PontevedraViva Radio
Cara a cara
'Cara a cara' son entrevistas distendidas y un plus. Entrevistas con autores sobre sus novedades literarias acompañadas de recreaciones sonoras. Entrevistas con artistas acompañadas de sus lanzamientos o estrenos. Entrevistas a quienes apetece preguntar y a quienes apetece escuchar. Con Marisa Ciordia
Besuch unbedingt die Website des Podcasts und unterstütze die Macher: www.ivoox.com
Wo hören?
Podcasts in der App Replaio Radio Bald verfügbarPodcasts kommen bald in die App. Installiere sie jetzt und erlebe als Erster einen ganz neuen Blick auf Podcasts
Folgen
Cara a cara #111: Nacho Fernández e Ángel Torres 23.05.2018 13:43
Nacho Fernández e Ángel Torres, gañadores dos premios Incuvi Emprende 2017 e Incuvi Avanza 2018, falan con Sara Lago do seu proxecto gañador, a Mediación Móbil, unha ferramenta de resolución de conflitos moi solicitada como alternativa á vía xudicial.
Cara a cara #110: José Ramón Gómez 16.05.2018 29:21
Hai cuestións que como dentes de sierre repuntan e rebaixan a súa intensidade. É o caso do chamado "peche" de camas hospitalarias que este mes deu lugar a accións de protesta entre o persoal da área sanitaria de Pontevedra. Preguntamos sobre esta planificación nao xerente deste Complexo Hospitalario, José Ramón Gómez.
Cara a cara #109 Pedro Alonso 09.05.2018 14:29
Pedro Alonso, submarinista por afección, fusionou os seus grandes hobbies: o mergullo, a fotografía e o vídeo para ensinarnos a todos os que nos movemos pola superficie o que esconden os fondos mariños galegos. Neste Cara a cara é entrevistado por Clara Alonso.
Cara a cara #108: Susana Ruiz Mostazo 02.05.2018 13:32
Con 22 anos descubriu a escalada. Desde 2013 viaxou a Nepal, Groenlandia, África, ou Rusia. En todas estas viaxes acompáñalle a diabetes, diagnosticada con 11 anos. Acaba de participar na Pontevedrada e dar unha das súas conferencias en Marín: Os soños non teñen cima.
Cara a cara #107 Pontevedrada 2018 25.04.2018 23:35
A Pontevedrada é unha marcha nocturna solidaria entre Pontevedra e Santiago de Compostela. O obxectivo que persegue a iniciativa é concienciar sobre a importancia de facerse doante, sexa sangue, tecidos ou órganos. Este próximo 28 de abril chegará á súa oitava edición. Sara López entrevista ao seu promotor, o xornalista Raúl Álvarez.
Cara a cara #106: Verónica Alfonsín 18.04.2018 11:35
A visita a unha consulta óptica resulta algo excepcional en poboacións de Marrocos. Para axudar a paliar ese déficit sanitario a Fundación Alain Afflelou desde hai once anos colabora co proxecto "O deserto dos nenos". A pontevedresa Verónica Alfonsín comparte a súa experiencia en PontevedraViva Radio: "é a segunda que ía, cría que non me resultaría tan intensa como a primeira, pero si. Dáste conta...
Cara a cara #105: Alberte Oubiña 11.04.2018 10:17
O concelleiro de Xuventude, Alberte Oubiña, explica como cando e por que dunha nova iniciativa municipal: Sube ao palco. Unha proposta que aúna tres elementos: o palco ou quiosco da música da Alameda, a cultura e a mocidade.
Cara a cara #104 Mario Diz 04.04.2018 17:47
O pontevedrés Mario Diz estrea este venres 6 de abril un conto musicado titulado " Catrina e Dona Francisca" acompañado pola Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra; a dirección de Juan Miguel Romero Llopis e a narración de Paula Carballeira. Será no Pazo da Cultura coa programación do XIX Salón do Libro Infantil e Xuvenil.
Cara a cara #103 Manuel Artime 28.03.2018 31:36
Esta primavera cúmprense cincuenta anos do coñecido maio francés ou maio do 68. Non foron os únicos movementos sociais que se reproduciron naquel momento. Falamos daquel contexto e o extrapolamos ao actual xunto ao profesor da Uned, Manuel Artime Omíl.
Cara a cara #102 Alejandro Ruetter, pensionista 21.03.2018 30:39
Foi comercial de alto standing ata os 40 anos, momento no que decidiu dedicarse a ser mimo itinerante. Chegado á idade de xubilación, a súa pensión non alcanza os 400 euros. Alejandro Ruetter, membro do Movemento Galego pola Defensa dás Pensións ( MODEPEN), comparte o Cara a cara.
Cara a cara #101: Miguel Doallo 14.03.2018 16:24
A pesar de que o Plan de Intervención en Auxiios e Emerxencias é a actividade máis antiga que se ofrece desde Cruz Vermella, non é de dominio público a existencia e traballo que realizan os denominados ERÍES. Miguel Doallo, que traballa con Cruz Vermella desde fai dezaoito anos, é psicólogo dos Equipos de Resposta Inmediata en Emerxencias. Actualmente e tras a última reestruturación o ERÍE está c...
Cara a cara #100: Mulleres que opinan. ESPECIAL 8M 07.03.2018 16:03
O programa mira ao encontro "As mulleres que opinan son perigosas" celebrado este mes de marzo en Pontevedra. Entrevistas coa xornalista e profesora na Universitat Oberta de Catalunya, Ana Bernal; María Varela, redactora xefe de Diario de Pontevedra; e Diana Varela, unha das organizadoras do evento.
Cara a cara #99: Carlos Hernández, @deportado4443 28.02.2018 41:50
Máis de nove mil españois estiveron en campos de concentración nazis. O deportado 4443 que relatou a súa supervivencia en twitter enganchou a decenas de miles de internautas. No Cara a cara contamos co seu alter ego, Carlos Hernández de Miguel. Escritor e xornalista madrileño agora fincado na Illa de Arousa.
Cara a cara #98 Alba Soutelo 21.02.2018 22:58
Traemos ao Cara a cara á reelixida presidenta do Colexio de Farmaceúticos de Pontevedra, Alba Soutelo. Falamos do sector, de reformas normativas, de gasto farmaceútico, ou de recentes servizos incorporados como o test do VIH.
Cara a cara #97: San Valentín 14.02.2018 8:15
Canto amor respírase nas rúas de Pontevedra? O día de San Valentín chega para todos aqueles que levan semanas esperándoo, pero tamén para os que nin saben da súa existencia. PontevedraViva Radio saca micrófono á rúa neste Cara a cara.
Cara a cara #96 Rafael Quintía e o entroido 07.02.2018 26:19
Puido haber algún fluxo de intercambio entre Marín e Cádiz que fixese que as comparsas satíricas de hai un século chegasen ata o sur e convertésense nas chamadas chirigotas? É unha das incógnitas e curiosidades que nos deixa o antropólogo Rafael Quintía neste Cara a cara
Cara a cara #95: Gonzalo Martínez 31.01.2018 25:49
Cantos mozos, ou non tan novos, lembran ao mestre García Asensio, a Fernando Argenta ou Ara Malikian? A case ausencia da música na Educación ou de propostas divulgativas levan a que a poboación máis nova senta desapego cara á música clásica. Circunstancia que constanta o presidente da Sociedade Filarmónica de Pontevedra, Gonzalo Martínez Lourido.
Cara a cara #94 Charo Castro 24.01.2018 18:02
Este 25 de xaneiro Charo Castro asume a presidencia da Sociedade Ximnástica de Pontevedra. Toma a substitución en primeira liña de Ramón Touza, tras vinte e dous anos á fronte da entidade deportiva. Coñecemos neste Cara a cara a esta pontevedresa.
Cara a cara #93 Pedro Ameneiro 17.01.2018 14:54
Comezar o 2018 proclamándose campión do mundo de vela sub-17 é entrar no ano co mellor pé. O novísimo Pedro Ameneiro alcanzaba o logro xunto ao seu compañeiro Martín Wizner en Australia.
Cara a cara #92: José Benito García Iglesias 10.01.2018 40:34
Investigando para escribir "Donde la salmuera. La Moureira y sus gentes", José Benito García Iglesias chegou a historias da súa propia familia que descoñecía. Neste último traballo este investigador, divulgador e escritor pontevedrés nos redescubre un determinante barrio da cidade onde, paradoxos, se conservaba a esencia do mar, pero non puido conservarse a si mesmo.
Cara a cara #91: Rosa Estévez 03.01.2018 17:43
BREXIT. Foi unha das palabras máis pronunciadas do recentemente terminado 2017. A desconexión de Gran Bretaña da Unión Europea segue xerando moitas preguntas. Tratamos de resolver as dúbidas cunha pontevedresa, Rosa Estévez, que desde hai case 18 anos traballa para o goberno británico. Actualmente, é asesora política do ministerio de Comercio Exterior
Cara a cara #90: Isma Romero 27.12.2017 28:43
Chamarlle só cantante sería inxusto e incompleto. Isma Romero non só canta, toca a guitarra case de forma enfermiza, acotío; e compón os seus temas. Así que para tratar de achegarnos á realidade definímolo como artista musical. En PontevedraViva Radio, case que o "apadriñamos" xa que aínda que non é pontevedrés, adoptámolo como tal e acompáñanos de novo, tras a edición do seu segundo traballo "Lum...
Cara a cara #89: Celia Portela Vallejo 20.12.2017 18:12
Este próximo 22 de decembro, haberá quen apele á saúde e será síntoma de que non foron tocados pola sorte no Sorteo Extraordinario da Lotería de Nadal. Os afortunados estarán de celebración e o sector de loteiros co corazón nun puño á espera de que eses décimos fosen vendidos nos seus portelos. Celia Portela Vallejo, empregada da Administración de Loterías número 1 de Pontevedra, acompáñanos para...
Cara a cara #88 Loli Pereira Agra 13.12.2017 27:22
Na Insua, Ponte Caldelas, está radicada Hípica Amazonas, unha cuadra de cabalos, con exemplares considerados como os mellores do mundo de pura raza española. Así o estimou o último Salón Internacional do Cabalo. Falamos con Loli Pereira Agra, propietaria xunto o seu home, César Santos Vicente.
Cara a cara #87 Manuel Lourenzo 06.12.2017 32:59
Manuel Lourenzo, ten na súa bagaxe como escritor 25 títulos de narrativa, literatura infantil e xuvenil ou teatro. Isto sen contar outros tantos colectivos. Este prolífico traballo, ou necesidade como sinala neste Cara a cara, reportoulle once premios. O último acábao de recibir este pasado novembro: o Jules Verne que concede Xerais pola obra " Ceiba de luz".
Ähnliche Podcasts
Replaio ist kein Herausgeber von Podcasts; die Namen der Sendungen, Cover und Audioinhalte gehören ihren Autoren und werden über öffentliche RSS-Feeds verbreitet