Manuel Vicente
Efervesciencia
Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades) Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros.
Mindenképp látogasd meg a podcast oldalát, és támogasd a készítőjét: www.efervesciencia.org
Szerző
Manuel Vicente
Kategória
A podcast weboldala
Legutóbbi epizód
2026. ápr. 23.
Hol hallgathatod?
Podcastok az alkalmazásban Replaio Radio HamarosanA podcastok hamarosan megérkeznek az alkalmazásba. Telepítsd most, és láss elsőként egy teljesen új megközelítést a podcastokhoz
Epizódok
SINC: Os raposos galegos como bioindicadores 12.02.2016 15:53
Os raposos galegos acumulan baixos niveis de metais pesados. Este é un traballo do profesor de toxicoloxía da Universidade de Extremadura Marcos Pérez recollido pola axencia SINC. A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
Astrofotografía: APOD en galego e Dani Caxete 12.02.2016 10:37
A tradución galega do APOD da NASA vai celebrar o seu 5º aniversario. Falamos con Dosi Veiga, tradutor, e Dani Caxete, astrofotógrafo galego con 4 APODs. Caxete cóntanos as dificultades que tivo para convencer á famosa web de fotografía astronómica de que a súa última creación foi realizada dun único disparo. A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegra...
Entrevista a Aitor Sánchez, @midietacojea 12.02.2016 26:33
Neste episodio efervescente entrevistamos ao dietista-nutricionista Aitor Sánchez, autor de Midietacojea, para falar dos fallos das mensaxes nutricionais que nos chegan de cote. En moitos casos o coñecemento actual en nutrición non ten que ver co que levamos escoitando durante décadas. Hai alimentos bos e malos? Vale a pena contar calorías? É o mesmo dieta equilibrada ca dieta san? A nosa web ofic...
Os 4 novisimos da táboa períódica 12.02.2016 13:00
Iniciamos 2016 con 4 novos inquilinos oficiais na táboa periódica. Son elementos artificiais radioactivos de vida tan efémera que nalgúns casos só se preparou un so átomo! Logo de anos de verificacións a IUPAC decidiu completar a sétima fila da táboa periódica. O catedrático emérito de Química Inorgánica da USC Manolo Bermejo cóntanos todo o que hai atrás destes descubrimentos. A nosa web oficial...
Efer 341 (7-2-16): A nosa dieta coxea 07.02.2016 1:00:06
Neste episodio efervescente entrevistamos a Aitor Sánchez @midietacojea para falar dos fallos das mensaxes nutricionais que nos chegan de cote. En moitos casos o coñecemento actual en nutrición non ten que ver que que levamos escoitando durante décadas. Hai alimentos bos e malos? Vale a pena contar caloría? É o mesmo dieta equilibrada ca dieta san? Comer antes a froita? A tradución galega do APOD...
Blanca Laffón: A seguridade das nanopartículas 05.02.2016 7:02
Blanca Laffon da Universidade da Coruña analizou a toxicidade de nanopartículas de óxido de ferro. Con este traballo o seu equipo gañou o premio Ernesto Vieitez Cortizo da Real Academia Galega de Ciencias na modalidade de investigadores senior. A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
Axenda feminista de científicas galegas 05.02.2016 4:35
Inés García Seijo preséntanos a axenda feminista de investigadoras galegas do Observatorio da Mariña pola Igualdade. Casualmente un programa de Efervesciencia estivo na orixe da idea ... A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
Entrevista a Javier Guitián: Biodiversidade do Courel, xanzá,... 05.02.2016 26:02
Na entrevista central desta edición efervescente conversamos co catedrático de botánica da USC Javier Guitián. A serra do Courel leva décadas despoboándose con gran impacto negativo no noso patrimonio cultural. Pero, esta perda de poboación afecta tamén á riqueza biolóxica? A outra protagonista da nosa entrevista é a xanzá. Esta planta tense empregado para o amargo do vermú, e polo que nos comento...
Efer 340 (31-1-16): Courel de alaranxadas xanzás 31.01.2016 57:39
A maior biodiversidade de Galicia atópase concentrada no 5% do territorio. No Courel podemos atopar o 40% das plantas galegas. Por outro lado, a serra do Courel leva décadas despoboándose con gran impacto negativo no noso patrimonio cultural. Pero, esta perda de poboación afecta tamén á riqueza biolóxica? Na entrevista central desta edición efervescente conversamos co catedrático de botánica da US...
"Non toques os meus círculos" de Artello Teatro 25.01.2016 3:00
Como recomendación da nosa axenda de eventos científicos destacamos a representación no MUNCYT de A Coruña de "Non toques os meus círculos" por parte da compañía de teatro Artello. A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
Entrevista a Javier Montenegro: Atravesar a membrana 25.01.2016 22:48
Somos quen de percibir uns 10.000 olores diferentes. Mesmo aínda que non saibamos como se chamar. Foi curioso descubrir que toda esta tonalidade de cheiros a podemos recoñecer empregando unicamente uns 300 receptores dentro do noso nariz. Isto significa que cada cheiro ten un patrón característico: un tanto por cento do receptor 1, outro tanto do 2, … e así ata completar un código de barras de 300...
Os segredos do programa de divulgación 'Éche así' 25.01.2016 13:13
Gaspar Broullón e David Ballesteros cóntannos o que hai atrás da cámara do programa de televisión de divulgación científica Éche Así: as pezas mais complicadas, a máquina infernal, ... A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
Qubiotech: Unha spin-off que axuda ao teu médico a ver o teu cerebro 25.01.2016 13:04
Aínda que parece incrible os escáneres cerebrais analízanse na práctica clínica a ollo cando se trata de comparar zonas afectadas por doenzas dexenerativas. No eido da investigación existen ferramentas de análise, pero son demasiado complexas e caras para o día a día dun hospital. Conscientes desta necesidade investigadores do grupo de Medicina Nuclear e Imaxe Molecular do CHUS co apoio da Fundaci...
Efer 339 (24-01-16): Un contrasinal oloroso para entrar na célula 24.01.2016 58:19
O investigador do @CIQUSUSC Javier Montenegro vén de gañar unha prestixiosa bolsa Starting Grant do ERC. Van crear un modelo olfactivo para predicir que substancias poden atravesar a membrana celular. Conversamos con Jesus Silva e Daniel Fernández de @qubio para coñecer IQ-Brain. Acabouse iso de analizar os escáneres cerebrais a ollo. Gaspar Broullón e David Ballesteros cóntannos o hai atrás da cá...
Entrevista a Francisco Mójica - descubridor do CRISPR - e a Anxo Vidal 18.01.2016 18:20
O investigador do CIMUS Anxo Vidal é un feliz usuario da técnica de edición xenetica CRIPR-Cas9. O descubrimento do ano 2015 segundo Science. Francisco Mójica profesor da Universidade de Alicante foi o primeiro en identificar a secuencia CRISPR en procariotas. No seu momento as revistas como Nature o PNAS non aceptaron o seu paper. Actualmente existe un consenso en cualificar os descubrimentos de...
Efer 338 (17-1-16): As ciencias adiantan que é unha barbaridade co CRISPR 17.01.2016 57:46
Primeiro programa da novena tempada de Efervesciencia. Monográfico dedicado ao mellor da ciencia dos últimos meses con @deborahciencia @borjatosar @dabelbi @CesarGoldi e @AvoaEinstein. Risas e cantos nun programa irreproducible. Conversamos con Anxo Vidal do @cimususc e Francisco J. M. Mójica da Universidade de Alacante. As investigacións básicas en ADN de procariotas de Mójica desenvolveron un pa...
Avance Efer 338: Avoa, Galileo e os crispis 15.01.2016 2:08
Iniciamos a 9ª tempada de Efervesciencia e chamamos directamente á Avoa de Einstein ao alén xusto cando se dispón a comer un churrasco ... A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
Ciencia para andar por casa: Augas mineiro-medicinais 07.01.2016 5:57
Bibiana García Visos explícanos como se determinan as augas mineiro-medicinais, como as do manancial de As Lombas de Catoira. Intervén Antonio Borrel director científico do Laboratorio Oliver Rodés. A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
Os vikingos en Galicia con Jorge Simón Izquierdo 07.01.2016 10:25
Neste programa especial desde Catoira son os nosos invitados Jorge Simón Izquierdo autor de “Os Viquingos en Galicia” e a Manuel Isorna, doutor en psicoloxía e técnico de servizos sociais do Concello de Catoira. Jorge Simón ten lido as fontes nórdicas na súa linguaxe orixinal. A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en ht...
Hasonló podcastok
A Replaio nem podcastkiadó; a műsorok nevei, borítóképei és hanganyagai a szerzőiket illetik, és nyilvános RSS-csatornákon keresztül terjednek.