AGalegaAudio

Todos os podcast | A crónica deportiva

Sports GL ↓ Επεισόδια: 2910

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades

Μην παραλείψεις να επισκεφτείς τη σελίδα του podcast και να στηρίξεις τον δημιουργό: agalegaaudio.gal

Δημιουργός

AGalegaAudio

Κατηγορία

Sports

Ιστοσελίδα του podcast

agalegaaudio.gal

Τελευταίο επεισόδιο

5 Οκτ 2026

Πού να ακούσεις;

Podcast στην εφαρμογή Replaio Radio Έρχεται σύντομα

Τα podcast έρχονται σύντομα στην εφαρμογή. Εγκατάστησέ την τώρα και δες πρώτος μια εντελώς νέα προσέγγιση στα podcast

Κατέβασέ το από το Google Play Δωρεάν εγκατάσταση Android σχεδόν 10 εκατ. λήψεις · βαθμολογία 4,8 iOS σύντομα

Επεισόδια

Diego Ares toca as 'Variacións Goldberg' 09.10.2024

Conversamos con Diego Ares, un dos clavecinistas máis brillantes da súa xeración. O intérprete vigués está en Galicia para interpretar unha obra que marcou un punto de inflexión na súa carreira, as 'Variacións Goldberg' de Bach.

BD vs IA 09.10.2024

Manel Cráneo fálanos hoxe das consecuencias da irrupción da IA xenerativa no ámbito da ilustración e da banda deseñada.

A crónica deportiva 09-10-2024 09.10.2024

Competición mantén o partido de suspensión a Aspas e Moriba. No Dépor, o porteiro Helton Leite gaba o nivel da 2ª. Aleksa Puric, xogador do mes de setembro no Rácing. Dani Vidal, do CD Lugo "o punto co Nástic foi gracias aos seareiros"

Simultánea 08.10.2024

SIMULTÁNEA. Sete exposicións en sete cidades da Fundación Abanca. Cun total de trescentas cincuenta obras entre fotografía, pintura, escultura, videoarte e instalación, con máis de douscentas autorías, do século XIX ata hoxe. “Convidamos ao público a que visite estas sete mostras dunha dimensión inédita”, Paloma Vela comisaria.

Tras do ceo 08.10.2024

Dolores Vilavedra comenta Tras do ceo, de Manuel Rivas, que xa vai pola segunda edición.

Suso Basterrechea expón en Metro 08.10.2024

Mónica Maneiro comenta a mostra 'Tienes un gusto de mierda' que o artista Suso Basterrechea expón na galería Metro de Santiago.

Recoñecemento internacional á función de Barriga verde 08.10.2024

“Non queremos quedarnos nun traballo arqueolóxico". O traballo de recuperación de Barriga Verde recibe o recoñecemento internacional.

A crónica deportiva 08-10-2024 08.10.2024

Analizamos a figura de Andrés Iniesta, no día da súa retirada, co defensa do Celta Andrés Túñez e co seu compañeiro na Masía Moisés Pereiro. No Racing, Josué Dorrio fala do toque de atención de Carlos Mouriz a semana pasada. O Uni Ferrol preparado para a cita de Copa Europea co Galatasaray.

Novos imaxinarios 07.10.2024

“Novos Imaxinarios”, no CGAC. As novas formas do cinematográfico, dende as vangardas ata o cinema expandido. A mostra acolle propostas, inéditas ou presentadas por primeira vez en Galicia. No seu formato expositivo, cada cineasta articula novas obras que debuxan parábolas con propostas instalativas. Nicolás Combarro, comisario : “é o retrato dunha xeneración”. Oliver Laxe :”permite traballar dout...

Peter Petrowski 07.10.2024

Carlos Crespo tráenos un adianto de “All stars”, o último do músico e produtor porriñés Peter Petrowski “busco ser un catalizador”

A OSG e a Real Filharmonía de Galicia inician temporada 07.10.2024

Pablo Sánchez Quinteiro fálanos hoxe do arranque de temporada da OSG e da Real Filharmonía de Galicia. Esta última incorpora ao repertorio obra de mulleres e contemporáneos, como é o caso de Raquel García Tomás.

A crónica deportiva 07-10-2024 07.10.2024

Analizamos con Victor López os números do RC Celta antes do parón de seleccións. O RC Deportivo métese no descenso despois de non pasar do empate a cero co Málaga. O CD Lugo evita os postos de descenso co punto sumado co Nástic de Tarragona. Duras derrotas do Pontevedra CF e da SD Compostela.

Rodrigo Cortés, Calpurnia de honra 2024 04.10.2024

“Hai moita pegada galega en min, como a retranca” Rodrigo Cortés recibe esta noite a Calpurnia de honra do OUFF. O cineasta e escritor, de raíces ourensás, ten pendente de estrea a súa última película “Escape”, producida por Martin Scorsese.

Elixir de amor 04.10.2024

Afonso Becerra comenta L'èlisir d'amore, ópera cómica en dous actos con música de Gaetano Donizetti e libreto de Felice Romani

Lugares habitados na infancia 04.10.2024

Eva Mejuto tráenos lecturas sobre lugares habitados na infancia. Son calado, de Andie Powers. Unha historia do ser introvertido que todas as persoas levamos dentro O noso recuncho, de Marina Núñez. Un exemplo da forza que podemos chegar a ter cando traballamos xuntos

As formas do amor. 04.10.2024

“Existen outros amores. Precisamos outras historias".Verdeveras Producións Artísticas estrea As formas do amor con dirección de Gena Baamonde.

A crónica deportiva 04-10-2024 04.10.2024

O Celta busca mañá nas Palmas os seus primeiros puntos a domicilio. O Porriño debuta en Europa esta noite ante o Brixen Sudtirol italiano. A Coruña acolle esta fin de semana a Supercopa de hockey a patíns Mingueza conta coa confianza de Luis de la Fuente e o ourensán Hugo Alvarez debuta n selección sub-21.

Terceiro acto. A volta trala pandemia 03.10.2024

Terceiro acto. A volta trala pandemia “Neste momento no que a historia corre a una velocidade endiañada, detémonos para escoitar atentamente, nunha especie de soño poético, a aqueles que van diante de nós, os gardiáns da memoria” O Centro Dramático Galego reestrea en Santiago a obra Terceiro acto, interrompida no seu día por mor do coronavirus, coa que percorrerá oito cidades. O elenco está formad...

Festival de Sitges 03.10.2024

Moncho Lemos viaxa a Barcelona para asistir ao Festival de Cine Fantástico de Sitges, que hoxe bota a andar con 'Presence' de Steven Soderbergh

Curtocircuíto explora novas formas do audiovisual 03.10.2024

Conversamos con dous dos cineastas que participan na 21ª edición do Festival Curtocircuito. O ferrolán Alberto Gracia, director de filmes como 'O quinto evanxeo de Gaspar Hauser' ou 'La parra' protagoniza a sección 'Terra'. A madrileña Laura Moreno Bueno compite na sección oficial 'Cosmos' coa peza 'Ulía'.

Outono de estreas musicais 03.10.2024

Tito Lesende anticípanos os novos traballos de tres artistas galegos: León Benavente, liderados polo vigués David Cobas, Pablo Lesuit e mais RSK Emocional.  Despedímonos escoitando 'Perdón', a colaboración de Rivadulla con Berto. 

Mulleres que viven soas 03.10.2024

O FIOT acolle a estrea de “Mulleres que viven soas”. Entre o teatro documental, a standup comedy e o teatro isabelino na nova obra de Berrobambán

Sorrir nas fotos 02.10.2024

Por que antes a xente saía tan seria nas fotos?

Premio Nacional para a restauradora do Pórtico da Gloria 02.10.2024

Conversamos coa conservadora e restauradora Ana Laborde no día no que o Ministerio de Cultura lle concede o Premio Nacional de Restauración e Conservación de Bens Culturais.  O gran fito da carreira de Laborde é a conservación e restauración do Pórtico da Gloria da catedral de Santiago, que supuxo un punto de inflexión na conservación da pedra policromada. 

A BD no mercado da arte 02.10.2024

Os orixinais da banda deseñada teñen xa unha consideración similar ás pezas de arte. Manel Cráneo fálanos da subhasta de 50 orixinais de Lucky Luke en París  e dos prezos que poden alcanzar páxinas doutros clásicos.

Άκου το podcast Todos os podcast | A crónica deportiva στο Replaio

Ραδιόφωνο και podcast σε μία εφαρμογή - δωρεάν, χωρίς εγγραφή. Εγκατάστησέ την σήμερα και μη χάσεις την πρεμιέρα

Κατέβασέ το από το Google Play

Το Replaio δεν είναι εκδότης podcast - τα ονόματα των εκπομπών, τα εξώφυλλα και ο ήχος ανήκουν στους δημιουργούς τους και διανέμονται μέσω δημόσιων ροών RSS