Radio Valladares

ESPERTA VALLADARES

ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario. Analizamos a actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo.

Husk at besøge podcastens hjemmeside og støtte skaberen: www.ivoox.com

Forfatter

Radio Valladares

Kategori

Society

Podcastens hjemmeside

www.ivoox.com

Seneste episode

29. sep. 2026

Hvor kan du lytte?

Podcasts i appen Replaio Radio Kommer snart

Podcasts kommer snart til appen. Installer nu, og vær den første til at se en helt ny tilgang til podcasts

Hent den på Google Play Installer gratis Android næsten 10 mio. downloads · 4,8 i bedømmelse iOS snart

Episoder

Venres 13/11/2020 13.11.2020

Arquivos e de bibliotecas en lugares especiais da cidade olívica. Descubrimos os lugares, os documentos e as "ratiñas" que os visitan. Imos ata a biblioteca no hospital Álvaro Cunqueiro, a da ONCE, a do museo do MARCO, da Casa Galega da Cultura, a dos clubes montañeiros para rematar o arquivo da bandas.

Xoves 12/11/2020 12.11.2020

Mundo rally. Como é un coche destes por dentro? Como son as carreiras? Canto traballo hai previo a correr unha? Ata este mundiño achegáronse os cativos do cole Monte Alba. E nós, con eles. E sí, o que mais lles gusta é tocar o pito!! Como os xoves toca cine, vai peli sobre carreiras, Rush. E como EEUU o "invade" todo, tamén cine crítico, Borat.

Mércores 11/11/2020 11.11.2020

San Martiño. Magostos e matanza do porco hoxe no programa. Tamén un paneo pola actividade que están tendo as asociacións veciñais neste 2020. Conversamos coa de San Miguel de Oia e coa do Calvario.

Martes 10/11/2020 10.11.2020

Coñecemos Eu Rural, ó artesán Alvaro Leiro e viaxamos ata o Mosteiro de Oseira.

Luns 09/11/2020. 09.11.2020

Tertulia "Vai-darlles". Unha publicación que recollía as inquedanzas artísticas de finais dos 80. Naceu en Valladares, pero coas miras abertas a ser unha canle do movemento que se estaba a producir en Vigo e arredores.

Asociación Mexicanos en Galicia 06.11.2020

O Día de Mortos é unha data moi especial para os mexicanos, quizais a mais importante. De honrar ós mortos e os seus rituais conversamos coa asociación de Mexicanos en Galicia.

Venres 06/11/2020 06.11.2020

Nos albores do 1999, vivíase esta "ansiedade colectiva" polo novo milenio. Daquelas por Valladares circulaba un xornal, hoxe extinto, "Ghalo Choco". Que preocupaba á parroquia, cales eran as inquietudes? Conversamos con Milio, o "redactor xefe". Falamos da celebración no Reino Unido da noite das fogueiras, da súa orixe e a reformulación na historia de "V de Vendetta".

Xoves 05/11/2020 05.11.2020

Quen ten unha horta, ten un tesouro? Nas hortas escolares os mais cativos pásanno ben xogando coas mans na terra e, de paso, experimentan o ciclo da vida. Conversamos cos mais cativos do Monte Alba e mais cun cole do barrio de Coia, xa na cidade. As hortas urbanas, como a de Navia, son unha escola para os maiores. De cultivar o campo e de como foi cambiando saben moito as tendas agrícolas. Falamos...

Mércores 04/11/2020 04.11.2020

Descubrindo a cidade e quen a habita. Imos ata o barrio de Canido falar cos pescadores e coñecer as asociacións de mariñeiros que alí hai. Lembrades a Jair, o rapaz de Guinea Bissau? Viu estudar un mestrado en economía na UVigo grazas a unha campaña de crowdfunding. Conversamos con el sobre esta oportunidade.

Martes 03/11/2020 03.11.2020

Entre a realidade e a ficción. Algunhas novas do xornal teñen este matiz. E hai quen ten a habilidade de convertilas en cancións. Os duques de Monterrey o fan coas relacionadas co narcotráfico. Sobre o tigre de Mazaricos hai quen ten preparado o romance. Imos ler algunhas novas surrealistas, a ver se inspiran a alguén.

Luns 02/11/2020 02.11.2020

O Día de Mortos é unha data moi especial para os mexicanos, quizais a mais importante. De honrar ós mortos e os seus rituais conversamos coa asociación de Mexicanos en Galicia. Os camposantos están cheos de morcegos. Que sabemos deles? Morcegos de Galicia fai unha labor divulgativa moi interesante.

Venres 30/10/2020 30.10.2020

Con que nos asustaban de pequenos? Algúns medos foron cambiando (home do saco, santa compaña...) e outros, mais universais, perviven no tempo (ós fenómenos da natureza, a certos animais...). Coa excusa do Samaín, os coles fan un traballo en coñecer os medos e procurar recursos para afrontalos. Hoxe, conexión coa escola infantil Monte Alba. E o fío do tempo con xente que viviu a súa infancia nos an...

Xoves 29/10/2020 29.10.2020

Aproveitando que se celebra o salón do manga de Barcelona facemos unha tertulia sobre este universo. Conversamos sobre as diferentes exposicións e salóns en Galicia. Do valor das tendas de cómics falamos con Sousa Comics. Cóntannos que incluso veñen compar dende Oporto. Vivir ou debuxar manga non en doado. Moitos ilustradores galegos acaban fora, en Francia.

Mércores 28/10/2020 28.10.2020

Comeza o Galician Freaky Film Festival. 60 cortos para rir, pasar medo... As actividades paralelas este ano son ben interesantes. Por exemplo, a charla sobre bandas sonoras no cine con Conrado Salabader. Tratamos o tema do carril bici en Vigo. Falamos co colectivo de mulleres Bicivisíbeis e con Alexandre Mouriño, o arquitecto responsable do deseño do mesmo. E reflexionamos sobre os modelos de mobi...

Martes 27/10/2020 27.10.2020

Facemos #ARutaDasArtistas co ilustrador Davida e paramos nunha rúa de Bouzas onde está Yolanda Porto, percusionista da Ukestra do Medio. Hoxe, de paseo polas rúas e barrios de Vigo na procura de ilustracións con código QR. Outra ruta, un pouco mais lonxe. Ata o mosteiro de Santa María de Oia, un tesouro arquitectónico. A súa istoria tamén o é. Dende os monxes militares ata cárcere na Guerra Civil.

Luns 26/10/2020 26.10.2020

De como se estructura o precio dun funeral e dos trámites posteriores á morte falamos hoxe. Unha radiografía coa aseguradora La Fe, co tanatorio Emorvisa e cunha xestoría. O tempo do coronavirus xa foi mudando algunhas cousiñas nalgo tan arraigado a nós os galegos, como é a morte.

Venres 23/10/2020 23.10.2020

Alemáns chegados a Galicia nos 80. As aventuras de Miguel, o "papá" da tradición furgoneteira en Vigo con Furgocamping Stuttgart cars. Vale a pena sentarse a escoitalas cunha copa de albariño nunha mecedora. No sofá tamén vale.

Xoves 22/10/2020 22.10.2020

Acompañamos a campiona de España sub23 en heptalon Eva Queimaño ós entrenamentos. A cabalo entre Pontevedra e Vigo. O ximnasio mais pequeno do mundo colle caseque na palma da man é un invento vigués. Nace da necesidade vital de Manuel Montes de facilitarse os entramentos para frear o seu Parkinson. Agora hai interese polo Handy Gym ata na NASA. Aporte nutricional das froitas? Non é o mesmo comela...

Mércores 21/10/2020 21.10.2020

Vimos moi verdes hoxe. Arranxos e mantemento nos parques e xardíns da cidade. Tamén, dos parques infantís e biosaudables. Como é a vida nos diferentes lugares da cidade? Descubrimos un proxecto que lle está a tomar o pulso as diferentes asociacións veciñais de Vigo. Teis acumula un nivel de ruido moi grande (AP9, tren, mercadorías...) Pode ser a vía verde unha solución? Paseamos o barrio para coñe...

Martes 20/10/2020 20.10.2020

Hai faros que non deberían ser outra cousa. Por que faros vos gusta pasear? Percorremos o Camiño dos Faros na Costa da Morte, con Cristina. Os coñece ben, entre outras cousas porque viviu en Cabo Vilán ata case 40 anos da súa vida. Ademáis dos faros, outros tipos de sinais como as boias, obeliscos, bandeiras ... conforman un amplo catálogo de sinais merecedoras de ser coñecidas. Animádevos a darll...

Luns 19/10/2020 19.10.2020

Músicas raras, pouco comúns. Conversamos con Mónica de Nut, Nacho Muñoz e Margarida Mariño.

Venres 16/10/2020 16.10.2020

Músicos polas rúas das vilas galegas. Como responde a xente? A que horas tocar? En que lugares? A conversa, con Adrian Timms e Los Coleguitass. E os concellos regulan dalgún xeito? So o de Compostela. Falamos cos técnicos de cultura.

Xoves 15/10/2020 15.10.2020

Inventos. Start ups que nacen e, tempo despois, os seus proxectos chegan a nós. Imos ata o Cuvi. Na facultade de Telecomunicacións xurdiu hai uns anos Releyeble. Un software de recoñecemento facial que, no mundo coronavirus, nos serve para o control de aforos nos locais. En Ciencias do Mar andan probando uns arrecifes artificiais para o xardín acuático do Porto de Vigo. Os xoves sempre damos unha...

Mércores 14/10/2020 14.10.2020

Improvisades? Cando falades, que tal? Con aprendices de maestro neste arte da improvisación en verso falamos hoxe un anaco. Álex "o jallejo" e a Rabela, finalistas de CeibaRimas. Aproveitamos para facer un percorrido polas voces femininas galegas no rap, hip-hop, reagge... As asociacións son necesarias para a sociedade. Iniciamos sección con Antía e Miguel sobre aquelas que forman parte de Vigo.

Martes 13/10/2020 13.10.2020

Prostitución. Un dos grandes negocios do mundo. Towanda Rebels, unhas expertas en darnos conta disto. Ademáis de nas redes, as atopades nas xornadas virtuais que organiza a Rede Galega contra a trata sexual este xoves. 7 das 30 salas de cine en Vigo son accesibles para discapacitados. Que vos parece este dato? O Festival de Cine Inclusivo de Vigo achega outra ollada ó noso redor fora da axenda mai...

Lyt til podcasten ESPERTA VALLADARES i Replaio

Radio og podcasts i én app - gratis og uden tilmelding. Installer i dag, og gå ikke glip af lanceringen

Hent den på Google Play

Replaio er ikke podcastudgiver; programmernes navne, coverbilleder og lyd tilhører deres ophavsmænd og distribueres via offentlige RSS-feeds.