Manuel Vicente
Efervesciencia
Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades) Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros.
Mindenképp látogasd meg a podcast oldalát, és támogasd a készítőjét: www.efervesciencia.org
Szerző
Manuel Vicente
Kategória
A podcast weboldala
Legutóbbi epizód
2026. szept. 13.
Hol hallgathatod?
Podcastok az alkalmazásban Replaio Radio HamarosanA podcastok hamarosan megérkeznek az alkalmazásba. Telepítsd most, és láss elsőként egy teljesen új megközelítést a podcastokhoz
Epizódok
Efer 714 (5-6-25): Noite Efervescente en Ponteceso 06.06.2025 1:11:25
[Versión estendida] Noite Efervescente desde a Casa dos Veciños da Aldea do Couto en Ponteceso. Estiveron connosco o alumnado das Aulas Científicas Eduardo Pondal e os amigos da Asociación AMIPA. Tamén contamos con Esther Suárez, Isabel Segura, Borja Tosar, Xabier Pérez Couto e Estíbaliz Espinosa. A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos...
Efer 713 (29-5-25): Ignicia 23.05.2025 1:05:48
[Versión estendida] Monográfico dedicado ao programa Ignicia da GAIN para transferir o coñecemento dos centros de investigación galegos ao mercado. (2:09) Carmen Cotelo é a directora da Axencia Galega de Innovación. (10:19) Eferméride do 29 de maio do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (11:38) María de la Fuente lidera a unidade de nanooncoloxía e terapúetica transacioal do Institu...
Efer 712 (22-5-25): Lumes desde o MARCO 23.05.2025 56:32
Desde o panóptico do Museo de Arte Contemporánea de Vigo, o Marco, celebramos o día internacional dos museos da man do Proxecto LUMES nunha confluencia de ciencia e arte, entre a academia e o publico, e entre o norte de Portugal e Galicia. (4:05) Fran Aboy é o responsable do LUMES. (10:24) A UNESCO nomeou a Braga como Cidade Creativa da Artes Audiovisuais. Contamos con Sara Borges, coordinadora do...
Cansat no IES de Teis 20.05.2025 11:01
[Fragmento] Estivemos na aeródromo de Cerceda na fase clasificatoria galega do desafío CanSat da ESA, un concurso escolar de lanzamento de minisatélites do tamaño dunha lata de refresco. O representante galego para a final española resultou ser o equipo do Gemini Pólux. Así, fómonos tamén ao IES de Teis para coñecer ás súas integrantes, que son alumnas da Ucraína, Perú, Venezuela, Brasil, Repúblic...
Efer 711 (15-5-25): 20 anos de Galiciencia 19.05.2025 56:50
Celebramos desde Tecnópole en San Cibrao das Viñas o 20 aniversario da feira científica Galiciencia. Contamos con Javier Taibo, Margarita Ravelo, Tino Álvarez, Ana Piñeiro Sotelo, Vicente Mohedano, Cristina Mangana, Patricia Barciela, David Ballesteros, Carlos Nieto, Noemía Ortega, Adolf Cortel e Javier García Martínez. (15:20) Estivemos na aeródromo de Cerceda na fase clasificatoria galega do de...
Efer 710 (1-5-25): Ciencia na Aldea, onde o mundo se chama Pena da Nogueira 18.05.2025 1:32:30
[Versión estendida] Asistimos á edición de 2025 de Ciencia na Aldea que se desenvolveu en Pena da Nogueira no Concello de Negueira de Muñiz organizada pola Asociación Corripa. Un encontro único entre o mundo da ciencia, do medio ambiente e a xente do agro. Conversamos co biólogo Javier Castroviejo (2:40), co botánico Bernabé Moya e os organizadores e promotores do Festival de Herbas Espontáneas de...
Rankine, o enxeñeiro poeta [Entrevistas no Alén] 18.05.2025 7:54
Un dos grandes enxeñeiros da historia e pai da termodinámica foi William Rankine, un personaxe descoñecido para o gran público. Retomamos as "Entrevistas no alén" da Avoa de Einstein con este enxeñeiro poeta que chamou ó noso teléfono de aludidos por citalo de esguello a semana anterior. A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colabora...
Luis Liz Marzán, a revoución dos nanoparafusos [Versión estendida] 17.05.2025 52:27
[Versión estendida] Desde o CINBIO conversamos con Luis Liz Marzán, o español máis citado en ciencia de materiais. Marzán, que tamén traballa no CIC BioMagune en San Sebastián, leva máis de dúas décadas desenvolvendo investigacións de vangarda co financiamento do ERC, o Consello Europeo de Investigación. Actualmente traballa na síntese de nanoparafusos que presentan propiedades novidosas con aplic...
Efer 709 (24-4-25): A revolución dos nanoparafusos con Luis Liz Marzán 16.05.2025 55:18
(3:27) Un dos grandes enxeñeiros da historia e pai da termodinámica foi William Rankine, un personaxe descoñecido para o gran público. Retomamos as "Entrevistas no alén" da Avoa de Einstein con este enxeñeiro poeta que chamou ó noso teléfono de aludidos por citalo de esguello a semana anterior.(11:20) Desde o CINBIO conversamos con Luis Liz Marzán, o español máis citado en ciencia de materiais. Ma...
Efer 708 (18-4-25): Doar e validar voces para que as IAs entendan todas as entoacións do galego 15.05.2025 55:02
(2:04) Doha Elrhoul e Manuel Romero Gómez son investigadores do grupo de Enxeñaría Enerxética (INGEN) do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI). Romero é o director da Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas (ETSNM) da Universidade da Coruña. Veñen de publicar un traballo que propón un método eficiente para que os metaneiros produzan in situ hidróxeno verde. Par...
Efer 707 (17-4-25): SciCom Pt desde Madeira 14.05.2025 57:16
Achegámonos ao congreso da Rede Portuguesa de Comunicación da Ciencia SciCom Pt que se celebrou na Illa de Madeira. Conversamos con Ana Santos Carvalho, Sara Bettencourt (2:15), Pedro Russo e Mario Montenegro (12:38) e coñecemos entre outras iniciativas, a Conferencia Internacional de Teatro Científico de Coimbra. (38:48) O noso paxareiro, Nacho Munilla, cóntanos o recente achado de parasitismo in...
Efer 706 (10-4-25): O radon espreita nos centros de traballo 13.05.2025 56:34
(2:13) A nosa sexóloga e xornalista Laura Veiga explícanos se é posible adiantar a regra. (14:45) A exposición "Menssana" achega a saúde mental aos adolescentes. Conversamos con Patricia Barciela, directora da Domus dos Museos Científicos Coruñeses. (30:20) Efeméride do 10 de abril do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez (31:52) Lucía Martín é investigadora en Epidemioloxía e Saúde Pú...
Postcrecemento e innovación con Mario Pansera [Versión estendida] 12.05.2025 48:58
[Versión estendida] Mario Pansera é investigador Oportunius da Xunta de Galicia e dirixe en Pontevedra o laboratorio Innovación e Postcrecemento da Universidade de Vigo, así como o proxecto PROSPRERA, financiado cunha Starting Grant do Consello Europeo de Investigación (ERC). A súa investigación céntrase en como promover a innovación nun contexto de postcrecemento, o movemento R2R ("Dereito a Repa...
Fenda na materia escura con Antón Baleato Lizarcos [Versión estendida] 11.05.2025 51:41
[Versión estendida] Os datos liberados hoxe pola colaboración DESI (Dark Energy Spectroscopic Instrument) no encontro anual da American Physical Society apuntan a que a enerxía escura non é unha constante, senón que vai devalando na historia do universo. Isto podería rachar co actual modelo estándar cosmolóxico Lambda CDM. Nolo debulla o investigador da Universidade de Berkeley Antón Baleato Lizar...
Efer 705 (4-4-25): Dereito a reparar, transición xusta e postrecrecemento 10.05.2025 56:24
(5:55) Navegamos na Bitácora do Beagle con Julio Rodríguez, quen nos explica tres artigos científicos que estudan os nexos entre a saúde e o contexto social no relativo á falta de relacións sociais, a depresión e o envellecemento. (23:04) Efeméride do 3 de abril do Calendario da Historia da Ciencia de Ramón Núñez (24:45) Mario Pansera é investigador Oportunius da Xunta de Galicia e dirixe en Ponte...
Efer 704 (27-3-25): Origamis de ADN 09.05.2025 57:38
(2:00) Enoloxía e turismo científico con Maite Vence (6:29) Solución a onde está Moncho Núñez (8:27) Visitamos o CIMUS para coñecer as investigacións de Beatriz Pelaz, investigadora Oportunius do CIQUS onde desenvolve ferramentas bio-nano, como por exemplo os origamis de ADN, para desenvolver terapias controladas externamente mediante luz ou campos magnéticos. (40:35) Efeméride do Calendario da Hi...
Efer 703 (20-3-24): Unha fenda na Enerxía Escura 06.05.2025 55:26
(00:00:00) Efer 703 (20-3-24): Unha fenda na Enerxía Escura (00:00:24) O erro de Einstein (00:06:11) Biofluorescencia das aves do paraixo [Paxaros na cabeza] (00:20:54) Efeméride do 20 de marzo (00:23:08) O posible devalo da enerxía escura con Antón Baleato Lizarcos 0:24) Non está documentado que Einstein dixera que a introdución do termo cosmolóxico fora a maior metida de zoca da súa vida. Pero a...
Como se moven as pedras costeiras con Alejandro Gómez Pazo [Versión estendida] 06.05.2025 34:12
[Versión estendida] Alejandro Gómez Pazo, xeógrafo e profesor axudante doutor na Universidade de León, estuda a dinámica das pedras costeiras. TaméndDramatizamos o relato "Pedra, area, balea" de Noelia Rodríguez que gañou a XIII edición do concurso Inspiraciencia, convocado pola delegación do CSIC en Cataluña, na categoría de textos en galego. A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @...
Efer 702 (13-3-25): Pedra, area, balea 05.05.2025 55:55
(00:00:00) Efer 702 (13-3-25): Pedra, area, balea (00:00:21) Einstein pasou por Galicia (00:04:39) Abadoados na ISS? [Wicherías] (00:13:37) Alejandro Gómez Pazo (00:24:24) Pedra, Area, Balea [Relato] (00:39:47) Efeméride 13 de marzo (00:40:58) Unha fracción de segundo [Cambio de Fase] (0:21) Einstein pasou de esguello por Galicia hai 100 anos. (4:39) Wicho deixa en evidencia os bulos sobre astrona...
Efer 701 (6-3-25): O Calendario da Historia da Ciencia 04.05.2025 56:59
(2:00) Moncho Núñez está nun lugar secreto. (4:24) Julio Rodríguez cóntanos na súa "Bitácora do Beagle" como a terapia xénica abre vías de curación de cegueiras causadas por retinoses pigmentarias. (18:34) Moncho Núñez preséntanos o seu libro "O Calendario da Historia da Ciencia" (41:43) Cantos tipos diferentes de fluídos hai nunha vaxina? Ten a resposta a sexóloga e xornalista Laura Veiga. A nosa...
fer 700 (27-2-25): Sons para estudar os fondos costeiros 21.04.2025 58:17
(00:00:00) fer 700 (27-2-25): Sons para estudar os fondos costeiros (00:02:04) Ensaio clínico vacina tuberculose (00:17:10) Solución onde está Luis Muiño (00:19:20) Sons e fondos costeiros (2:04) A empresa porriñesa Biofabri do grupo Zendal é a fabricante en exclusiva da única vacina contra a tuberculose pulmonar, a MTBVAC, e impulsora dos seus ensaios clínicos. Veñen de anunciar o inicio dun novo...
Efer 699 (20-2-25): A febre do ouro das sambesugas 19.04.2025 57:59
(00:00:00) Efer 699 (20-2-25): A febre do ouro das sambesugas (00:00:25) Os ratos fan a RCP (00:05:33) A primeira visita a xinecoloxía [Pingando] (00:17:15) Febre do ouro das sambesugas con Damián Copena (00:39:57) Deep me [Cambio de fase] (0:25) Descobren que os ratos axudan aos seus conxéneres cando perden o coñecemento practicando unha especie de RCP. (5:33) A xornalista e sexóloga Laura Veiga...
Efer 698 (13-2-24): A trampa do amor con Luis Muiño 26.03.2025 57:49
(2:17) Luis Muiño fálanos desde un lugar secreto na nosa sección "Un libro, un autor, un lugar" (6:12) Bibiana García Visos explícanos cal é a infraestrutura que permite que teñamos auga da billa nas nosas casas. (15:34) Conversamos co psicólogo Luis Muiño sobre o seu libro "A trampa do amor. Unha reflexión contra o amor romántico. Unha guía para o amor san" A nosa web oficial www.efervesciencia.o...
Efer 697 (6-2-25): Radiografía do populismo científico en España 16.03.2025 59:26
(2:23) Estíbaliz Espinosa explora a ciencia e a poesía dos asteroides, dende o asteroide Bennu e as súas mostras de aminoácidos ata o asteroide 2024 YR4 e o protocolo de seguridade planetaria da ONU. (19:43) Maite Vence tráenos rutas Observer para ver paxaros. (25:50) Celia Diaz, socióloga do Grupo Trans Soc da Universidade Complutense de Madrid, debúllanos o primeiro informe sobre confianza na ci...
Efer 696 (30-1-25): Bioplásticos sostibles para textil, envases e calzado 10.03.2025 1:00:34
(3:14) Os mellores ceos do mundo para a observación astronómica están en perigo. Os observatorios do deserto de Atacama están a piques de quedar cegos. Conversamos con Pedro Sanhueza, experto en contaminación luminosa, consultor independente e ex-xefe da Oficina de Calidade do Ceo do Norte de Chile. (18:04) O proxecto europeo "Waste2Biocomp" emprega bacterias alimentadas con augas residuais da ind...
Hasonló podcastok
A Replaio nem podcastkiadó; a műsorok nevei, borítóképei és hanganyagai a szerzőiket illetik, és nyilvános RSS-csatornákon keresztül terjednek.