Radio Burela

Grandes Vozes do Nosso Mundo

Music GL ↓ 446 Folgen

Programa musical de Rádio Burela, dirigido por Marco Pereira. Um espaço de uma hora semanal, emitido todas as sextas-feiras entre as sete e as oito da tarde. Uma iniciativa feita desde a Marinha do Cantábrico para favorecer o diálogo musical entre todas as grandes vozes do nosso mundo. As da música galega e as dos países que acolheram e deram vida ao nosso idioma: as grandes vozes de Portugal e do Brasil, de Cabo Verde, Angola e Moçambique... e ainda mais. Grandes Vozes do Nosso Mundo nasce de mãos dadas com os Cantos na Maré, a referência com a qual partilha o espírito universalista e integra...

Besuch unbedingt die Website des Podcasts und unterstütze die Macher: www.ivoox.com

Autor

Radio Burela

Kategorie

Music

Podcast-Website

www.ivoox.com

Neueste Folge

11. Okt 2026

Wo hören?

Podcasts in der App Replaio Radio Bald verfügbar

Podcasts kommen bald in die App. Installiere sie jetzt und erlebe als Erster einen ganz neuen Blick auf Podcasts

Bei Google Play herunterladen Kostenlos installieren Android fast 10 Mio. Downloads · Bewertung 4,8 iOS bald

Folgen

Ep. 321- A PRIMAVERA DO SONORO MAXÍN [Grandes Vozes do Nosso Mundo] 26.06.2023

Estaban desaparecidos, mais nós conseguimos dar con eles e ter a certeza de que regresan aos palcos. Ico atendeu a nosa chamada e explicounos o contido da nova entrega: A primavera ten que ser nosa. Durante todas estas próximas semanas, a banda percorrerá toda a xeografía galega para interpretar o seu repertorio clásico e os temas recén saídos do forno. Estamos felices de transmitir esta novidade

Ep. 320- ANTOLOGIA MUSICAL [Grandes Vozes do Nosso Mundo] 19.06.2023

Abrimos esta antoloxía musical cos "Mares", de la Quinkillada. Inmediatamente a seguir, recuperamos a banda que presentamos na semana pasada: Dioivo. O tema: "Golpe por golpe". A posterior selección comeza comeza coa "Conacheira", continúa co "Há mulheres e mulheres" do Landrick para chegar á "Magia" do Rodrigo Cuevas. Completamos o programa con Malta, Ialma, Salvador Seixas, Socorro Lira, Willian...

Ep. 319- DIOIVO [Grandes Vozes do Nosso Mundo] 12.06.2023

Dioivo é unha palabra con varios significados: un medievalismo para designar a chuva torrencial; unha plataforma de comunicación galega, que agora mesmo xa non existe; e unha formación musical de METAL EXTREMO, formada por dous vigueses (Dani Valadares e Xacobo Mouriño). Con eles falamos sobre Rosalía de Castro, Florencio Delgado Gurriarán, Xosé Luís Méndez Ferrín e Darío Xoán Cabana.

Ep. 318- XOÁN GOÍA [Grandes Vozes do Nosso Mundo] 05.06.2023

Neste programa falamos de Fene -na entrada da ría de Ferrol- e das alturas de Xermade, unha das portas da Terra Chá. O protagonista da nosa conversa chámase Xoán Goía e fai de ponte entre estas dúas terras. A súa materia prima: a música. Esta é unha oportunidade para coñecer Goía, Férvedes e outros diversos lugares da Serra da Carba. Tamén para coñecer o primeiro disco deste compositor e intérpret...

Ep. 317- ESPECIAL PREMIOS MARTIN CODAX [Grandes Vozes do Nosso Mundo] 28.05.2023

Outro ano máis, dedicamos o programa a coñecer as músicas de solistas e bandas finalistas dos premios Martín Codax. Marco Pereira preparou unha hora de música destinada a ofrecer unha panorámica de todos os estilos. Abren a grella musical as Fillas de Cassandra e continúan Madalena Gamalho, Boyanka Kostova, os Arrhythmia e Sinestesia. Na segunda metade é o momento de Udra, Lontreira, Monboi, Xurxo...

Ep. 316- Davide Salvado - Permita Deus [Grandes Vozes do Nosso Mundo] 14.05.2023

Davide Salvado prepara novo disco. O título: Permita Deus. As letras: de Manolo Cortés. Con motivo do paso do artista polo Museo do Mar, de San Cibrao, falamos das letras e das músicas do novo disco; comentamos os vínculos interculturais da súa traxectoria; e viaxamos ao corazón dos Ancares, onde Davide Salvado se vai instalar nun futuro próximo.

Ep. 315- Visión Panorámica-2 Grandes Vozes do Nosso Mundo] 08.05.2023

Abrimos o programa co novo traballo das Tanxugueiras: Aire. Despois de tomarmos folgos co trío galego, entramos en Portugal con Calema: A nossa dança. Despois de viaxarmos ao Brasil a través da voz da Socorro Lira, retornamos á Galiza cun clásico: o "Aí vén o maio", de Curros, interpretado por Luís Emilio Batallán. Luísa Sobral, Guezos, Tito Paris e Sonia Shirsat son algunhas das outras grandes vo...

Ep. 314- VISIÓN PANORÁMICA [Grandes Vozes do Nosso Mundo] 01.05.2023

Programa de visión panorámica das músicas dos países de raíz galega. Neste ocasión temos as Tanxugueiras, da Galiza, e Ildo Lobo, de Cabo Verde. Xunto con clásicos Luar na Lubre, facemos descubertas como a do Vic López, a quen dedicamos o programa da semana pasada. Todo nunha hora de música e palabra. Todo no programa emitido simultaneamente na Galiza, en Portugal e no Brasil.

Ep. 313- ViC LÓPEZ - TIGRE DE CIDADE [Grandes Vozes do Nosso Mundo] 23.04.2023

Vic López é un galego-asturiano ou un astur-galego que comezou na música con cinco anos de idade na escola de música de Xove. Con dez, comezou a versionar música de bandas e solistas internacionais. Após a experiencia musical en DesiguaLex Rock e en SphínteR, durante o confinamento comezou a escribir as cancións. Desde hai uns meses, componlles a música. Coñecedora dos tres temas de produción prop...

Ep. 312- Silvia Penas - CINTA ADHESIVA [Grandes Vozes do Nosso Mundo] 16.04.2023

Cinta Adhesiva é o grupo poético-musical de Vigo que une poesía, música, teatro e vídeo. Todo nun espectáculo global. Unha das súas metas inminentes é a participación no próximo Super Bock Rock de 2023 en Lisboa. Para iso debe ter o apoio do público, un apoio que nós solicitamos. Con Silvia Penas, falamos da banda e desta nova aventura.

Ep. 311- A POUSADA DA GALIZA IMAXINARIA [Grandes Vozes do Nosso Mundo] 09.04.2023

Todo un universo en só seis palabras: A Pousada da Galiza Imaxinaria. É un lugar real. Un espazo para cumprir felices soños mantendo os pés na terra. Esta sala de espectáculos está en Boiro e agora chega ao trixésimo aniversario, que celebramos coa súa voz: Suso Santamaría.

Ep. 310- EXERIA: Un novo nome [Grandes Vozes do Nosso Mundo] 02.04.2023

Formada por músicos xa rodados e maiormente influenciados polo grunge e o rock dos 90 -a música da súa infancia-, Exeria nace pouco despois da pandemia que obrigou a deter calquera iniciativa musical. As raíces son importantes para calquera proxecto. Neste sentido, a sensación de pertenza a un lugar e a un tempo concretos determina unha mirada e un xeito de crear as súas cancións, formando así o c...

Ep. 309- TOMÁS PORTEIRO - SINESTESIA [Grandes Vozes do Nosso Mundo] 25.03.2023

Por que non retorna Sinestesia ao panorama da música galega? Obviamente, non retorna porque nunca tiña marchado. Certo é que agora están con moita máis intensidade. As palabras de Tomás Porteiro así o transmiten. Abrimos a entrevista cunha música de Antía Muíño, feliz colaboradora de Sinestesia. Despois, a conversa está centrada no novo disco de Sinestesia.

Ep. 308- PATTY CASTRO [Grandes Vozes do Nosso Mundo] 08.03.2023

O Deixe falar desta semana está dedicado a PATTY CASTRO. Locutora de radio, promotora artística, integrante da equipa directiva da Asociación Músicas Ao Vivo; actriz da narración oral; coordenadadora de Mulleres Galegas Kañeras. O Grandes Vozes falou con ela sobre varios temas: os irmáns de armas na LOITA AMADA; a dinamización social coa asociación Arousa Moza; o Acouga sosego; Galiza Metálica; o...

Ep. 307 - NOELIA PERPETUO - QUERO CANTAR [Grandes Vozes do Nosso Mundo] 27.02.2023

"Quero Cantar" é o certame de música infantil e xuvenil organizado pola Deputación da Coruña. Até as 14 horas do próximo día 15 de marzo está aberto o prazo para participar en dúas categorías: a categoría A, para crianzas de menos de 12 anos; e a categoria B para adolescentes, de 13 a 16 anos. Os premios son ben atractivos: a participación nun programa formativo con moita prática, porque contempla...

Ep. 306 - UBALDO CERQUEIRO - Día dos Medios en Galego [Grandes Vozes do Nosso Mundo] 07.02.2023

Celebramos o Día dos Medios en Galego e facémolo con música do Grande Amore e de Ortiga con Pili Pampín. No momento da conversa, temos unha entrevista con Ubaldo Cerqueiro, do xornais Que pasa na costa? e Xornal da Coruña. Antes de despois, temos a mellor música da Galiza, de Portugal e dos países de raíz galega.

Ep. 305 - MANOELE de FELISA [Grandes Vozes do Nosso Mundo] 01.02.2023

Manoele de Felisa chega aos 25 anos no panorama da discografia galega. Nós celebrámolo con el, xusto no momento en que anuncia unha nova xira de 2023. O músico de Orballo (1999), Chove (2005), De Felisa a María Mariño (2007), Cantos de Lembranza (2014) e Cancioneiro do Camiño (2021) continúa con paso firme.

Ep. 304 - TECOR SOCIETÁRIO [Grandes Vozes do Nosso Mundo] 25.01.2023

Este é o programa dedicado ao TEcor Societário, un grupo musical campitaneado por Xabi, músico orixinário de Rinlo (Ribadeo). Inicialmente, dá a impresión de que son un grupo moi metaleiro. Despois fica moi claro que "non é tan fero o león como o pintan". Se pensas que non é verdade, escoita... Xa nos dirás o que che pareceu!

Ep. 303 - ALBA FERNÁNDEZ - SALA A SACABEIRA [Grandes Vozes do Nosso Mundo] 15.01.2023

Este Deixe Falar singular foi gravado no palco dunha desas salas que ofrecen músicas ao vivo. É a Sacabeira, na Mariña do Cantábrico, á beira do río Xunco -na localidade de Sargadelos- e só uns minutos de Viveiro, de Burela ou de San Cibrao. Un deses lugares emblemáticos da música ao vivo, como a Arca da Noe en Vilar de Santos; o Gatos en Melide ou o Buril en Sarria. Aínda que organizou 26 concert...

Ep. 302 - Paulo Carracedo, "Jasper" - Loita Amada Revolucionaria [Grandes Vozes do Nosso Mundo] 08.01.2023

Dicía a canción que "non estamos listos e que non estamos todos", mais aínda así Paulo Carracedo, "Jásper", e Nébeda Piñeiro decidiron arriscar para sair camiñando e nós con eles. É certo que non sabemos nadar, mais temos a forza e a capacidade necesarias para aprender. E só se aprende facendo camiño. Esta canción que leva por título Naufraxio dá paso á conversa en que comprobamos que Naufraxio no...

Ep. 301 - Toninho da Lomba [Grandes Vozes do Nosso Mundo] 28.12.2022

REXURDIR é o título dun novo traballo discográfico dunha banda que fai música coa fusión do RAP e o Rock máis metálico. Chámanse QFB e naceron no último decénio do século pasado na cidade da Coruña. Chegou un momento en que pararon de tocar... e agora reaparecen con mais forza. Dous Davides -un na voz e outro no baixo-, un Zalo e un Dario, forman o quinteto QFB, que ten en Toninho da Lomba o porta...

Ep. 300: JINETES del TRÓPICO:o reguetón galego 18.12.2022

Chegamos ás trescentas semanas en antena e continuamos conversando con bandas e solistas da Galiza, de Portugal, do Brasil, de Moçambique ou de Angola, do Brasil, de Goa ou de Macau. Neste programa viaxamos á RIBEIRA SACRA galega para falarmos con ToñYto García, dos Jinetes del Trópico, que fan reguetón, reage e bachata. Todo para unir FESTA, LOITA e LIBERDADE.

Ep. 299: CRUA: O GRUPO DE ADUFEIRAS CHEGA A LUGO 11.12.2022

Depois de estarem em Famalicao e na Póvoa de Varzim, vão estar na cidade de Lugo. Chamam-se CRUA e, através da música tradicional, conseguem manter a identidade própria e captar a atenção de públicos bem diferentes. O seu repertório é plural, mas sempre com duas presenças: um instrumento, o adufe; e umha terra, Portugal. Rita e Diana concederam entrevista para o Grandes Vozes. Este é o resultado d...

Ep. 298: TERESA NÉCEGA [GRANDES VOZES] 05.12.2022

Celebrouse en Santiago de Compostela un Foro de Música Relixiosa Galega e unha das participantes foi a profesora Teresa Nécega, que falou con nós en calidade de compositora e intérprete musical. Como é habitual, para alén da conversa, escoitamos dúas pezas musicais da súa autoría: unha para abrir e outra xusto no final da entrevista. Outra feliz descuberta do Grandes Vozes.

Ep. 297: SONdaRúa [GRANDES VOZES] 27.11.2022

SondaRúa están en plena xira de despedida e a resposta ambiental está sendo magnífica. Anúncianse os concertos e en poucos días todas as entradas están vendidas e aínda máis se venderían se os locais tivesen un aforo maior. Recentemente estiveron en Lalín e Ferrol, e van estar en Pontevedra, Cangas, no GATOS de Melide, na REBULLÓN de Mos, na Mardi Gras da Coruña, na Candeloria de Lugo e o 14 de ab...

Höre den Podcast Grandes Vozes do Nosso Mundo in Replaio

Radio und Podcasts in einer App - kostenlos und ohne Anmeldung. Installiere sie noch heute und verpasse den Start nicht

Bei Google Play herunterladen

Replaio ist kein Herausgeber von Podcasts; die Namen der Sendungen, Cover und Audioinhalte gehören ihren Autoren und werden über öffentliche RSS-Feeds verbreitet