AGalegaAudio
Todos os podcast | A crónica deportiva
A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades
Μην παραλείψεις να επισκεφτείς τη σελίδα του podcast και να στηρίξεις τον δημιουργό: agalegaaudio.gal
Δημιουργός
AGalegaAudio
Κατηγορία
Ιστοσελίδα του podcast
Τελευταίο επεισόδιο
11 Οκτ 2026
Πού να ακούσεις;
Podcast στην εφαρμογή Replaio Radio Έρχεται σύντομαΤα podcast έρχονται σύντομα στην εφαρμογή. Εγκατάστησέ την τώρα και δες πρώτος μια εντελώς νέα προσέγγιση στα podcast
Επεισόδια
Luz entre as cinzas 28.12.2023 10:21
Coñecemos da man de Adra Pallón o que esconde a exposición 'Intrahistorias. Luz entre as cinzas'.
Balance musical 2023 28.12.2023 18:00
Tito Lesende fai balance do 2023, un gran ano para a creación musical en Galicia. Escoitamos algúns dos protagonistas dos últimos 12 meses: The Rapants, Fillas de Cassandra, Mondra, Xoel López e Tanxugueiras.
A crónica deportiva 28-12-2023 28.12.2023 29:58
O brasileiro Jailson Santos, de 28 anos, chegou o xoves a Vigo para pasar recoñecemento e se converter no mediocentro que reclama Rafa Benítez. No Deportivo da Coruña, David Mella quere ter ficha no primeiro equipo, pero di non ter présa. E no Lugo Víctor Narro dá as primeiras impresións sobre o novo adestrador, o portugués Alves.
Balance de música clásica de 2023 27.12.2023 11:54
Luís Miguel Crespo destaca os novos cambios nas orquestras galegas e o éxito de festivais coa música clásica como epicentro.
Estrea do filme Honeymoon 27.12.2023 11:28
O director de cine Enrique Otero explica os segredos de 'Honeymoon', un filme que se estrea o 12 de xaneiro de 2024.
Lembrando a Patricia Ferreira 27.12.2023 10:43
Falece a directora de cine Patrica Ferreira. Falamos coa produtora cinematográfica e directora membro de CIMA Chelo Loureiro e lembramos unha entrevista de Ana Romaní a Patricia Ferreira.
Balance do 2023 no patrimonio e a arqueoloxía 27.12.2023 14:45
Mario César Vila fai balance do ano 2023 no ámbito da cultura arqueolóxica. Achados, escavacións e actividades divulgativas.
A crónica deportiva 27-12-2023 27.12.2023 29:57
Cambio de rumbo no RC Celta: o club volverá ter un director deportivo propio co mexicano Garcés. En Lugo, escoitamos as primeiras impresións de Paulo Alvés logo e asinar como substituo de Munitis. E no ciclismo o director de O Gran Camiño, Ezequiel Mosquera, adiántanos as previsións para a edición de 2024.
Balance literario de 2023 26.12.2023 9:58
Dolores Vilavedra destaca a biografía de Basilio Álvarez, asinada polo historiador Miguel Cabo e publicada pola Deputación de Ourense. No xénero do teatro, sinala as obras de Ana Abad e Roberto Salgueiro.
Balance artístico de 2023 26.12.2023 13:24
Mónica Maneiro repasa o 2023 no ámbito da arte contemporánea en Galicia: o trixésimo aniversario do CGAC, a celebración do Ano Picasso, aperturas de novos espazos artísticos, o futuro do museo Carlos Maside ou a participación de Galicia na Porto Design Biennale.
A crónica deportiva 26-12-2023 26.12.2023 29:57
O presidente do Viaxes Interrías, Enrique Rodríguez, pasa polos Deportes da Galega para facer balance do ano do club de Sanxenxo, a gran revelación do fútbol feminino en Galicia. No masculino, ollamos para a xunta de accionistas que prepara o Racing de Ferrol e para a estrea do portugés Paulo Alves como novo adestrador do Lugo na 1ª RFEF.
Regalos culturais para este Nadal 23.12.2023 28:07
Algunhas ideas de regalos culturais: libros especiais como a colección de Clásicos Ilustrados de Aira Editorial, entradas para concertos como a xira ‘Síntese Horizonte’ de Guadi Galego, bonos para ir ao cine como os que ofrecen os cines Dúplex de Ferrol ou billetes para estreas escénicas do 2014 como ‘Iribarne’, da compañía Butaca Zero.
Luísa Villalta para todas as idades 22.12.2023 9:09
Eva Mejuto tráenos as primeiras publicacións sobre Luísa Villalta, homenaxeada das Letras de 2024, dirixidas ao público infantil e xuvenil. A primeira proposta é o álbum ilustrado 'Alma de violino', de Beatriz Maceda e Eli Ríos (Xerais), debuxado por Laura Suárez. Para lectorado a partir de 11 anos, Melodía de palabras (Xerais), escrito por María Canosa, con ilustracións de Laura Romero....
A crónica deportiva 22-12-2023 22.12.2023 29:58
Era un segredo a voces: Carlos Vicente e Carlos Mouriz anuncian que o extremo aragonés deixa Ferrol para asinar polo Alavés en Primeira División. A nova chega ao día seguinte da gran vitoria dos verdes en Valladolid, que os deixa en posto de ascenso. En Lugo, o portugués Paulo Alves soa como substituto de Munitis. E no baloncesto escoitamos a Mrsic e a Moncho Fernández antes do derbi galego da ACB...
A crónica deportiva 21-12-2023 21.12.2023 29:58
Convulsión no fútbol europeo: o Tribunal de Xustiza da UE dictamina que nin a FIFA nin UEFA poden vetar a creación dunha nova liga continental de clubs, o proxecto que impulsa o presidente do Real Madrid. En Galicia, lembramos a derrota do Celta co Villarreal e imos a Valladolid para ter a última hora do Racing. E no baloncesto, vitorias do Breogán na Liga de Campións e do Coruña e do COB na LEB.
Unha de videoxogos premiados 20.12.2023 12:55
Luz Castro tráenos varios videoxogos premiados: 'Avy, Fábulas da Noite', de Gamespond; 'XERME', de Acariño Games; e 'Sea of Stars', de Sabotage Studio.
A crónica deportiva 20-12-2023 20.12.2023 29:58
Conectamos con Castelló para asber como chega o Celta ao partido que vai xogar á noite na Cerámica. En Ferrol, Josep Señé, cunha rotura fibrilar, será baixa para viaxar a Valladolid. No fútbol galego escoitamos tamén os presidentes do Deportivo, que garante cartos para o mercado de inverno, e o Lugo, que xustifica a destitución de Munitis. E no baloncesto buscamos a última hora do Breogán antes do...
Dupla multiplica a súa proposta: 'El cubo perfecto' 19.12.2023 10:37
Mónica Maneiro comenta a última mostra da galería Dupla de Santiago, unha exposición colectiva na que participan oito artistas: Alba Galocha, Alberto Ash, Enay Ferrer, Iván Prieto, Lara Pintos, Lula Goce, Mario Soria e Mery Pais. As mostras de Dupla adoitan reunir dous artistas; a responsable da galería, Lucía C. Suárez, explícanos a idea detrás da proposta de ‘El cubo perfecto’.
Doar a voz, doar galego 19.12.2023 15:19
O Proxecto Nós busca que o galego sexa unha realidade no mundo dixital e na economia da intelixencia artificial. Elisa Fernández é a directora do Instituto da Lingua Galega.
Zënzar celebra cun concerto os seus ’35 anos bourando’ 19.12.2023 15:36
O grupo Zënzar (que daquela se chamaba Mördor) deu o seu primeiro concerto o 23 de decembro de 1988. Este 23 de decembro, 35 anos despois, celebran o aniversario cunha actuación na Sala Capitol de Santiago, na que os acompañarán Zeltia Irevire, Xenderal e membros de Dios ke te Crew, Machina, Kastomä ou Ruxe Ruxe. Falamos con Zënzar destes 35 anos, do libro que editarán en 2024 e do seu papel na hi...
A crónica deportiva 19-12-2023 19.12.2023 29:58
Rafa Benítez repasa nomes propios na previa do Villarreal-Celta: terá a baixa de Aspas e non conta con Carles Pérez mentres recuperou a confianza en Tapia. En Ferrol, Álex López pide calma antes da viaxe a Valladolid. Na Coruña, o Deportivo renova a Martín Ochoa, que tivo que ser operado. E no baloncesto, escoitamos a Mrsic na véspera do Breogán-Bonn, que decicirá a clasificación na Liga de Campió...
O 'Sete' de Susana Seivane 18.12.2023 20:25
En ‘Sete’, o seu sétimo traballo, Susana Seivane adéntrase coa gaita nos territorios do rock, do jazz, o funk ou mesmo os sons electrónicos. A gaiteira explora en formato disco os sons que leva aos escenarios coa súa banda desde hai anos. O álbum comeza coa peza ‘Non é non’, un alegato contra a violencia de xénero con palabras de Rosalía de Castro que reclama a liberdade persoal e creativa para as...
Arredor de Luísa Villalta 18.12.2023 9:49
Preséntase Luísa Villalta, alma de violino, un álbum ilustrado sobre a escritora a través das palabras que a definen. Conversamos con Beatriz Maceda, Eli Ríos e Laura Suárez.
Vinte anos de xogos populares e tradicionais 18.12.2023 13:51
No vixésimo aniversario da Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional falamos cunha das súas integrantes: Zeltia Labraña González.
A crónica deportiva 18-12-2023 18.12.2023 29:58
Tras repasar o sorteo dos oitavos de final da Liga de Campións de fútbol, actualizamos a situación dos equipos galegos trala fin de semana: o Celta segue antepenúltimo en Primeira e o Racing está cuarto na Segunda. Na 1ª RFEF, co Celta Fortuna líder, as novas do día son que o deportivista Martín Ochoa terá que ser operado e que o Lugo aínda non anunciou o substituto de Munitis.
Παρόμοια podcast
Το Replaio δεν είναι εκδότης podcast - τα ονόματα των εκπομπών, τα εξώφυλλα και ο ήχος ανήκουν στους δημιουργούς τους και διανέμονται μέσω δημόσιων ροών RSS