AGalegaAudio
Todos os podcast | A crónica deportiva
A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades
Μην παραλείψεις να επισκεφτείς τη σελίδα του podcast και να στηρίξεις τον δημιουργό: agalegaaudio.gal
Δημιουργός
AGalegaAudio
Κατηγορία
Ιστοσελίδα του podcast
Τελευταίο επεισόδιο
1 Οκτ 2026
Πού να ακούσεις;
Podcast στην εφαρμογή Replaio Radio Έρχεται σύντομαΤα podcast έρχονται σύντομα στην εφαρμογή. Εγκατάστησέ την τώρα και δες πρώτος μια εντελώς νέα προσέγγιση στα podcast
Επεισόδια
'Patria unifamiliar' 30.09.2025 18:34
“O que posuímos fala de quen somos”. Mónica Maneiro comenta a exposición de Alberto Ardid ‘Patria unifamiliar’ na galería Trinta de Santiago
A penaltis 30-09-2025 30.09.2025 2:00:32
Tamén conversamos co adestrador da SD Sarriana, Iván Carril; e conectamos cos capitáns do Alondras, que protagonizaron uns dos momentos máis sorprendentes da xornada en Terceira RFEF.
A crónica deportiva 30-09-2025 30.09.2025 29:59
O PAOK de Salónica chega hoxe a Vigo. Mañá adestra en Balaídos. No Celta, o central Carl Startfelt é seria dúbida. O Deportivo presenta esta tarde o novo "Depor Trainning Center", cunha inversión de 40 millóns de €. Previa do Bergantiños - Ourense CF de 4º da Copa Federación, co gran premio da Copa do Rei. Carlos Alcaraz gaña o ATP 500 de Tokio.
Tres curtas que pagan moito a pena 29.09.2025 9:21
Begoña Vázquez recoméndanos tres curtas de creadores galegos que se poden ver en Agalega.gal: -Matria, de Álvaro Gago. O xermolo da película homónima. -To bird or non to bird, de Martín Romero. Animación gañadora dun Goya. -30′ 70 60′ 120 Marta Valverde. Sobre a prostitución
Podcast cultural 21. Entre cátedras e aniversarios 29.09.2025 26:06
"Esperamos contra toda esperanza”, o lema que lembraba Ricardo Carvalho Calero abre conversa con Carlos Quiroga, director da Cátedra Institucional Carvalho Calero da USC. E achegámonos aos 25 anos na música de E. Rúa
Dous contos ilustrados e unha novela para adolescentes 29.09.2025 13:16
Andrea Jamardo tráenos unha novela de Antonio Manuel Fraga, ‘Ningunha estrela levará o meu nome’, de Editorial Santillana. A partir dos 14 anos. Tamén dúas propostas ilustradas: -‘Que precisa un gato pequeno?, de Natalia Shaloshvili, publicado por Kalandraka. -’Lola feroz’, de Juan Baquero e Pablo Carreiro, publicado por Cuarto de Inverno
A penaltis 29-09-2025 29.09.2025 2:01:00
Conversamos con Braulio Vázquez, exxogador do Deportivo e actual director deportivo de CA Osasuna. Falamos co exdefensor do Celta Carles Planas, que triunfa na Kings League de Piqué. E analizamos o tropezo do Dépor en Ipurua ante o Eibar.
A crónica deportiva 29-09-2025 29.09.2025 30:00
O Celta leva 7 xornadas sen sumar de 3, pero está fóra do descenso. Analizamos a derrota en Elx con Víctor López. Previa da Liga de Campións. O Depor segue líder da 2ª logo do empate en Ipurúa. Derrota e incidentes da UD Ourense en Salamanca.
20 anos da ESADG 26.09.2025 11:15
Con Afonso Becerra festexamos o 20 aniversario da Escola Superior de Arte Dramática de Galica. Dela saíron compañías, actores e actrices ou directores e dramaturgas como A Panadaría, Melania Cruz, Tito Asorey, Vanesa Sotelo, Esther Carrodeguas, Manuel Vieites...e moitas outras figuras da escena galega
Podcast cultural 20. Cine de festival e teatro de premio 26.09.2025 18:38
Oitava edición do festival Intersección na Coruña. En Carballo, no FIOT, estrea de "Berenguela na gaiola" que gañou a cuarta edición do Premio Manuel María de Proxectos Teatrais.
A crónica deportiva 26-09-2025 26.09.2025 29:58
Análise da derrota do Celta en Stuttgart. Antonio Hidalgo na previa do Eibar - Deportivo. Toni García, director deportivo do CF Talavera, foi dianteiro do CD Lugo na 1999/2000. "O CD Lugo rematará a liga arriba seguro". O adestrador do Pontevedra CF, Rubén Domínguez, regresa como técnico rival por vez 1ª ante o Ourense CF.
'Una batalla tras otra' e 'Maspalomas' 25.09.2025 12:57
Moncho Lemos fálanos da estrea de 'Una batalla tras otra’, de Paul Thomas Anderson, adaptación da novela 'Vineland', de Thomas Pynchon sobre os movemientos radicais dos anos sesenta. Conta no reparto con Leonardo DiCaprio, Benicio del Toro e Sean Penn. Tamén de “Maspalomas”, de José Mari Goenaga e Aitor Arregi. Un drama sobre a vellez e a homosexualidade. Con Nagore Aramburu.
Podcast cultural 19 . De festivais. 25.09.2025 14:00
Falamos do FIOT34, a edición máis grande da historia do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo. E en Ourense o OUFF30 estrea dirección.
Nadadora están de volta 25.09.2025 12:25
Tito Lesende pica a primeira canción do retorno do grupo grovense Nadadora, doce anos despois da súa despedida. Tamén repasa a axenda de festivais con The Lemonheads, León Benavente e Bala E o novo disco dos asturianos Alberto & García
A crónica deportiva 25-09-2025 25.09.2025 30:00
Imos á previa do celtismo en Stuttgart con Víctor López. No Deportivo, Quagliata sorprendido e encantado co ambiente de Riazor. Previas do Talavera- CD Lugo e o Racing Club Ferrol - Guadalaxara. E estamos con Raúl Marqueta. O porteiro do Pontevedra CF xogará ante o seu ex equipo, o Ourense CF.
'A pintora' e Canícula' 24.09.2025 12:59
Malores Villanueva comenta dous poemarios unidos pola memoria e a paisaxe: ‘A pintora’, de Lupe Gómez, publicado por Medulia Editorial. ‘Canícula’, de Sofía Ruvira, na editorial Laiovento
Podcast cultural 18. Estreas, músicas atlánticas e dereitos culturais. 24.09.2025 23:44
Lusofonía, diásporas, culturas indíxenas... e dereitos culturais. Son referencias do festival Maré que congrega máis de 30 artistas en Compostela. E no FIOT estrea de “Berenguela na gaiola” con dirección de Paula Carballeira.
A penaltis 24-09-2025 24.09.2025 2:01:00
Conectamos con Dubai para conversar con Pablo Coira, xogador do Celta entre 1999 e 2003, que sabe o que é xogar competicións europeas co Celta. Tamén conversamos coa peña Carcamáns desde Stuttgart e analizamos o récord de partidos do capitán do Deportivo, Diego Villares. Finalmente conversamos con Juan Carlos Real, ex do Dépor e actual mediapunta do Real Murcia, que formou parte do último plantel...
A crónica deportiva 24-09-2025 24.09.2025 29:58
Chove a esgallo en Stuttgart. O Celta adestra esta tarde. Víctor López danos a última hora dende Alemaña, a un día do debut europeo. No Depor, comparece Diego Villares. O Ourense CF participa hoxe, ás 20:00h, en León, coa Leonesa, o Zamora e a Ponferradina nun partido benéfico polos lumes. E este sábado derbi co Pontevedra CF. Andrés Vieites fala co xogador Hugo Sanz. Falan Antonio Montoro no Pont...
Leticia Rey 23.09.2025 11:42
Carlos Crespo trae nas súas ‘descubertas’ a Leticia Rey. A de Vila de Cruces acaba de publicar o disco ‘Danza Luz’, nas súas propias palabras “unha viaxe espiritual de aceptación”que, polo de agora, non está en plataformas
Podcast cultural 17. Entre fosas e diarios 23.09.2025 25:31
A entrega dos restos de Francisco Miguel aos seus familiares e a homenaxe na cidade da Coruña son eixo dun outono de actividades arredor das figuras do pintor e de Syra Alonso.
«Entre as sombras voltarei acompañado» 23.09.2025 21:42
Mónica Maneiro comenta «Entre as sombras voltarei acompañado»a segunda exposición individual de Vicente Blanco na galería NÉBOA de Lugo. A mostra forma parte de #ABERTO2025
A penaltis 23-09-2025 23.09.2025 2:01:00
Tamén estamos con Dani Gigirey, exfutbolista profesional e actual vocalista da Orquestra Principal. Gigirey gañou A Liga dos Cantantes Extraordinarios no 2023.
A crónica deportiva 23-09-2025 23.09.2025 30:00
No Celta, Marcos Alonso e Williot Swedberg reciben a alta médica a 2 días do debut na Liga Europa. Os laterais Sergio Carreira e Mihailo Ristic son baixa, e con probas médicas pendentes. No Deportivo, Kevin Cabado analiza o mercado do feminino. No Lugo escoitamos a Neco Celorio. 2ª eliminatoria da Copa da Raíña de fútbol sala, con 6 equipos galegos en competición.
Παρόμοια podcast
Το Replaio δεν είναι εκδότης podcast - τα ονόματα των εκπομπών, τα εξώφυλλα και ο ήχος ανήκουν στους δημιουργούς τους και διανέμονται μέσω δημόσιων ροών RSS