Fóra de Mapa

Fóra de Mapa

O podcast que dá a coñecer as minorías menos visibles que existen en Europa.

Husk at besøge podcastens hjemmeside og støtte skaberen: www.ivoox.com

Forfatter

Fóra de Mapa

Kategori

History

Podcastens hjemmeside

www.ivoox.com

Seneste episode

30. sep. 2026

Hvor kan du lytte?

Podcasts i appen Replaio Radio Kommer snart

Podcasts kommer snart til appen. Installer nu, og vær den første til at se en helt ny tilgang til podcasts

Hent den på Google Play Installer gratis Android næsten 10 mio. downloads · 4,8 i bedømmelse iOS snart

Episoder

De leria con... Paula Jorge 30.09.2026

A nosa cuarta convidada é Paula Jorge, caboverdiana de Burela e por tanto galega. Con ela descrubrimos a realidade da diáspora de Cabo Verde e a súa integración na vila da Mariña, como se manteñen vivas as raíces desta comunidade e como xurden novas identidades que misturan elementos galegos e africanos. E tamén como ás veces non queda outra que explicar con retranca nas redes sociais que o galego...

#Petisco lixeiro. O picnic paneuropeo 15.09.2026

No verán de 1989 xa se albiscaba o cambio político no bloque oriental, pero o telón de aceiro seguía a dividir ós cidadáns do continente. Neste contexto uns opositores húngaros e o herdeiro da casa Habsburgo tiveron unha idea, unha romeria onda a fronteira que xuntase a austriacos e húngaros. O picnic paneuropeo comezou como unha festa de confraternización con música, cervexa, churrasco e goulash...

#Petisco lixeiro. A dinastía real albanesa 08.09.2026

A dinastía real albanesa parece saída dunha novela de humor: un rei autonomeado, décadas de exilio, golpes de Estado fallidos, intentos de restauración e, polo medio, un monarca que fumaba ata 200 cigarros ao día e sobreviviu a ducias de atentados. No centro de todo está Zog I, o peculiar ditador que en 1928 decidiu converterse en rei dos albaneses e gobernou un país pobre mentres tentaba rodearse...

#Petisco lixeiro. O sistema político belga 27.08.2026

Bélxica é un dos países politicamente máis complexos de Europa: tres linguas oficiais, tres comunidades lingüísticas, tres rexións e unha chea de institucións e niveis de goberno. No episodio explicamos como se construíu este sistema federal e por que as tensións entre Flandres, Valonia e Bruxelas marcaron a historia recente do país. Falamos tamén da peculiar relación dos belgas co seu propio Esta...

#Petisco lixeiro. Gagauzia 13.08.2026

Gagauzia é unha das pequenas anomalías de Europa: unha autonomía no sur de Moldavia habitada maioritariamente polos gagauzos, un pobo de orixe aínda discutida, cristián ortodoxo e falante dunha lingua túrquica emparentada co turco. Entre exclaves, viñedos, ovellas e unha historia marcada polo Imperio Ruso, a URSS e o colapso soviético, este recuncho do continente agocha unha historia moito máis co...

#50. Illas Canarias. Un arquipélago cunha forte identidade de seu alén das postais turísticas 31.07.2026

Alén de praias, sol e plátanos, as Illas Canarias son un arquipélago cunha historia e unha identidade propias, marcadas pola súa posición entre no Atlántico, a máis de 100km da costa africana. Neste episodio conversamos con Iván Vega, activista cultural da Fundación Tamaimos, sobre a cultura canaria, a herdanza guanche, e os debates arredor da identidade canaria, o colonialismo exercido sobre o ar...

#Petisco lixeiro. As illas Selvagens - Episodio exclusivo para mecenas 16.07.2026

Agradece a este podcast tantas horas de entretenimiento y disfruta de episodios exclusivos como éste. ¡Apóyale en iVoox! As Illas Selvagens son un arquipélago diminuto, deshabitado e perdido no Atlántico entre Madeira e Tenerife que, malia o seu tamaño, leva séculos en desputa entre España e Portugal. Nelas non hai poboación permanente, case non hai infraestrutura, pero a súa consideración como il...

De leria con... Christoph Schreinmoser, director do IGADI 13.06.2026

O noso terceiro convidado é Christoph Schreinmoser, doutor en Dereito Internacional Público e director do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional. Con el reflexionamos sobre o papel de Galicia no escenario internacional, as posibilidades da súa acción exterior e os mecanismos para construír unha voz propia no mundo, cunha mirada bávara e tamén moi galega. Músicas: Happy to see yo...

#49. Malta e a lingua maltesa. Unha historia de “triglosia” e autodeterminación 22.05.2026

O maltés é hoxe a lingua nacional e oficial de Malta. Un idioma semítico con arredor de medio millón de falantes que ten que competir coa outra lingua oficial do país, o inglés. Por Malta pasaron unha chea de pobos, desde os romanos, pasando polos árabes até os británicos, que deixaron a súa pegada na identidade e lingua propia da illa. Durante séculos o maltés foi o idioma do pobo, mentres que as...

#Petisco lixeiro. A Soberana Orde Militar de Malta - Episodio exclusivo para mecenas 28.04.2026

Agradece a este podcast tantas horas de entretenimiento y disfruta de episodios exclusivos como éste. ¡Apóyale en iVoox! A Soberana Orde Militar de Malta é a herdeira dos antigos cabaleiros hospitalarios das Cruzadas, que chegaron a gobernar Rodas, e logo Malta até que Napoleón ocupou a illa en 1798. Desde entón, a orde instalouse en Roma e mantén unha situación moi peculiar: ten sede propia, cons...

De leria con... a viaxanta Cris Terceiro 24.04.2026

A nosa segunda convidada é Cristina Terceiro, xornalista e comunicadora de profesión, podcasteira (escoitai o seu fantástico podcast Viaxantas!) e boa coñecedora da diáspora galega, tanto en Bélxica como en Arxentina. Conversamos con ela sobre a vida en Bruxelas, as institucións europeas onde traballa, o activismo cultural na diáspora e máis a vitalidade e os preconceitos que temos da emigración g...

#Petisco lixeiro. Os gorales - Episodio exclusivo para mecenas 30.03.2026

Agradece a este podcast tantas horas de entretenimiento y disfruta de episodios exclusivos como éste. ¡Apóyale en iVoox! Os gorales son unha etnia que habita os Tatras, a serra dos Cárpatos que separan a Polonia de Eslovaquia, hoxe son arredor duns 100.000 entrambos lados da fronteira. A súa forma de vida sempre estivo moi ligada á paisaxe e ás montañas nas que habitan, e ó viviren de maneira isol...

#48. O wymysorys. Como a rapaciada motivada pode dinamizar unha microlingua 27.03.2026

O wymysorys é a lingua xermana máis pequena e máis ameazada de desaparición do mundo. Falada soamente no municipio da Silesia polaca de Wilamowice (ou en wymysorys Wymysoü) por algunhas ducias de persoas. Hai 30 anos veciños e sociolingüistas predicían a súa desaparición ó morreren @s derradeir@s falantes. O uso da lingua foi prohibido polas autoridades da Rep. Socialista de Polonia e iso creou un...

De leria con.. Mario Brión @olaxonmario 16.03.2026

Comezamos unha nova sección coa que queremos alargar o podcast, publicando entrevistas con persoas que por unha razón ou outra fan cousas interesantes e de certa maneira relacionadas coa temática do Fóra de mapa. O primeiro convidado é Mario Brión, @olaxonmario nas redes, influencer das traiñeiras, Mestre Mateo award nominated, probablemente o noso maior fans, e que habitualmente publica contidos...

#Petisco lixeiro. O idioma tabarkino - Episodio exclusivo para mecenas 26.02.2026

Agradece a este podcast tantas horas de entretenimiento y disfruta de episodios exclusivos como éste. ¡Apóyale en iVoox! Sardeña é un territorio cunha diversidade lingüística enorme, nel fálanse cinco idiomas diferentes, unha oficial, o italiano, 2 outras recoñecidas e protexidas pola lei nacional, o sardo e máis o catalán en L´Alguer, e 3 máis recoñecidas e protexidas pola lei rexional, o sassare...

#47. Os sardos. Seica poucos, tolos e mal unidos 23.02.2026

Sardeña é unha gran descoñecida a pesar de que cada verán millóns de turistas visitan a súa fermosa costa. Porén, a illa conta cunha cultura propia riquísima, unha diversidade lingüística enorme e un abundante patrimonio histórico. 5 linguas se falan en Sardeña, sardo, gallurese, sassarese, catalán, tabarchino e italiano, e esta diversidade, a pesar de estar ameazada por unha forte diglosia aínda...

Episodio especial. Diáspora e fútbol 26.01.2026

O fútbol é un espazo moi relevante pras diásporas, ademais de ocio tamén é pra moitos seguidores parte importante da súa identidade colectiva e individual Esta dimensión social fixo que ó longo da historia do deporte houbese moitos equipos que representaron e representan a colectivos de refuxiados e tamén de emigrados, equipos cos que estes grupos tentan aínda hoxe, manter a súa vinculación coa pa...

#Petisco lixeiro. A guerra civil albanesa - Episodio exclusivo para mecenas 19.01.2026

Agradece a este podcast tantas horas de entretenimiento y disfruta de episodios exclusivos como éste. ¡Apóyale en iVoox! En Albania, nos 90, a transición do comunismo á economía de mercado e democracia liberal (bastante imperfectas) estivo chea de problemas: inestabilidade política, unha privatización caótica, emigración masiva, inflación, crime organizado gañando moito poder e no 1997 unha guerra...

#46. Os Bektashis. A relixión "nacional" do pobo albanés 12.01.2026

Albania é sinónimo de convivencia e harmonía relixiosa. Os albaneses non teñen unha relixión común, a maioría son musulmáns sunnitas, porén hai unha importante porcentaxe de católicos e ortodoxos, por iso se di que a auténtica relixión do pobo albanés é o nacionalismo albanés, que se fundamenta na cultura e lingua de seu deste pobo balcánico. Con todo, existe unha outra minoría relixiosa, recoñeci...

#Petisco lixeiro. A lingua galó, o idioma romance propio da Bretaña - Episodio exclusivo para mecenas 18.12.2025

Agradece a este podcast tantas horas de entretenimiento y disfruta de episodios exclusivos como éste. ¡Apóyale en iVoox! En Bretaña fálanse 3 linguas, o francés, o bretón e máis o galó, un idioma romance, do grupo das linguas de oïl, e propio da Alta Bretaña que non é oficial e está bastante minorizado. Durante moitos séculos o galó foi visto mesmo polos seus falantes como un simple francés chapur...

#45. Bretaña. Moito máis que a nación celta do continente 17.12.2025

A Bretaña é un país cunha identidade de seu ben forte, a pesar de ter perdido boa parte da súa diversidade lingüística nas últimas décadas. Os bretóns teñen un importante apego á súa terra e logo de séculos de case que completa autonomía de Francia, seguen a reclamar hoxe un maior autogoberno e rexeitan o centralismo de París Isto non se manifesta tanto no uso das linguas do país, o galó, o idioma...

#Petisco lixeiro. A diáspora caucásica en Medio Oriente 28.10.2025

A conquista do norte do Cáucaso polo Imperio Ruso a mediados do séc. XIX forzou a unha chea de pobos da rexión a abandonar as súas terras e a reasentarse no Imperio Otomano. Centos de miles de chechenos, circasianos, ingushes... establecéronse por toda a xeografía do Imperio e convertéronse en leais servos de Constantinopla. Logo da fundación da República de Turquía e a independencia de Siria e Xo...

#44. Os chechenos. Unha nación forxada na guerra, represión e resistencia 21.10.2025

Os chechenos son unha das moitas nacións que habitan os vales e montañas do Cáucaso norte, e con certeza son os máis famosos destes pobos, aínda que sexa por levar desde hai décadas sufrindo guerras, deportacións, terrorismo e represión, porén, a nación chechena é moito máis que un pobo de afoutos e feros guerreiros. A sociedade chechena actual forxouse nunha sucesión de traumas, as catastróficas...

#Petisco lixeiro. A "venda" dos saxóns e xudeus de Romanía 07.10.2025

Os xudeus e os saxóns, ou alemáns, sempre foron comunidades moi importantes en Romanía e en Transilvania en concreto. A pesar das mortes acontecidas durante a 2ª guerra mundial, especialmente o holocausto, e máis as migracións e deportacións sucedidas logo desta, durante o período comunista do país tanto a comunidade hebrea como a alemá tiñan unha forte vitalidade e centos de miles de membros. Con...

#43. Transilvania. Un país miticamente diverso 01.10.2025

En Europa occidental Transilvania é sinónimo de vampiros, monstros, misterio... e tamén debería ser de diversidade étnica. Na rexión de Transilvania viviron durante moitos séculos varios pobos que lle deron a súa específica personalidade. Saxóns, xudeus, xitanos, húngaros, sículos, romaneses... formaron parte dun mosaico étnico no que certas etnias tiñan máis poder político e económico que outras....

Lyt til podcasten Fóra de Mapa i Replaio

Radio og podcasts i én app - gratis og uden tilmelding. Installer i dag, og gå ikke glip af lanceringen

Hent den på Google Play

Replaio er ikke podcastudgiver; programmernes navne, coverbilleder og lyd tilhører deres ophavsmænd og distribueres via offentlige RSS-feeds.