Fóra de Mapa

Fóra de Mapa

History GL ↓ 93 epizód

O podcast que dá a coñecer as minorías menos visibles que existen en Europa.

Mindenképp látogasd meg a podcast oldalát, és támogasd a készítőjét: www.ivoox.com

Szerző

Fóra de Mapa

Kategória

History

A podcast weboldala

www.ivoox.com

Legutóbbi epizód

2026. szept. 30.

Hol hallgathatod?

Podcastok az alkalmazásban Replaio Radio Hamarosan

A podcastok hamarosan megérkeznek az alkalmazásba. Telepítsd most, és láss elsőként egy teljesen új megközelítést a podcastokhoz

Letöltés a Google Play-ről Telepítsd ingyen Android közel 10 M letöltés · 4,8-as értékelés iOS hamarosan

Epizódok

#Petisco lixeiro. A expulsión dos alemáns de Checoslovaquia 22.09.2025

Nos territorios da República Checa, e antano de Checoslovaquia viviu durante séculos unha importante poboación xermana, que no período de entreguerras chegou a ser case un cuarto da poboación total checoslovaca. A pesar de teren unha serie de garantías e dereitos colectivos, nos anos 30 boa parte desta poboación apoiou posturas irredentistas e ó partido pro-nazi, e celebraron a incorporación dos s...

#42. Os moravos. 1000 anos de historia entre Praga e Viena 16.09.2025

Moravia é unha das tres rexións históricas que forman parte da República Checa e a pesar de que o país é centralista e relativamente homoxéneo, desde hai moitos séculos existe unha identidade local coa que se identifican centos de miles de moravos. Moravia sempre tivo institucións propias e foi unha entidade autónoma de Praga (e Viena), aínda así, moravos loitaron canda os seus compatriotas bohemi...

#Petisco lixeiro. Ágrafa, unha bisbarra grega literalmente fóra de mapa 08.09.2025

Por todo o continente europeo hai moitas bisbarras recónditas, unha delas é tan remota que mesmo leva a súa condición no nome: Ágrafa, que en lingua grega significa sen rexistrar. Esta comarca tivo unha historia singular, ó ser tan inaccesible nin os emperadores nin os sultáns constantinopolitanos tiveron a vontade (nin a necesidade) de dominar este territorio, que durante séculos viviu nun esplén...

#Petisco lixeiro. A Vennbahn, fronteiras absurdas no país do surrealismo 25.08.2025

Bélxica é o país do surrealismo e iso tamén se reflexa nas súas fronteiras, por exemplo na Vennbahn, unha liña de tren en Alemaña pero de soberanía belga. Esta "curiosidade" xeográfica xurdiu logo da primeira Guerra Mundial, creando varios exclaves alemáns que aínda existen hoxe e que durante décadas estiveron isolados do resto do país. A pesar de ser un sarillo fronteirizo e de que a liña de ferr...

#Petisco lixeiro. Os xudeus de Belmonte 19.08.2025

As comunidades xudías da península Ibérica foron aniquiladas despois das expulsións de finais do século XV, varios pogroms e a represión da Inquisición durante décadas pra esmagar calquera práctica cripto-xudaica. Porén, no interior de Portugal perviviu unha comunidade hebrea en segredo até hoxe: Os xudeus de Belmonte. Nesta vila da serra da Estrela ducias de familias practicaban a súa fe xudía na...

#Petisco lixeiro. Groenlandia e a UE 14.07.2025

A relación de Groenlandia coa Unión Europea é ben especial. Entrou na predecesora desta organización internacional nos 70s contra a súa vontade canda Dinamarca, e nos 80s abandonou as Comunidades Europeas despois dun referéndum. A pesar disto, o país acordou con Bruxelas un status que lle permite participar en programas, recibir fondos e ficar dentro do espazo arancelario. Nos últimos anos, á vez...

#41. Groenlandia. Da colonización á posible independencia nun Ártico cada vez máis quente 07.07.2025

Groenlandia está cada vez máis quente, literal e metaforicamente e isto abre unha chea de oportunidades e incógnitas pra poboación local. Durante o pasado milenio varios pobos do continente americano e europeo pasaron polo país, tentando adaptarse ás duras condicións do Ártico, mais só un puido sobrevivir e prosperar, o pobo inuit, unha etnia indíxena desas latitudes que a partir do século XVIII e...

#Petisco lixeiro. Os sefardís no Maghreb 19.05.2025

O pobo sefardí ten a súa orixe na península ibérica, de onde fuxiron no final da idade media, e sobre todo a partir do 1492 pra asentarse por todo o Mediterráneo. Moitos destes sefardís simplemente cruzaron o estreito onde se asentaron en cidades como Tánxer, Tetuán ou Larache. Durante séculos prosperaron e foron reprimidos, e desenvolveron unha cultura de seu con elementos ibéricos, hebreos e mái...

Os sefardís. Sefarad espallada polos cinco continentes 12.05.2025

Os sefardís son os xudeus procedentes da península Ibérica, que a finais do século XV foron desterrados ou obrigados a convertirse ó catolicismo. Durante séculos desenvolveron unha cultura de seu, diferente á dos xudeus de Europa oriental e Medio Oriente, misturando elementos hispánicos, hebreos e dos países onde se asentaron e mantiveron até hoxe a lingua djudeo-espanyola. Logo de instalarse nos...

#Petisco lixeiro. Os gregos pónticos da URSS 11.04.2025

Os gregos do mar Negro chegaron a territorio controlado por Moscova en diferentes vagas durante os séculos XVIII-XIX e XX debido a migracións económicas e provocadas por conflitos e limpezas étnicas en Anatolia. Coa chegada do comunismo a estas latitudes esta Hélade adaptouse a esenovo sistema político, formando unha nación máis da diversa poboación soviética. Durante 70 anos os gregos pónticos da...

#39. Os gregos do Ponto. A Hélade no mar Negro que loita por salvagardar a súa identidade 04.04.2025

Os gregos do Ponto son unha sub-etnia que forma parte da nación grega. Desde hai milenios desenvolveron unha lingua, cultura e identidade de seu que espallaron polas costas do mar Negro, e que aínda se mantén viva en Grecia onde a gran maioría dos gregos do Ponto foron reasentados logo do intercambio de poboación con Turquía no 1923. Aínda así, nos vales e montañas do Ponto existen varios miles de...

#Petisco lixeiro. O Territorio Libre de Trieste 06.01.2025

As relacións entre Iugoslavia e máis Italia non foron especialmente óptimas durante a Guerra Fría. Ao rematar a Segunda Guerra Mundial os dous estados estiveron a piques de entrar en conflito militar para controlar a rexión de Trieste, un territorio cunha poboación mixta, con ducias de miles de eslovenos e italianos e un porto estratéxico. A solución temporal foi crear un estado novo baixo respons...

#38. Eslovenia. A ponte entre Europa central e os Balcáns. 24.12.2024

Adentrámonos na súa historia, lingua e idiosincrasia. A pesar de que si está no mapa e de ser un estado independente, que leva 20 anos na Unión Europea, é un exemplo de país que, quitando as últimas décadas, sempre pertenceu a outro estado. E o feito de ser hoxe independente débese tanto a factores internos: ao xurdimento dun nacionalismo potente; como externos: á disolución de dous estados como o...

#Petisco lixeiro. As burrneshas 07.10.2024

As sociedades rurais da península balkánica eran especialmente patriarcais e iso facía que as mulleres os dereitos e liberdades das mulleres fosen ben reducidos. Non tiñan nin voz nin voto nas decisións da familia ou do clan nin herdar. Nos casos nos que nunha familia non había un home que exercese de cabeza de familia, unha muller non casada podía converterse socialmente nun home tras xurar mante...

#Petisco lixeiro. Os tártaros de Lipka 30.09.2024

Durante a súa historia Lituania sempre foi unha terra cunha ampla diversidade e os tártaros de Lipka foron e son seguramente dos pobos máis exóticos que conformaban a sociedade do país. Despois de séculos habitando as chairas hoxe compartidas entre Polonia, Bielorrusia e máis Lituania, os tártaros de Lipka están ben integrados en cadansúa sociedade, mantendo cultura, tradicións e relixión, e sendo...

#Petisco lixeiro. Os valdenses 17.09.2024

Nos vales alpinos entre Francia e Italia vive unha pequena comunidade relixiosa cristiá que durante séculos sufriu a represión de monarcas e papas: os valdenses. Esta comunidade, xurdida no século XII non comunga con varios dos dogmas do Vaticano como o sacerdocio ministerial ou a existencia do purgatorio, polo que foi declarada herética e perseguida. A pesar de varias campañas de exterminio contr...

#Petisco lixeiro. A Gran Excursión 10.09.2024

No verán de 1989 Bulgaria expulsou a Turquía a centos de miles de turcos búlgaros. Unha auténtica limpeza étnica que pasou bastante desapercibida nos medios internacionais e no mundo académico. A Gran Excursión foi unha consumación da política ultranacionalista do estado socialista búlgaro que pretendía a formación dunha identidade nacional homoxénea fundamentada na cultura e lingua búlgaras e no...

#Petisco lixeiro. Os croatas de Molise 04.09.2024

Molise existe e alí conviven 3 diferentes comunidades lingüísticas. Unha delas, a croata é a máis pequena das recoñecidas en Italia e probablemente a máis exótica. A comunidade dos croatas de Molise está formada por arredor de 1000 persoas, que se concentran en 3 vilas da rexión. Chegados á zona no século XVI, foi "redescuberta" no século XIX. Hoxe, o seu idioma esmorece a pesar da protección e re...

#Petisco lixeiro. O monte Athos 29.08.2024

En Grecia hai unha península na que nin as mulleres, nin os animais femia poden entrar, é o monte Athos, un dos lugares máis sagrados pra comunidade ortodoxa. Este territorio leva sendo autónomo desde hai un milenio desenvolvendo un autogoberno, institucións e normas propias pese as idas e vindas políticas en Constantinopla ou Atenas. Hoxe o monte Athos é unha Mancomunidade Monástica Autónoma, cun...

#Petisco lixeiro. O intercambio de poboación Grecia - Turquía 21.08.2024

En 1923 Grecia e Turquía acordaban un intercambio das poboacións musulmá e ortodoxa co fin de acabar cos conflitos entre os dous estados. Esta decisión vai supor unha traxedia pra case 2 millóns de persoas e afectar as sociedades enteiras de Grecia e Turquía e redefinir as identidades de cadanseu país. Os seus efectos políticos e sociais aínda teñen consecuencias hoxe.

#Petisco lixeiro. Nakhicheván 05.08.2024

A República Autónoma de Nakhicheván é un exclave acerbaixano entalado entre Armenia e Irán, porén conta cun paso fronteirizo co maior socio comercial, político e militar de Acerbaixán: Turquía. Isto fai que Nakhicheván sexa un territorio clave para comprendermos a inestabilidade no Cáucaso, e un potencial elo esencial nos corredores de transporte entre Asia Central, o Mediterráneo e Europa.

#Petisco lixeiro. Llívia e a guerra dos stops 15.07.2024

A vila catalá de Llívia é unha pequena "anomalía" xeográfica, desde o 1659 está completamente rodeada de territorio francés debido a razóns semánticas. Nos anos 70 e 80 a vila foi o centro dunha crise diplomática entre Francia e España por uns stops na estrada que conectaba a vila co territorio catalán.

#Petisco lixeiro. O lado escuro de Suecia 18.03.2024

Suecia é hoxe un estado referente por moitas razóns ben xustificadas, porén, até non hai moito executou unhas políticas racistas, euxenésicas e de colonización interior contra a súa poboación sámi e tornedaliana propias de réximes totalitarios. No podcast tratamos destas políticas e de como o estado sueco leva anos tentando reparar o mal feito até só hai unhas décadas.

#Petisco lixeiro. O Bijbelgordel, un cinto bíblico nun dos países menos relixiosos de Europa 10.03.2024

Os Países Baixos é un dos estados menos relixiosos de Europa, porén nunha franxa de territorio entre a costa de Zeelandia e a fronteira con Alemaña hai unha serie de concellos cunha importante poboación protestante especialmente relixiosa e tradicional. É o que lle chaman Bjibelgordel, un cinto bíblico onde vacinarse, traballar en domingos ou levar minisaia non está moi ben visto.

#Episodio Especial. Galicia na Sociedade das Nacións, fito ou mito? 06.02.2024

O nacionalismo galego busca desde hai décadas o recoñecemento internacional de Galicia como nación por parte doutros actores internacionais. Un dos primeiros éxitos foi no 1933: A representación do país na IX xuntanza do Congreso das Nacionalidades Europeas, unha organización non gubernamental internacional que representaba ás diferentes nacións sen estado e minorías étnicas e relixiosas de Europa...

Hallgasd a(z) Fóra de Mapa podcastot a Replaióban

Rádió és podcastok egy alkalmazásban - ingyen és regisztráció nélkül. Telepítsd még ma, és ne maradj le a premierről

Letöltés a Google Play-ről

A Replaio nem podcastkiadó; a műsorok nevei, borítóképei és hanganyagai a szerzőiket illetik, és nyilvános RSS-csatornákon keresztül terjednek.