Radio Municipal de Tui

Informativos

News GL ↓ Επεισόδια: 3670

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.

Μην παραλείψεις να επισκεφτείς τη σελίδα του podcast και να στηρίξεις τον δημιουργό: www.ivoox.com

Δημιουργός

Radio Municipal de Tui

Κατηγορία

News

Ιστοσελίδα του podcast

www.ivoox.com

Τελευταίο επεισόδιο

3 Νοε 2026

Πού να ακούσεις;

Podcast στην εφαρμογή Replaio Radio Έρχεται σύντομα

Τα podcast έρχονται σύντομα στην εφαρμογή. Εγκατάστησέ την τώρα και δες πρώτος μια εντελώς νέα προσέγγιση στα podcast

Κατέβασέ το από το Google Play Δωρεάν εγκατάσταση Android σχεδόν 10 εκατ. λήψεις · βαθμολογία 4,7+ iOS σύντομα

Επεισόδια

Noticias 13.30 h - Martes, 8 de marzo de 2022 08.03.2022

A conmemoración do Día Internacional da Muller, neste 8 de marzo, centrou hoxe boa parte do informativo Noticias 13.30 h. Recollemos tamén outras novas coma o investimento de 9,4 millóns na Catedral de Tui e citas para os próximos días.

Noticias 13.30 h - Luns, 7 de marzo de 2022 07.03.2022

A actualidade deste luns, 7 de marzo de 2022, en Noticias 13.30 h. Recollemos o anuncio do investimento de máis de 9 millóns de euros no Catedral de Tui ao abeiro do Plan das Catedrais 2021-2027, falamos de obras na estrada provincial en Ribadelouro, dos actos do 8M, e doutras novas destacadas do día en Tui e no Baixo Miño.

Noticias 13.30 h - Venres, 4 de marzo de 2022 04.03.2022

En Noticias 13.30 h na Radio Municipal de Tui recollemos a actualidade informativa deste venres, 4 de marzo de 2022 en Tui e no Baixo Miño, as citas da fin de semana e o deporte.

Noticias 13.30 h- Xoves, 3 de marzo de 2022 03.03.2022

A actualidade informativa deste xoves, 3 de marzo de 2022, en Noticias 13.30 h. O Concello de Tui convoca unha reunión informativa sobre o proxecto dunha senda fluvial no río Furnia, comeza o programa Xuntas Aprendemos, e o trompetista Manuel Madarnás presenta o seu traballo "La MMArca" mañá no Teatro Municipal. Estas son parte das novas que recollemos hoxe.

Noticias 13.30 h - Mércores, 2 de marzo de 2022 02.03.2022

A actualidade deste mércores, 2 de marzo de 2022, en Noticias 13.30 h. A evolución da covid, os datos do desemprego do mes de febreiro, as reunións informativas convocadas polo Concello de Tui en Malvas e Pexegueiro, e o inicio do ciclo Xuntas Aprendemos, son parte das novas que hoxe recollemos.

Noticias 13.30 h -Luns, 28 de febreiro de 2022 28.02.2022

A actualidade deste luns, 28 de febreiro de 2022, en Noticias 13.30 h. Hoxe coa evolución da covid, o resumo da entrevista co alcalde de Tui pechando a rolda cos voceiros municipais, as celebracións do Entroido e o deporte.

Ent.Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Barco do proxecto Miño, destino navegable 25.02.2022

Hoxe comezaron as rúas do proxecto Miño, destino navegable, que inclúen un percorrido fluvial. O barco que se emprega reúne todas as condicións de navegabilidade e seguridade como afirmaba o alcalde, Enrique Cabaleiro, saíndo ao paso da publicación recollida hoxe nun medio de comunicación. Os catro municipios do proxecto esixirán unha rectificación e estudarán accións legais.

Noticias 13.30 h - Venres, 25 de febreiro de 2022 25.02.2022

A actualidade este venres, 25 de febreiro de 2022. Hoxe comezamos o informativo co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, quen cualificaba de "moi grave e infundada" a publicación hoxe nun medio de comunicación dunha información sobre as condicións de navegabilidade do barco do proxecto Río Miño, destino navegable. Repasamos a situación con respecto á covid, os investimentos en Tui e A Guarda do Plan...

Noticias 13.30 h - Xoves, 24 de febreiro de 2022 24.02.2022

A actualidade deste xoves, 24 de febreiro de 2022, en Noticias 13.30 h. Subiron hoxe o número de casos de covid en Tui, damos conta da incorporación da Oficina de Turismo de Tui á rede InfoRíasBaixas, e da apertura da inscrición no MUMI. O Entroido, e o Deporte están tamén presentes neste tempo de información.

Noticias 13.30 h - Mércores, 23 de febreiro de 2022 23.02.2022

En Noticias 13.30 h neste mércores 23 de febreiro de 2022, damos conta da incidencia da covid nos concellos da zona, recollemos o resumo da entrevista con Carmen Núñez, voceira do BNG, repasamos as actividades coas que se celebra hoxe o Día de Rosalía, e tamén as citas que haberá no Entroido, entre outras novas.

Noticias 13.30 h - Martes, 22 de febreiro de 2022 22.02.2022

A actualidade deste martes, 22 de febreiro, en Noticias 13.30 h. A evolución da covid na comarca, a reivindicación de que os fondos POCTEP, sexan prinicipalmente para o fondo de fronteira, o resumo da entrevista con José Ángel Fernández, voceiro do PP en Tui, son parte das novas deste día. Tamén a presentación do MUMI que chegará á Eurocidade o 29 e 30 de setembro e o 1 de outubro, a sétima confer...

Noticias 13.30 h - Venres, 18 de febreiro de 2022 18.02.2022

A actualidade deste venres, 18 de febreiro de 2022, en Noticias 13.30 h. A melloría na incidencia da covid, os datos de record en xaneiro na Oficina Municipal de Turismo, as citas da fin de semana o deporte son parte das novas que recolle no informativo de hoxe.

Noticias 13.30 h - Xoves, 17 de febreiro de 2022 17.02.2022

A actualidade deste xoves, 17 de febreiro de 2022, recollémola en Noticias 13.30 h. Damos conta da baixada de casos de covid nos concellos da zona e falamos de turismo pola presentación da certificación en Portugal do Camiño Portugués da Costa, da cifra record de turistas e peregrinos na Oficina Municipal de Turismo de Tui, e tamén de propostas culturais e de lecer para os próximos días.

Noticias 13.30 h - Mércores, 16 de febreiro de 2022 16.02.2022

En Noticias 13.30 h deste mércores, 16 de febreiro de 2022, recollemos a melloría da incidencia da covid. Falamos de obras coa execución do acceso ao polígono de Areas e na estrada provincial en Rebordáns. A estrea que A Panadaría realiza este venres no Teatro Municipal de Tui, as actividades previstas polo Día de Rosalía, e a próxima cita no Foro do Camiño Portugués, son outras das novas do día.

Noticias 13.30 h - Martes, 15 de febreiro de 2022 15.02.2022

A evolución na incidencia da covid, a reunión informativa sobre o programa SICTED prevista o martes 22 en Tui, a conversa con José Manuel Palacín, voceiro de C21, son parte das noticias deste martes, 15 de febreiro. Tamén damos conta da estrea de "As que limpan" de A Panadaría, do concerto solidario que haberá este domingo no Amazonas en Tui, e da obra teatral de Baobab Teatro que o domingo chegar...

Noticias 13.30 - Luns, 14 de febreiro de 2022 14.02.2022

Os concellos da nosa zona teñen unha IA nos últimos 7 días inferior a 1000 casos/100 mil habitantes. Esta é unha das novas que recollemos hoxe en #Noticias1330h. Tamén repasamos a conmemoración dos 10 anos da Eurocidade Tui-Valença coa estrea da Orquestra da Eurocidade. Completamos o repaso a actualidade do día con outras novas, as citas da xornada e o deporte.

Noticias 13.30 h -Venres, 11 de febreiro de 2022 11.02.2022

A celebración dos 10 anos da Eurocidade Tui-Valença centro boa parte do #Noticias13.30 h desta xornada. Tamén recollemos a evolución da incidencia da covid, a creación da Aula Mentor en Tui, as citas para a fin de semana e a información deportiva.

Noticias 13.30 h - Mércores, 9 de febreiro de 2022 09.02.2022

A actualidade deste mércores, 9 de febreiro de 2022 en Noticias 13.30 h na Radio Municipal de Tui. A incidencia da covid, os convenios asinados polo Concello de Tui coa Deputación e Zona Franca, a concentración en defensa da Atención Primaria e o décimo aniversario da Eurocidade Tui-Valença son parte das novas deste día.

Noticias 13.30 h - Martes, 8 de febreiro de 2022 08.02.2022

A actualidade deste martes, 8 de febreiro de 2022, en Noticias 13.30 h

Noticias 13.30 h - Luns, 7 de febreiro de 2022 07.02.2022

A actualidade deste luns, 7 de febreiro de 2022, en Noticias 13.30 h

Noticias 13.30 h - Venres, 4 de febreiro de 2022 04.02.2022

A actualidade deste venres, 4 de febreiro de 2022, en Noticias 13.30 h

Noticias 13.30 h - Xoves, 3 de febreiro de 2022 03.02.2022

A actualidade deste xoves, 3 de febreiro de 2022, en Noticias 13.30 h

Unha nova oficina da a benvida a visitantes e peregrinos en Tui 02.02.2022

No céntrico Paseo da Corredoira sitúase a nova Oficina de Turismo de Tui. Céntrica, accesible e ao abeiro a da marca Río Miño, destino navegable, este novo equipamento marca un antes e un despois na atención a visitantes e turistas. Hoxe foi a inauguración, e así o contamos en Noticias 13.30 h

Noticias 13.30 h - Mércores, 2 de febreiro de 2022 02.02.2022

A actualidade deste mércores, 2 de febreiro de 2022, en Noticias 13.30 h

Noticias 13.30 h - Martes, 1 de febreiro de 2022 01.02.2022

A actualidade deste martes, 1 de febreiro de 2022, en Noticias 13.30 h

Άκου το podcast Informativos στο Replaio

Ραδιόφωνο και podcast σε μία εφαρμογή - δωρεάν, χωρίς εγγραφή. Εγκατάστησέ την σήμερα και μη χάσεις την πρεμιέρα

Κατέβασέ το από το Google Play

Το Replaio δεν είναι εκδότης podcast - τα ονόματα των εκπομπών, τα εξώφυλλα και ο ήχος ανήκουν στους δημιουργούς τους και διανέμονται μέσω δημόσιων ροών RSS