AGalegaAudio

Todos os podcast | A crónica deportiva

Sports GL ↓ Επεισόδια: 2902

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades

Μην παραλείψεις να επισκεφτείς τη σελίδα του podcast και να στηρίξεις τον δημιουργό: agalegaaudio.gal

Δημιουργός

AGalegaAudio

Κατηγορία

Sports

Ιστοσελίδα του podcast

agalegaaudio.gal

Τελευταίο επεισόδιο

1 Οκτ 2026

Πού να ακούσεις;

Podcast στην εφαρμογή Replaio Radio Έρχεται σύντομα

Τα podcast έρχονται σύντομα στην εφαρμογή. Εγκατάστησέ την τώρα και δες πρώτος μια εντελώς νέα προσέγγιση στα podcast

Κατέβασέ το από το Google Play Δωρεάν εγκατάσταση Android σχεδόν 10 εκατ. λήψεις · βαθμολογία 4,8 iOS σύντομα

Επεισόδια

A crónica deportiva 14-05-2025 14.05.2025

O Celta está moi preto de certificar os postos de competición europea logo da vitoria en Anoeta. No Deportivo, Diego Gómez: "Teño cero ganas de vacacións, oxalá a liga durase un pouco máis ". No Lugo, Bernardo Cruz pide o apoio dos seareiros para soportar a loita pola permanencia.

Coñecendo as cantareiras 13.05.2025

Na recta final para o Día das Letras Galegas, afondamos no coñecemento das cantareiras que personifican a homenaxe á poesía popular de tradición oral. Son Adolfina e Rosa Casás Rama (Cerceda), Eva Castiñeira Santos (Muxía) e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens (Malpica)

'O teito é de pedra' 13.05.2025

  Dolores Vilavedra comenta 'O teito é de pedra’, de Álex Alonso Unha novela que rende tributo a todos cantos deron a súa vida pola democracia e padeceron a represión franquista. Foi finalista do XLI Premio Xerais 2024.

'As fillas bravas' de Chévere 13.05.2025

'As fillas bravas' de Chévere saen de xira e publican libro As Fillas Bravas son tres mulleres que tocan e cantan o que lles peta como antes fixeron a súa nai e a nai da súa nai, porque todas son fillas do vento, mulleres de andar a pé do toxo, orgullosas de vir de tras da silveira. As Fillas Bravas levan unha década xirando e viven en Momán, unha aldea que representa todas as aldeas e n...

'Tan solo es una mancha' 13.05.2025

Mónica Maneiro comenta a mostra 'Tan solo es una mancha', de Rosendo Cid, na Galería Nordés

A crónica deportiva 13-05-2025 13.05.2025

O Celta busca en Anoeta a clasificación europea. Os olívicos poderían certificar a súa clasificación esta noite. Carlo Ancelotti recoñece publicamente que será o seleccionador de Brasil. Angela Mataix deixa o Baxi tras unha campaña estelar

De ronda con Mondra 12.05.2025

“Son un privilexiado por traballar no que me gusta” Recibimos a visita de Mondra, que anda a presentar ‘De ronda’, o seu segundo disco de estudio. Este traballo contén once temas ou “estados do corpo” e letras que transitan dende o desexo ata a crítica social, sempre conectados coa tradición oral. O teense saca asemade un proxecto audiovisual que se pode ver na súa canle VEVO .

Elena Zas 12.05.2025

Carlos Crespo trae a Elena Zas. A música e mestra coruñesa acaba de sacar o seu primeiro disco "Caída Libre"

Cantareiras e Castelao 12.05.2025

Na Semana das Letras 'O barroquista' ofrécenos dúas propostas no Museo do Pobo Galego que non debes perder: cantareiras e Castelao.

30 anos de cine 12.05.2025

"O meu cine fala das cousas e persoas que perdemos" Alfonso Zarauza celebra 30 anos de cinema cunha retrospectiva en Numax, unha exposición na Zona C de Santiago e o Pedigree de honor do Festival de Cans

Trashnos e Sicixia 12.05.2025

No seu percorrido polo metal galego, Patty Castro tráenos a Trashnos e Sicixia

Raizame 12-5-2025 12.05.2025

Programa especial co gallo do Día das Letras Galegas dedicado á tradición oral das cantareiras. Rodrigo Romaní fálanos de Eva Castiñeira, a pandereteira que actuou con Milladoiro; Richi Casás cóntanos cousas sobre as súas familiares Adolfina e Rosa Casás, as cantareiras de Cerceda; e Isabel García Quintela, a presidenta de Aturuxo, explícanos quen eran as pandereteiras de Mens, que actuaron durant...

A crónica deportiva 12-05-2025 12.05.2025
«Aida e Rosa, as cantadeiras de Moscoso» 11.05.2025

O mestre de baile e investigador do folclore galego, Luis Prego, presenta o Día das Letras un libro-disco sobre as cantadeiras de Moscoso, Aida e Rosa. Neste programa Luis fálanos destas duas lendas da música tradicional e escoitamos algunhas pezas interpretadas polas duas irmás.

A Domus do Mitreo 09.05.2025

“A Historia non é o que, é o por que” Vituco Neira lévanos ata Lugo, onde a Domus do Mitreo acaba de incorporarse ao Sistema Galego de Centros Museísticos, para falar coa súa directora artística, Dolores Dopico. O conxunto está conformado por unha vivenda e un templo dedicado ao deus Mitra, un elemento de gran singularidade e relevancia histórica ao tratarse do único, ata o momento, en toda a Pení...

Escenas do Cambio 09.05.2025

Afonso Becerra comenta a 11ª edición do Festival Escenas do Cambio, que está a ter lugar en Compostela e programa 16 espectáculos de teatro, danza e arte en acción

Tres propostas singulares no Escenas do Cambio 09.05.2025

O Festival Escenas do Cambio, que está a ter lugar en Compostela, acada a 11ª edición e programa 16 espectáculos de teatro, danza e arte en acción Achegámonos a tres destas propostas singulares: ‘Roland mon amour’, un monodrama de Cristina Balboa. ‘Familia Nijinska’, de Vacaburra, unha conferencia escénica bailada e debuxada. E unha peza audiovisual efémera ‘O intanxible e o non mundo’, de Mercede...

Lectura fácil 09.05.2025

Lectura fácil con Eva Mejuto: '20.000 leguas baixo dos mares', de Jules Verne. Editorial Galaxia. ’ As emoticonas. Onde van?’ , de Susana Peix. Cumio. ‘Nicolás vai á biblioteca’, da Asociación Bata. Kalandraka Editora E un audiolibro ‘Hermilindo esbirra poemas, de Paula Señarís

A crónica deportiva 09-05-2025 09.05.2025

Previa do Celta - Sevilla, con Víctor López. Miguel Román entra polo mancado Jailson.  Falan Claudio Giráldez e Joaquín Caparrós. No Dépor, citas destacadas para o Fabril, xuvenil e feminino. Balonmán feminino: festa preparada no Porriño para a ida da final da Copa EHF. Haberá previa e cheo no pavillón.

Obradoiro de composición sonfónica no RESIS 08.05.2025

“O noso obxectivo é ter un punto de encontro entre o público e os compositores contemporáneos “ O Festival RESIS de música contemporánea e artes vivas, que dirixe o compositor Hugo Gómez-Chao, integra propostas musicais de vangarda con diferentes linguaxes artísticas. Visitamos da man de Vituco Neira o obradoiro de composición que se desenvolve en colaboración coa Real Filharmonía de Galicia.

'Una quinta portuguesa' e 'También esto pasará' 08.05.2025

Moncho Lemos comenta dúas estreas: ‘Una quinta portuguesa’, de Avelina Prat. Un tranquilo profesor de xeografía suplanta a identidade dun xardineiro. ‘También esto pasará’, de María Ripoll. Unha muller viaxa á casa materna en Cadaqués tras morrerlle a nai. E, en agalega.gal poderase ver dende o sábado ‘O Corno’, de Jaione Camborda

'Taibo' 08.05.2025

Un libro e un espectáculo recuperan a figura do médico, músico e escritor Luís Taibo, un “verso libre” da música galega. O musicólogo Alberto Cancela elabora a biografía dunha figura con múltiples vidas que publica Sonora Urbana, unha liña editorial de aCentral Folque

Mondra, Pava e Tandub 08.05.2025

A playlist semanal de Tito Lesende: Mondra, Pava, Tandub

A crónica deportiva 08-05-2025 08.05.2025

Yeremay, elixido mellor xogador do mes de abril no Deportivo, fala do seu futuro e di que o normal é que quede, pero ninguén sabe o que pode pasar. O Básquet Coruña pretende alongar a súa estadía na ACB. Esta noite recibe ao Barça. Dominic Mavra renova co Breogán

Rosalía en Camiño 07.05.2025

“Buscamos reivindicar a actualidadade de Rosalía e poñer os poetas galegos a dialogar cos doutras línguas” Recibimos a visita de Chus Pato e Gonzalo Hermo para debullar a sexta edición de ‘Rosalía en Camiño’. As xornadas poéticas multilingües principian hoxe en Santiago e Padrón con poetas de diversas partes da península e mailo cineasta Oliver Laxe,o primeiro «non poeta stricto sensu» que partici...

Άκου το podcast Todos os podcast | A crónica deportiva στο Replaio

Ραδιόφωνο και podcast σε μία εφαρμογή - δωρεάν, χωρίς εγγραφή. Εγκατάστησέ την σήμερα και μη χάσεις την πρεμιέρα

Κατέβασέ το από το Google Play

Το Replaio δεν είναι εκδότης podcast - τα ονόματα των εκπομπών, τα εξώφυλλα και ο ήχος ανήκουν στους δημιουργούς τους και διανέμονται μέσω δημόσιων ροών RSS