AGalegaAudio
Todos os podcast | A crónica deportiva
A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades
Μην παραλείψεις να επισκεφτείς τη σελίδα του podcast και να στηρίξεις τον δημιουργό: agalegaaudio.gal
Δημιουργός
AGalegaAudio
Κατηγορία
Ιστοσελίδα του podcast
Τελευταίο επεισόδιο
8 Οκτ 2026
Πού να ακούσεις;
Podcast στην εφαρμογή Replaio Radio Έρχεται σύντομαΤα podcast έρχονται σύντομα στην εφαρμογή. Εγκατάστησέ την τώρα και δες πρώτος μια εντελώς νέα προσέγγιση στα podcast
Επεισόδια
Os vieiros de Asorey 04.03.2024 15:48
Cambados recorda ao escultor Asorey, a quen se adica este ano o Día das Artes Galegas. Unha mostra de imaxes das súas obras inicia na súa vila natal as actividades cinmemorativas, Falamos cos autores das fotografías, e dos textos que as compañan, Xurxo Lobato, e Felipe Senén respectivamente
Xacementos invisibles 04.03.2024 29:57
Mario César Vila descóbrenos pegadas da Prehistoria de Galicia que pasan inadvertidas.
Galegos en Málaga (2): Cris Iglesias, Iván Marcos, Emilio Fonseca e Lorena Ares 02.03.2024 56:57
Estreouse no festival o filme “Tratamos demasiado bien a las mujeres” no que traballan Cris Iglesias e Iván Marcos. Emilio Fonseca presenta no certame o antidocumental “Salvaxe, salvaxe” e Lorena Ares a curta de animación “Cafuné”.
Selo galego en Málaga 01.03.2024 11:36
Un total de dez películas, documentais e curtametraxes con selo galego pasarán polo Festival de Cine de Málaga, a maioría en Seccións Oficiais e boa parte delas con apoio desta casa, da CRTVG. Falamos con Pablo Dopazo director de 'O frío', e Lorena Ares, codirectora de 'Cafuné'.
'O dragón de ouro' 01.03.2024 9:58
Afonso Becerra tráenos a estrea en galego por parte de Sarabela Teatro de 'O dragón de ouro', do dramaturgo alemá Roland Schimmelpfennig.
Axúdame a sentir 01.03.2024 19:52
Recibimos ao músico Xabier Díaz, que hoxe publica o seu cuarto traballo con Adufeiras de Salitre
Lecturas máxicas con Eva Mejuto 01.03.2024 7:25
'Eva Mejuto tráenos dous libros máxicos. ´Xertrudis busca traballo' de Ana Meilán e Agustina Mattar (Entre Nubes y Cuentos) 'Os rescatadores máxicos e a trapela imaxinaria' de Sabrina Catdoor e David Sierra (La Galera)
A crónica deportiva 01-03-2024 01.03.2024 29:57
O Celta busca reaccionar ante o pechacancelas co posto de Rafa Benitez en dúbida. O destrador do Racing de Ferrol, Cristobal Parralo di: debemos estar menos pendentes do rival e máis do que é cousa nosa". O Depor recibirá ao Lugo o domingo con Riazor ateigado. Os equipos galegos da ACB pretenden tornar os malos resultados en vitorias.
Tras do lapis de Siro López 29.02.2024 30:57
Visitamos a exposición antolóxica de Siro López no Kiosco Alfonso da Coruña. Titúlase 'Oitenta e un anos e un lapis' e repasa o traballo do caricaturista durante os últimos 55 anos. Nela atopamos imaxes de autores como Blanco Amor, Picasso ou Ramón Piñeiro.
'Dune 2' e 'Dream Scenario' 29.02.2024 11:04
O noso experto Moncho Lemos preséntanos dúas novas estreas esta semana: 'Dune 2', dirixida por Denis Villeneuve, e 'Dream Scenario', de Kristoffer Borgli.
O rock está moi vivo 29.02.2024 16:19
Recibimos como cada xoves a Tito Lesende, que nos trae catro temas doutros tantos artistas: Bala, Monteperdido, Kaiser Chiefs e Coque Malla.
A cultura é un dereito cidadán 29.02.2024 10:27
“A cultura é moito máis que un recurso económico, é tamén un dereito cidadán”. Alberto de Boiro coordina a Xornada Os dereitos culturais. Un novo paradigma para a cultura que vén que examina as últimas leis en materia de dereitos culturais.
A crónica deportiva 29-02-2024 29.02.2024 29:58
Rafa Benítez teia na metáfora da maratón e dí que non pensa no descenso na previa do RC Celta - UD Almería. Gaizka Garitano, adestrador do UD Almería, dí que é unha final, o último tren pola permanencia. No Racing de Ferrol, malia estaren de sextos, Jon García nega que o equipo estea nunha fosa. Isi si-di- hai que mellorar. No Deportivo, David Mella non adestra co grupo por mor dun golpe nun xeonl...
Repasando Premios DeVuego 28.02.2024 11:09
A nosa experta en videoxogos, Luz Castro, segue co repaso dos premios DeVuego
De corpos presentes 28.02.2024 9:43
"Hai unha comunidade artística moi potente que aínda non ten unha presenza nos espazos culturais á altura do que se vén facendo”. Sabela Mendoza coordina o ciclo sobre artes performativas De corpos presentes que abre nova edición na Coruña.
Renato, lesionado 28.02.2024 29:58
No Celta, lesión de Renato Tapia. Rotura de fibras, 3 semanas de baixa. Perderá os partidos coa UD Almería, Real Madrid e Sevilla. No Deportivo, o defensa central Pablo Vázquez dí que non lles obsesiona o 1º posto, senón manter o gran nivel destas últimas xornadas. No CD Lugo, o dianteiro Willy Ledesma di que é posible gañar en Riazor, con personalidade e concentración.
NoReM 27.02.2024 15:48
Vituco Neira fala con María Valle, voz e percusión no grupo Noites de rock e meigas. Fan fusión partindo da música tradicional galega con ritmos rock e punk dende Miranda de Ebro.
Así vou eu, formando parte 27.02.2024 12:24
´Así vou eu, formando parte`, é o título do poemario que nos trae esta semana Dolores Vilavedra. Eva Veiga e Pilar Pallarés, que trataron a Luísa Villalta, escriben o epílogo e o prólogo desta escolma con 77 poemas. Luísa Villalta, autora que se homenaxea este ano no Día das Letras Galegas, celebraría este ano o seu 77 aniversario.
Cincuenta anos de pintura de Lamazares 27.02.2024 9:13
Mónica Maneiro comenta a exposición 'Inda é día', que recolle 50 anos de pintura de Antón Lamazares. Pode visitarse no CGAC ata o 5 de maio.
As estreas de FETEN 2024 27.02.2024 12:48
As compañías Elefante Elegante e Nauta Teatro presentan os seus novos espectáculos en FETEN 2024. 'Kyoky' e 'Gaia Baba, a meiga' forman parte do programa da XXXIII Feira Internacional de Artes Escénicas para Nenos e Nenas de Xixón.
Festivais de inverno 27.02.2024 18:58
Inauguramos a temporada de festivais co Festival do Queixo en Arzúa e A Candeloria en Lugo. En Arzúa, temos concertos de Guadi Galego, Fillas de Cassandra, Grande Amore ou Arde Bogotá; mentres que en Lugo podemos escoitar a música de Dakidarría, Rebeliom do Inframundo, ZOO, S.A., Talco, Los Chikos del Maíz ou Arrythmia.
A crónica deportiva 27-02-2024 27.02.2024 29:19
Ultimátum a Rafa Benítez no Celta. Prohibido perder coa UD Almería. No Racing de Ferrol, Álex López fala do baño de realidade do equipo despois de 4 partidos sen gañar. No Deportivo, presentada a xornada da Liga Genuíne do 15,16 e 17 de marzo en Abegondo no medio dunha gran ilusión polos bos resultados.
Axúdame a sentir 26.02.2024 11:34
Emilio Españadero percorre parte da obra de Xabier Díaz co gallo da publicación, o 1 de marzo, do seu novo disco con Adufeiras do Salitre.
O meridiano do matemático Rodríguez 26.02.2024 11:34
Estíbaliz Espinosa recorda hoxe a Xosé Rodríguez, o matemático da parroquia lalinense de Bermés, designado Científico Galego do Ano pola Real Academia Galega de Ciencias. Ademais, escoitamos música feita por cactus e un poema de Concha Méndez, unha das 'Sinsombrero', a Rosalía de Castro.
Xogar na Idade de Ferro 26.02.2024 29:57
O arqueólogo Samuel Nión-Álvarez fálanos do que pode ser o primeiro xogo de taboleiro, atopado nas excavacións de Castro Curbín. A datación con carbono-14 sitúao na Idade de Ferro.
Παρόμοια podcast
Το Replaio δεν είναι εκδότης podcast - τα ονόματα των εκπομπών, τα εξώφυλλα και ο ήχος ανήκουν στους δημιουργούς τους και διανέμονται μέσω δημόσιων ροών RSS