNED de Tui - Repasamos...

Noticias 13.30 h | Luns, 5 de xaneiro de 2026 05.01.2026

Estas son as prinicipais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - O Baixo Miño pechou 2025 con 2.675 desempregados, 63 máis que en novembro - 41.646 peregrinos e peregrinas saíron de Tui percorrendo o Camiño Portugués a Santiago - Os Reis Magos reciben xa pola mañá aos nenos e nenas no Teatro Municipal de Tui - Ás 17 h ES Sairá de Valença a Cabalgata Internacional de Reis da Eurocidade Tui...

Noticias 13.30 h | Venres, 2 de xaneiro de 2026 02.01.2026

Estas son as principais novas da actualidade deste venres, 2 de xaneiro, de 2026: - A Policía Local de Tui incrementou a súa actividade policial para garantir a seguridade vial e a convivencia veciñal durante as festas - 100.835 peregrinos e peregrinas realizaron o Camiño Portugués en 2025. 41.646 saíron dende de Tui - Todo preparado na Eurocidade Tui-Valença para a Cabalgata Internacional de Reis...

Hallgasd a(z) Informativos podcastot a Replaióban

Rádió és podcastok egy alkalmazásban - ingyen és regisztráció nélkül. Telepítsd még ma, és ne maradj le a premierről

Letöltés a Google Play-ről

A Replaio nem podcastkiadó; a műsorok nevei, borítóképei és hanganyagai a szerzőiket illetik, és nyilvános RSS-csatornákon keresztül terjednek.