AGalegaAudio

Todos os podcast | A crónica deportiva

Sports GL ↓ Επεισόδια: 2900

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades

Μην παραλείψεις να επισκεφτείς τη σελίδα του podcast και να στηρίξεις τον δημιουργό: agalegaaudio.gal

Δημιουργός

AGalegaAudio

Κατηγορία

Sports

Ιστοσελίδα του podcast

agalegaaudio.gal

Τελευταίο επεισόδιο

29 Σεπ 2026

Πού να ακούσεις;

Podcast στην εφαρμογή Replaio Radio Έρχεται σύντομα

Τα podcast έρχονται σύντομα στην εφαρμογή. Εγκατάστησέ την τώρα και δες πρώτος μια εντελώς νέα προσέγγιση στα podcast

Κατέβασέ το από το Google Play Δωρεάν εγκατάσταση Android σχεδόν 10 εκατ. λήψεις · βαθμολογία 4,8 iOS σύντομα

Επεισόδια

Diario cultural fin de semana 31-01-2026 31.01.2026

O Museo do Pobo Galego desenvolveu unha nova edición do Seminario 'Museos, Feminismos, Canon' , que desta volta estivo centrado na figura de Maruja Mallo. Falamos cunha das relatoras participantes, a investigadora Estrella de Diego. Estréase en Gondomar o documental "A rebelión da lectura", que narra a historia do Espazo Lectura. Ímos descubrir como naceu e prosperou esta asoci...

ALÉN 30.01.2026

Afonso Becerra comenta ALÉN, unha creación escénica de danza contemporánea do Colectivo Globo. O espectáculo parte do desexo de habitar os límites a través dunha vivencia poética e sensorial que se move na fronteira entre o que fomos e o que estamos a piques de ser. Coproducida polo Centro Coreográfico Galego.

Podcast cultural 95. Expediente Velo 30.01.2026

A curtametraxe documental ‘Expediente Velo’ revisita a peripecia vital do militante antifranquista e escritor Xosé Velo. Dirixida por Aser Álvarez, a peza documenta o papel central de Velo no secuestro do barco ‘Santa Liberdade’.

A crónica deportiva 30-01-2026 30.01.2026

O Celta xogará co Paok de Salónica os 16º da Liga Europa. A ida será o 19 de febreiro en Grecia e a volta unha semana despois en Balaídos. No Deportivo, Antonio Hidalgo comparece antes de xogar en León. Escoitamos a Guillermo Fernández Romo no Racing e a Iago Iglesias no CD Lugo. No Open de Australia en cadeira de rodas o vigués Martín de la Puente accede á final logo de superar 6-4 e 6-4 ao nº1 d...

Universo Castelao 29.01.2026

Hoxe fanse 140 anos do nacemento de Castelao. Begoña Vázquez recoméndanos a programación especial da CSAG ‘Universo Castelao’.

'Aída y vuelta' 29.01.2026

Moncho Lemos recomenda ‘Hamnet’que, aínda que non é estrea da semana, segue a formar fileiras ás portas dos cines. E para a fin de semana fálanos de ‘Aída y vuelta’, metalinguaxe televisiva dirixida por Paco León.

Podcast cultural 94. Bestiário 29.01.2026

Vítor Vaqueiro e Ánxel Huete presentan Bestiário, unha obra ilustrada sobre seres mitolóxicos galegos, publicada por Néspera editora.

De Boyanka Kostova a Bruce Springsteen 29.01.2026

Tito Lesende pica a nova canción de Boyanka Kostova, primeiro avance do seu próximo disco, e mais o tema que Dani Dicostas publica esta semana. Repasamos a axenda de concertos dos muradáns Lisdexia e escoitamos a canción coa que Bruce Springsteen protesta pola actuación do ICE nas rúas da cidade estadounidense de Minneapolis.

A crónica deportiva 29-01-2026 29.01.2026

Directo con Víctor López en Belgrado para coñecer a última hora do Celta. Fer López recibe a autorización da UEFA e pode xogar hoxe co Estrela Vermella. No Deportivo, José Ángel pide mirar cara diante. Previa do Arenteiro - Bilbao Athletic con Jorge Cuesta. No Pontevedra comparece Rubén Domínguez antes de viaxar a Talavera. Luís Casimiro, do Breogán, cumprirá en Granada 800 partidos dirixidos na A...

Begoña Caamaño: catro biografías 28.01.2026

Malores Villanueva tráenos catro biografías arredor de Begoña Caamaño, a escritora homenaxeada este ano no Día das Letras: ‘A nena que perdeu un zapato na lama’, de Ramón Nicolás; ‘Begoña Caamaño, xornalista e escritora’, de Estefanía González; ‘Os fíos de Begoña’, de Eva Mejuto con ilustracións de Nuria Díaz; e ‘Begoña ou o pracer da amizade’, de Beatriz Maceda.

Podcast cultural 93. O caso M. Mallo 28.01.2026

"Por que as mulleres pintoras se chaman sempre surrealistas?" Estrella de Diego fala sobre Maruja Mallo no Seminario Museos, Feminismos, Canon. E despois as biografías de Begoña Caamaño para a infancia

A penaltis 28-01-2026 28.01.2026
A crónica deportiva 28-01-2026 28.01.2026

O Celta xa está en Belgrado. Viaxou Fer López mentres agarda a autorización da UEFA para poder xogar. Falamos con Rubén Blanco, que deixa o Olimpique de Marsella, e opina do Celta e do vicepresidente do Porriño Industrial. No Deportivo comparece Sergio Escudero logo de xogar uns minutos co Racing de Santander. O Pontevedra presenta a Diego Gómez, cedido polo Dépor, e ten apalabrado a Rubén López....

Iá 27.01.2026

Carlos Crespo tráenos unha estrea exclusiva, tres temas do primeiro disco en solitario de Sara Merso : ‘Iá’. Logo de máis de 15 anos sobre os escenarios, a cantante e xornalista coruñesa vaino presentar o venres ás 22.00 horas na sala Garufa Club da cidade herculina.

Podcast cultural 92. Raquel Areal 27.01.2026

A Real Filharmonía de Galicia recoñece unha nova xeración de intérpretes que desenvolven as súas carreiras nos escenarios máis prestixiosos do mundo. É o caso de Raquel Areal, violinista da Filharmónica de Berlín.

Francisco Asorey, unha recuperación necesaria 27.01.2026

Mónica Maneiro comenta a exposición ‘Francisco Asorey, unha recuperación necesaria’, que pode visitarse na Cidade da Cultura. A mostrea está comisariada por Miguel Fernández-Cid e coordinada por Carmen Asorey, neta do escultor e figura esencial na reivindicación da súa obra e vida.

Begoña Caamaño e os fíos da amizade 27.01.2026

Xa están nas librarías as dúas primeiras obras sobre Begoña Caamaño, a quen se lle adica este ano o Día das Letras. Trátase de 'Os fíos de Begoña' e 'Begoña ou o pracer da amizade'

A penaltis 27-01-2026 27.01.2026
A crónica deportiva 27-01-2026 27.01.2026

Presentado Fer López no Celta: "Rebaixeime a ficha para poder vir". Previa da derradeira xornada da fase liga da Liga de Campións. No Breogán, Tito Díaz fai balance daprimeira volta na liga ACB. Támara Echegoyen completaa primeira volta ao mundo sen escalas nun maxitramarán tripulado só por mulleres.

Os premios Feroz 26.01.2026

Begoña Vázquez repasa os Premios Feroz, que se entregaron o sábado en Pontevedra

Podcast cultural 91. Retratos 26.01.2026

A limpeza da mirada que se perdeu. Santiago Barreiros percorre 50 anos de fotografía a través dos retratos na exposición “Read me”. E lemos a tradución ao galego da novela “A praza do Diamante”.

Lectura fácil e audiolibros 26.01.2026

Andrea Jamardo tráenos dous libros en formato de lectura fácil e outro en versión audiolibro. Son as adaptacións de ‘O misterio do torque de Burela’, de Antía Yáñez; e ‘Meigas’, de Esteban Folgar. Canto o audiolibro, trátase de ‘Ícaras’, de Carlos Labraña. Os tres están publicados por Galaxia e conversamos co seu director de edicións, Marcos Calveiro

A penaltis 26-01-2026 26.01.2026
A crónica deportiva 26-01-2026 26.01.2026

O Celta e o Deportivo desaproveitan unha grande oportunidade de subir postos na táboa. Repasamos o sucedido no Real Sociedad 3 - Celta 1 e no Dépor 0 - Racing Santander 1. Na 1ª RFEF, vitoria do Lugo en Avilés e derrota do Ourense CF co Cacereño na Pinguela de Monforte. Na 2ª RFEF, a UD Ourense entra en postos de promoción de ascenso coa 3ª vitoria consecutiva.

Diario cultural fin de semana 24-01-2026 24.01.2026

Falamos con Aiadna Silva do documental "360 curvas", que recolle a loita de resistencia dos veciños da Fonsagrada contra o seu illamento e perda de servizos. Antía Amarante preséntanos o seu primeiro libro de poemas, "Vostede está aquí". Begoña Vázquez cóntanos os preparativos dos premios Feroz, que se entregan en Pontevedra. Lucía Carballeda amósanos a galería Dupla e conversa...

Άκου το podcast Todos os podcast | A crónica deportiva στο Replaio

Ραδιόφωνο και podcast σε μία εφαρμογή - δωρεάν, χωρίς εγγραφή. Εγκατάστησέ την σήμερα και μη χάσεις την πρεμιέρα

Κατέβασέ το από το Google Play

Το Replaio δεν είναι εκδότης podcast - τα ονόματα των εκπομπών, τα εξώφυλλα και ο ήχος ανήκουν στους δημιουργούς τους και διανέμονται μέσω δημόσιων ροών RSS