AGalegaAudio
Todos os podcast | A crónica deportiva
A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades
Μην παραλείψεις να επισκεφτείς τη σελίδα του podcast και να στηρίξεις τον δημιουργό: agalegaaudio.gal
Δημιουργός
AGalegaAudio
Κατηγορία
Ιστοσελίδα του podcast
Τελευταίο επεισόδιο
5 Οκτ 2026
Πού να ακούσεις;
Podcast στην εφαρμογή Replaio Radio Έρχεται σύντομαΤα podcast έρχονται σύντομα στην εφαρμογή. Εγκατάστησέ την τώρα και δες πρώτος μια εντελώς νέα προσέγγιση στα podcast
Επεισόδια
O anxo que nunca fun 18.09.2024 16:58
"Hai cousas moi sorprendentes para min mesmo" M. Outumuro revisa a influencia dos recordos da infancia na súa obra. O fotógrafo inaugura en Ourense a exposición "O anxo que nunca fun"
A crónica deportiva 18-09-2024 18.09.2024 29:58
Na Liga de Campións, PSG - Girona. Luís Enrique e Míchel, dous estilos moi parecidos. No Deportivo, Lucas Pérez asegura: "preocupación cero" polo mal arranque na liga. No Rácing, Moi Delgado será o substituto do mancado Brais Martínez de 6 a 8 semanas. Ana Peleteiro deixa Guadalajara e a Iván Pedroso para regresar a Ribeira e adestrar co seu home Benjamin Campaoré.
O gabinete de Ricardo Blanco-Cicerón 17.09.2024 30:57
O gabinete de Ricardo Blanco-Cicerón. Do coleccionismo ao museo Deica o 10 de novembro no Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra. Falamos con Erea Castro Alfonso, a comisaria desta exposición: “Era un adiantado na conservación de patrimonio galego”.
Os mortos que amei 17.09.2024 30:57
Dolores Vilavedra comenta “Os mortos que amei”, de Iria Collazo . Unha road trip disparatada a través de estampas da vida e da morte dos seus avós,
Comeza a temporada artística 17.09.2024 30:57
Mónica Maneiro repasa o comezo da temporada de exposicións en galerías e museos.
A crónica deportiva 17-09-2024 17.09.2024 29:58
O Uni Ferrol viaxa a Italia coa ilusión do debut na EuroCup. Comeza a Liga de Campións co novo formato de liguiña. Hoxe Real Madrid - Stuttgart. Adestramento matinal no RC Deportivo con Yeremay á marxe. O Básquet Coruña inaugura hoxe o Coliseum cun amigable co Porto. Os galegos Martín Fernández e Santi Paz presentados no Club Ourense Baloncesto.
Nadie González 16.09.2024 30:57
Carlos Crespo preséntanos a Nadie González. Do primeiro disco desta viguesa, que fai hiphop “blandito”, escoitamos Coroa de flores e A Carrasquiña.
Xudef Klas e Suevia 16.09.2024 30:55
Patty Castro segue descubríndonos a historia e o presente do metal galego, hoxe cos clásicos Xudef Klas e as contemporáneas Suevia.
Música Imaginaria 16.09.2024 16:57
"Descubrín outras sonoridades". Vibráfono e acordeón están na xénese de Música imaginaria Sae o novo proxecto de Baldo Martínez Sexteto.
A crónica deportiva 16-09-2024 16.09.2024 29:58
Analizamos con Martín de la Puente a vitoria por 3 a 1 do Celta-Valladolid:"O apoio dos seareiros inflúe no rendemento dos futbolistas". O Racing suma un punto meritorio en Cádiz e perde por lesión o lateral Brais Martínez. O San Tirso da Coruña xogará fronte o Selaya cántabro a rolda previa da Copa do Rei no Campo do Monte. Último chanzo antes de recibir a un equipo da primeira división...
Ópera 13.09.2024 30:57
Alfonso Becerra debulla La Bohème, que arrancou a temporada de Ópera na Coruña
Noites na cidade vella 13.09.2024 30:57
Arranca na Coruña o III ciclo de concertos “Noites na cidade vella”
Chega aos cines 'Justicia Artificial' 13.09.2024 30:57
Conversamos con Santi Prego e Ledicia Sola, dous dos intérpretes galegos que participan no thriller 'Justicia Artificial', que explora os dilemas que suporía o uso da intelixencia artificial na xustiza. Dirixida e coescrita por Simón Casal, a longametraxe está participada pola produtora galega Abano e pola TVG. Estréase nas salas de cine este venres 13 de setembro e proxectarase na secci...
Lecturas para o novo curso 13.09.2024 30:57
Na semana do comezo do curso escolar Eva Mejuto propón lecturas para rapazada e docentes. 'Fóra de campo' é unha obra de teatro de Rosalía Fernández Rial que pode ser lida e interpretada por adolescentes e explora que hai máis alá do mundo supostamente perfecto de Instagram. Da mesma autora, 'Mover ficha' achega propostas para as clases de lingua e literatura. A terceira propo...
A crónica deportiva 13-09-2024 13.09.2024 29:58
No Racing, Cristobal Parralo advirte sobre o potencial do Cádiz e fala da actuación de Álvaro Sanz. Última hora do Córdoba - Deportivo de hoxe ás 20:30h. Lesión de Javi Manquillo no Celta, rotura de fibras. Hoxe comeza o Torneo Encesta Rías de baloncesto en Pontevedra.
Celme de zanfona 12.09.2024 30:57
Os cegos cantores, portadores da esencia das músicas de tradición oral desde a Idade Media, son os protagonistas do IV Celme de Zanfona Unha colección de Pregos de cordel do Arquivo Castro Vicente permite ver de preto as cualidades formais, editoriais, literarias e relativas á estampa. Inclúe un espectáculo teatralizado de Quico Cadaval que recrea a alianza dos cegos cantores coa arte dos monicreq...
Dous thrillers de estrea 12.09.2024 30:57
Moncho Lemos tráenos hoxe dous thrillers: Justicia artificial, do coruñés Simón Casal e a estadounidense No hables con extraños, de James Watkins
Catro días de música nas Revenidas 12.09.2024 30:57
Visitamos o festival Revenidas, que ata este domingo acolle en Vilaxoán concertos de Fillas de Cassandra, Lendakaris Muertos, Rebeliom do Inframundo ou Vértebras. Nesta edición do festival despídese do público o proxecto Nación Quilombo de García MC e tamén a banda catalá La Pegatina, visitante habitual das Revenidas. Imaxe de Christian Pérez
Verbena, política e melodía 12.09.2024 30:57
Hoxe Tito Lesende tráenos dúas estreas do país: 'Papá & Mamá', reviravolta de Ortiga ao clásico de Los Satélites, e 'Cantare', unha peza na que Hugo Guezeta une forzas coas rapeiras Nadie González e Temible Olivina. Ademais escoitamos a Jake Bugg, que participa no OUR Fest.
V Encontro profesional de Música Galiza-Portugal 12.09.2024 16:57
12 showcases de bandas de Galiza e Portugal no MUMI Comeza o V Encontro profesional de Música Galiza-Portugal en Tui e Valença
Un mosteiro, un mar de historias 11.09.2024 30:57
“Un mosteiro, un mar de historias” pon en valor o patrimonio do Real Mosteiro de Oia, o único da Orde do Císter ubicado na costa atlántica. A mostra percorre 875 anos -dende o s. XII ata o s. XXI- desvelando por vez primeira episodios descoñecidos do monumento e da propia historia de Galicia. Na sede de Afundación en Vigo ata o 5 de outubro.
Os inicios da radio en Galicia 11.09.2024 30:57
Os inicios da radio en Galicia. Xosé Mosquera Pérez, O Vello dos Contos, primeira estrela mediática galega e impulsor do Padroado Rosalía de Castro. Estvo en antena de 1933 a 1936
Mulleres que resistiron ao fascismo 11.09.2024 30:57
Mulleres que resistiron ao fascismo A Casa-Museo Casares Quiroga da Coruña acolle unha exposición dedicada á resistencia das mulleres ao fascismo na guerra civil española e na segunda guerra mundial. Unha mostra documental e fotográfica que pode visitarse ata finais do mes de outubro. No marco da exposición o 12 de setembro desenvolverase un faladoiro no que participarán descendentes de varias m...
50 anos do Gaspariño 11.09.2024 30:57
Manel Cráneo recorda a Gaspariño, un personaxe co que Xaquín Marín empezou a publicar viñetas na nosa lingua no xornal 'El Ideal Gallego' en 1974. Lembramos a mirada crítica e humorística daquel neno filósofo e a importante traxectoria deste pioneiro do cómic galego.
Galicia. Procesos e formas. Un percorrido gráfico 11.09.2024 16:57
O deseño galego dende as primeiras décadas do século XX á actualidade: A Fundación DIDAC acolle a mostra Galicia. Procesos e formas. Un percorrido gráfico. Trátase dunha versión da mostra que representou a Galicia na Porto Design Biennale e completa o traballo da Fundación para a creación dun arquivo dixital
Παρόμοια podcast
Το Replaio δεν είναι εκδότης podcast - τα ονόματα των εκπομπών, τα εξώφυλλα και ο ήχος ανήκουν στους δημιουργούς τους και διανέμονται μέσω δημόσιων ροών RSS