Fóra de Mapa

Fóra de Mapa

History GL ↓ 93 epizód

O podcast que dá a coñecer as minorías menos visibles que existen en Europa.

Mindenképp látogasd meg a podcast oldalát, és támogasd a készítőjét: www.ivoox.com

Szerző

Fóra de Mapa

Kategória

History

A podcast weboldala

www.ivoox.com

Legutóbbi epizód

2026. szept. 30.

Hol hallgathatod?

Podcastok az alkalmazásban Replaio Radio Hamarosan

A podcastok hamarosan megérkeznek az alkalmazásba. Telepítsd most, és láss elsőként egy teljesen új megközelítést a podcastokhoz

Letöltés a Google Play-ről Telepítsd ingyen Android közel 10 M letöltés · 4,8-as értékelés iOS hamarosan

Epizódok

#18. Eslovaquia. Mil anos á sombra de checos e húngaros mais que agora discrimina ás súas minorías 20.12.2021

O pobo eslovaco foi durante mil anos unha nación subalterna, nunca tivo un estado de seu até ben entrado o século XX e o seu despertar nacional foi máis serodio que o dos veciños checos ou húngaros. A pesar diso, a nación eslovaca foi capaz de construír un estado estable mais con importantes eivas democráticas, en especial no que afecta aos dereitos e representación da minoría húngara.

#17. Linguas artificiais. O esperanto, o interlingua e outras linguas artificiais auxiliares 06.12.2021

Nos últimos 150 anos creáronse varias linguas co fin de facilitar a comunicación entre os falantes de diferentes idiomas. O esperanto, o interlingua e outras son idiomas artificiais e non ligados a ningún estado. A pesar de non teren un territorio propio si existen comunidades de falantes espallados por todo o mundo que empregan estas linguas tanto para se comunicaren como para crear contidos cult...

#16. Os Silesios. Unha minoría rexurdida e negada polo nacionalismo polaco 22.11.2021

Silesia é unha rexión de fronteira na que durante séculos conviviron polacos, alemáns ou checos. Durante o século XIX e XX xurdíu unha identidade propia e mestiza, diferenciada da polaca. Tras décadas de políticas asimilacionistas a lingua e identidade silesias están a rexurdir a pesar do crecente nacionalismo étnico polaco.

#15. Normandía. Unha rexión no centro da historia de Europa 08.11.2021

Normandía é unha rexión transfronteiriza, compartida entre Francia e as illas anglonormandas. No seu territorio decidiuse a historia de Europa varias veces e hoxe mantén unha forte identidade cultural propia, tamén lingüística, aínda que o estatus da lingua normanda sexa diferente no continente e nas illas.

#14. Südtirol. Unha ponte entre o mundo xermánico e o latino 25.10.2021

Südtirol está na fronteira entre o mundo xermano e latino, mais a pesar de disputas e conflitos durante máis dun século, a rexión foi capaz de xestionar esta diversidade cultural, lingüística e identitaria grazas ao seu autogoberno.

#13. Macedonia. Unha ensalada de pobos e disputas 11.10.2021

Macedonia foi durante séculos un crisol de culturas, pobos e linguas, e isto provocou disputas identitarias até hoxe. Neste episodio centrámonos na historia desta rexión europea e analizamos os conflitos internos e externos de Macedonia do Norte que impiden a súa integración na UE, e máis a situación da minoría macedonia en Grecia.

#12. Estremadura. Unha rexión cunha grande e descoñecida diversidade lingüística 28.06.2021

Estremadura contén unha importante diversidade lingüística que até hai pouco sempre foi invisibilizada, descoñecida ou desprezada. A pesar de que moitos falantes non teñen conciencia lingüística, o estremeñu aínda é usado por centos de miles de persoas, especialmente no noroeste da rexión. Ademais o portugués é falado nalgunhas zonas da raia e no municipio de Olivença, aínda que a súa vitalidade é...

#11. Kosovo (II). Sete minorías que viven xuntas pero non demasiado revoltas 14.06.2021

Neste segundo episodio dedicado a Kosovo falamos dos últimos 25 anos da historia do país e cal é o papel que xogan as minorías, tanto no relativo ao seu recoñecemento legal como á súa relevancia social. Repasamos a historia destas minorías e as súas peculiaridades relixiosas, culturais e lingüísticas.

#10. Kosovo (I). O país máis novo de Europa, mais con séculos de convivencia e disputas 31.05.2021

Este é o primeiro dun episodio dobre adicado a Kosovo, un país cunhas características xeográficas, culturais e históricas de seu. Nesta primeira parte, centrámonos na súa historia desde a idade media até os 90. Falaremos dos mitos nacionais serbios, os moitos conflitos e estados que dominaron a zona, e as disputas entre albaneses e serbios por controlaren o país.

#9. Os alevís. A gran minoría relixiosa de Turquía 17.05.2021

Os alevís, son unha minoría relixiosa que ten moita importancia na República Turca xa que representan arredor dun 15%-20% da poboación, ou sexa, entre 12 e 17 millóns de persoas que non é pouco. A súa relixiosidade está ligada ao Islam chii e súa historia resúmese nunha continua resistencia contra a opresión.

#8. Cornualles. Como resucitar unha lingua noutra fin do mundo 03.05.2021

Cornualles é unha nación cunha identidade e cultura ben forte pero que durante 200 anos perdeu a súa lingua, o córnico. Este idioma celta falouse até a fin do século XVIII pero hoxe está a vivir un auténtico rexurdimento

#7. Sicilia. Máis aló da mafia e a cucina della mamma 19.04.2021

Sicilia ten unha cultura e identidade ben marcadas, pero sobre a que recaen moitos estereotipos e prexuízos. O siciliano foi lingua de reis, trobadores e premios nóbel mais hoxe en día é desprezado por moitos e apenas ten protección. Neste episodio pretendemos ir máis alá dos clichés do sol, gastronomía e mafia para entender mellor a rica e variada identidade siciliana.

#6. Os sámis. Seica o único pobo indíxena de Europa 05.04.2021

Os sámis son un pobo ó que os diferentes estados trataron de asimilar e sacar do mapa pero a pesar disto resistiron todos os intentos de seren destruidos e foron quen de crear unha rede cultural e política forte.

#5. Os montenegrinos. De seren os serbios irreductibles a desenvolver unha identidade diferenciada 22.03.2021

A identidade montenegrina é complexa, se ben Montenegro é un estado feito e dereito aínda hoxe en día hai moitos cidadáns deste país que ven esta identidade como complementaria á serbia ou que se identifican etnicamente como serbios

#4. Os frisios. Un pobo nado entre dunas e marismas que resiste forte o paso do tempo 08.03.2021

Os frisios son unha minoría lingüística espallada pola costa dos Países Baixos e Alemaña. A pesar de que o seu territorio e falantes minguaron durante os últimos séculos, os frisios manteñen con orgullo un forte apego ao seu idioma e identidade, en especial na provincia neerlandesa de Fryslân.

#3. Os rutenos. Un pobo dos Cárpatos rexurdido e resiliente 22.02.2021

Os rusyn ou rutenos viven na cordilleira dos Cárpatos divididos en diferentes estados. Ao longo da súa historia sufriron o drama da emigración, a limpeza étnica e a asimilación forzada, mais neste momento esta etnia está a vivir un rexurdimento cultural e identitario.

#2. Os arbëreshë. Os primos italianos dos albaneses 08.02.2021

A minoría albanesa de Italia ou arbëreshë é unha das minorías étnicas e lingüísticas máis importantes do país. Os arbëreshë son a redor de 200.000 espallados nunha morea de aldeas e vilas no sur de Italia. A comunidade goza dunha importante vitalidade.

#1. Os arrumanos 25.01.2021

Neste primeiro capítulo falamos dos arrumanos, ou tamén chamados vlachs, un dos pobos sen estado máis grandes da península balcánica e que na actualidade atópanse espallados por Albania, Macedonia do Norte, Bulgaria, Grecia e Serbia. Repasamos a súa historia, os seus costumes, lingua e cultura.

Hallgasd a(z) Fóra de Mapa podcastot a Replaióban

Rádió és podcastok egy alkalmazásban - ingyen és regisztráció nélkül. Telepítsd még ma, és ne maradj le a premierről

Letöltés a Google Play-ről

A Replaio nem podcastkiadó; a műsorok nevei, borítóképei és hanganyagai a szerzőiket illetik, és nyilvános RSS-csatornákon keresztül terjednek.