Radio Municipal de Tui
Informativos
Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.
Μην παραλείψεις να επισκεφτείς τη σελίδα του podcast και να στηρίξεις τον δημιουργό: www.ivoox.com
Δημιουργός
Radio Municipal de Tui
Κατηγορία
Ιστοσελίδα του podcast
Τελευταίο επεισόδιο
5 Νοε 2026
Πού να ακούσεις;
Podcast στην εφαρμογή Replaio Radio Έρχεται σύντομαΤα podcast έρχονται σύντομα στην εφαρμογή. Εγκατάστησέ την τώρα και δες πρώτος μια εντελώς νέα προσέγγιση στα podcast
Επεισόδια
O Enduro Cidade de Tui celebra o domingo a súa 11ª edición 27.05.2021 4:53
O Enduro regresa este domingo coa celebración en Randufe, Malvas e Pexegueiro do XI Enduro Cidade de Tui. Un centenar de pilotos participarán nesta proba a partir das 11 h. O parque pechado estará en Chan do Carrasco. Esta competición, que forma parte do programa de actividades deportivas da Eurocidade, presentouse esta mañá.
Posto informativo de compostaxe no mercado dos xoves - 27 de maio 27.05.2021 2:38
Hoxe volveu a estar, ao igual que a pasada semana, o posto informativo sobre a compostaxe no mercado semanal. Falamos alí mesmo, na súa carpa no mercado, coa mestra composteira do Concello de Tui, Sara Luque, e co mestre composteiro en prácticas, Pablo Vidal. Explicaban o traballo informativo que están levando a cabo no mercado.
Noticias 13.30 h – Xoves, 27 de maio de 2021 27.05.2021 30:19
Toda a actualidade informativa deste xoves, 27 de maio de 2021, en Noticias 13.30 h. Falamos da situación epidemiolóxica, do pleno ordinario que celebra hoxe ás 20h a corporación municipal de Tui e escoitamos as palabras do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, en resposta a concentración cidadá convocada esta tarde ás 19h, en protesta polo proxecto do aparcamento na traseira da Área Panorámica.
Noticias 13.30 h – Mércores, 26 de maio de 2021 26.05.2021 28:56
Toda a actualidade informativa deste mércores, 26 de maio de 2021, en Noticias 13.30 h. Falamos da situación epidemiolóxica e escoitamos en directo a comparecencia do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo. Anunciou a ampliación de asitentes nas reunións de non convivintes e hostalería a 6 persoas no interior e a 10 no exterior. Amplíase tamén os aforos, entre outros, no comercio e n...
Noticias 13.30 h - Martes, 25 de maio de 2021 25.05.2021 25:10
Toda a actualidade informativa deste martes, 25 de maio de 2021, en Noticias 13.30 h. Falamos da situación epidemiolóxica, do pleno ordinario que celebra este xoves a corporación municipal de Tui ou do comezo das obras de construción do acceso ao parque empresarial de Areas dende a A55 e a VAC Tui-A Guarda.
Noticias 13.30 h – Luns, 24 de maio de 2021 24.05.2021 28:28
Toda a actualidade informativa deste luns, 24 de maio de 2021, en Noticias 13.30 h.
Noticias 13.30 h - Venres, 21 de maio de 2021 21.05.2021 29:29
A actualidade deste venres, 21 de maio de 2021, en Noticias 13.30 h. Falamos un día máis da situación epidemiolóxica, FITUR, da graduación de bacharelato do IES San Paio e da Final Four desta fin de semana na que o Balonmán Tui xógase o ascenso a Primeira autonómica.
Ent. Salvador García, pte. Asociación Afectados - 3º aniversario da explosión 21.05.2021 3:01
Este domingo é 23 de maio. Cumprense 3 anos da explosión no barrio da Torre en Paramos. Neste terceiro aniversario a Asociación de Afectados convoca un acto este domingo ás 16 h no que dará lectura a un manifesto e exporá a situación actual dos veciños,. Farán tamén a entrega floral e un minuto de silencio, polos veciños falecidos na catástrofe. Falamos deste terceiro aniversario con Salvador Garc...
Posto informativo de compostaxe no mercado dos xoves 21.05.2021 2:16
Onte estivo no mercado dos xoves de Tui un posto informativo sobre a compostaxe. Durante toda a mañá a mestra composteria do Concello de Tui, Sara Luque, e o mestre composteiro en prácticas, Pablo Vidal, informaban a veciñanza sobre o Plan Municipal de Compostaxe e os novos centros de compostaxe comunitaria que estarán proximamente operativos a carón da praza de Abastos e na avenida da Concordia....
A Final Four de ascenso a 1ª Autonómica de Balonmán masculino xógase na fin de semana en Tui 20.05.2021 5:09
Tui vivirá unha festa do balonmán esta fin de semana ao acoller a Final Four de ascenso a 1ª Autonómica de Balonmán masculino. O novo pavillón de deportes acollerá os partidos con todas as medidas de seguridade e reserva de entrada en www.cluber.es. O Club Balonmán Tui será o anfitrión e buscará o ascenso tras unha temporada difícil debido á pandemia. Hoxe presentouse a competición.
Noticias 13.30 h - Xoves, 20 de maio de 2020 20.05.2021 25:52
A actualidade deste xoves, 20 de maio de 2020, en Noticias 13.30 h
Noticias 13.30 h – Mércores, 19 de maio de 2021 19.05.2021 23:59
Toda a actualidade informativa deste mércores, 19 de maio de 2021, en Noticias 13.30 h
Noticias 13.30 h – Martes, 18 de maio de 2021 18.05.2021 28:09
Toda a actualidade informativa deste martes, 18 de maio de 2021, en Noticias 13.30 h
Noticias 13.30 h - Venres, 14 de maio de 2021 14.05.2021 29:01
Tui rexistra hoxe 17 casos de covid diagnosticados nos últimos 14 días, tres máis que onte. A 7 días rexistra 12 casos cando onte estaba por baixo de nove. Toda a actualidade informativa deste venres, 14 de maio de 2021, en Noticias 13.30 h
Noticias 13.30 h - Xoves, 13 de maio de 2021 13.05.2021 24:27
Tui rexistra hoxe 14 casos de covid diagnosticados nos últimos 14 días, un menos que onte. A 7 días rexistra menos de 9 casos. Toda a actualidade informativa deste xoves, 13 de maio de 2021, en Noticias 13.30 h
Noticias 13.30 h - Mércores, 12 de maio de 2021 12.05.2021 26:48
Tui pasará este venres ao nivel medio-baixo de restriccións logo de estar en nivel medio durante as últimas semanas. Toda a actualidade informativa deste mércores, 12 de maio de 2021, e a programación polo Día das Letras Galegas, en Noticias 13:30.
Noticias 13.30 h - Martes, 11 de maio de 2021 11.05.2021 24:42
A actualidade informativa deste martes, 11 de maio de 2021, en Noticias 13:30.
Noticias 13.30 h -Luns, 10 de maio de 2021 10.05.2021 28:30
Tui rexistra hoxe 16 casos de covid diagnosticados nos últimos 14 días, dous menos que onte. A 7 días rexistra menos de 9 casos. Toda a actualidade informativa deste luns, 10 de maio de 2021, en Noticias 13.30 h
Noticias 13.30 h - Venres, 7 maio de 2021 07.05.2021 29:40
A actualidade informativa desta venres, 7 de maio, de 2021, con especial atención á situación epidemiolóxica e as novas medidas que entrarán en vigor este domingo, en Noticias 13.30 h. Tamén as citas para a fin de semana e os deportes.
Noticias 13.30 h -Xoves, 6 de maio de 2021 06.05.2021 26:15
Tui rexistra hoxe 30 casos de covid diagnosticados nos últimos 14 días, tres máis que onte. A 7 días rexistra menos de 9 casos. Toda a actualidade informativa deste xoves, 6 de maio de 2021, en Noticias 13.30 h
Noticias 13.30 h - Mércores, 5 de maio de 2021 05.05.2021 28:25
Nova baixada hoxe en Tui na incidencia da covid. 27 casos a 14 días, 5 menos que onte, e menos de 9 casos a 7 días, onte eran 10. Toda a actualidade informativa deste mércores, 5 de maio de 2021, en Noticias 13.30 h
Noticias 13.30 h - Martes, 4 de maio de 2021 04.05.2021 22:06
Nova baixada hoxe en Tui na incidencia da covid. 32 casos a 14 días, 2 menos que onte, e os mesmos a 7 días, son 10. Toda a actualidade informativa deste martes, 4 de maio de 2021, en Noticias 13.30 h
Noticias 13.30 h - Luns 3 de maio de 2021 03.05.2021 27:19
Nova baixada hoxe en Tui na incidencia da covid. 10 casos a 7 días, 3 menos que onte, e os mesmos a 14 días, son 34. Toda a actualidade informativa deste luns, 3 de maio de 2021, en Noticias 13.30 h
Noticias 13.30 h -Venres, 30 de abril de 2021 30.04.2021 31:17
Falamos da situación epidemiolóxica e da apertura das fronteiras con Portugal a partir de mañá. Toda a actualidade informativa deste venres, 30 de abril de 2021, en Noticias 13.30 h
Noticias 13.30 h - Xoves, 29 de abril de 2021 29.04.2021 27:02
Tui rexistra hoxe 25 casos de covid diagnosticados nos últimos 7 días e 35 casos a 14 días, cinco máis que na anterior xornada en ambos indicadores. Toda a actualidade informativa deste xoves, 29 de abril de 2021, en Noticias 13.30 h
Παρόμοια podcast
Το Replaio δεν είναι εκδότης podcast - τα ονόματα των εκπομπών, τα εξώφυλλα και ο ήχος ανήκουν στους δημιουργούς τους και διανέμονται μέσω δημόσιων ροών RSS