Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6298 episoder

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Forfatter

Radio Municipal de Tui

Kategori

News

Podcastens hjemmeside

www.ivoox.com

Seneste episode

10. jul. 2026

Hvor kan du lytte?

Podcasts i appen Replaio Radio Kommer snart

Podcasts kommer snart til appen. Installer nu, og vær den første til at se en helt ny tilgang til podcasts

Hent den på Google Play Installer gratis Android 5 mio.+ downloads · 4,8 i bedømmelse iOS snart

Episoder

Ent. Paula López, de Equigalia | Concurso Nacional de Saltos 01.07.2026

O Club Hípico Equigalia acolle esta fin de semana o Concurso Nacional de Saltos con 150 saídas a pista. Tres días de probas pequenas e grandes, jump & run, o Gran Premio Trofeo Concello de Tui, gastronomía e actividades de auga para os máis pequenos e pequenas da casa. Paula López, de Equigalia, deu hoxe todos os detalles.

Ent. José Quinteiro e José Montes, de SOS Tomiño Baixo Miño | Recollida no supermercado Gadis 01.07.2026

Este venres 3 e sábado 4 de xullo a Asociación SOS Tomiño Baixo Miño organiza unha recollida solidaria no supermercado Gadis de Tui. Precisan alimentos non perecedoiros, como legumes, tomate frito, conservas, fariña, leite... Precisan persoas voluntarias e colaboradores ao longo de todo ano, tal e coma hoxe explicaron José Quinteiro e José Montes, de SOS Tomiño Baixo Miño.

Ent. Conchi Sales, Fernando Carnero, Luís Prego e Xisco Feijoó | VI Festival da Cultura Tradicional e Folk 01.07.2026

Esta fin de semana celébrase en Tui o VI Festival da Cultura Tradicional e Folk. Este venres 3 dará comezo coa apertura da exposición “Abrindo as huchas da bisbarra de Tui” no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela, ás 20 h, con posterior concerto de Luís Prego. O sábado na praza de San Fernando terá lugar o XI Certame de Gaita e Tamboril, e concerto 'Xisco sinfónico' e o domingo ás 20 h cel...

Espazo comercio | Campaña verán 30.06.2026

ACITUI presentou hoxe na nosa sintonía a súa nova campaña baixo o nome “Mergúllate no noso comercio”. Pepe Míguez, o presidente da asociación, explicou que a campaña comeza hoxe martes e se prolongará até o día 16 de xullo.

Ent. Manu Garrido, padeeiro do Kaiak Tudense | Bronce no Campionato de Europa e pase para o Mundial 30.06.2026

Manu Garrido, padeeiro do Club Kaiak Tudense, conseguiu a medalla de bronce en C2 senior xunto a Jaime Duro no Campionato de Europa. Con este bronce se fixeron co pase para o Mundial, que se desputará en Arxentina no mes de outubro. Hoxe Manu Garrido deu conta de como foi o europeo.

Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura | Programación Cultural do verán Tui 2026 29.06.2026

Música, cultura tradicional, cinema e gastronomía centran a programación cultural para o verán organizada polo Concello de Tui, que comezará esta fin de semana co VI Festival da Cultura Tradicional e Folk e con cinema no conxunto histórico de Tui. A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, deu conta da programación que vai ter lugar durante os meses de verán no municipio.

Raíces e vangarda | Arepas venezolanas 29.06.2026

Hoxe na sección Raíces e vangarda falamos de historia, receitas tradicionais e modernidade. Cociñamos arepas venezolanas, unha receita do chef Judicael Romero.

Ent. Carlos Fer, artista | Inauguración instalación artística Relicario na Catedral 29.06.2026

O altar relicario da capela das Reliquias da Catedral de Tui foi a fonte de inspiración para a instalación artísticas do tudense Carlos Fer que hoxe ás 19 h será inaugurada na Catedral baixo o título precisamente de “Relicario”. Así o explicaba o propio Carlos Fer. Esta instalación forma parte do programa conmemorativo do 800 aniversario da consagración da Catedral de Tui, xoga tamén coa luz do pr...

Ent. Carlos Estévez, tesoureiro da RFGM; e Alberto Estévez, deportista | Campionato de España de Motonáutica 26.06.2026

Mañá sábado dispútase en augas do río Miño en Tui o Campionato de España de Motonáutica de embarcacións T-850, GT-60 e GT15. Ás 8.30 h comezarán as verificacións, e a partir das 9.30 h terán lugar os adestramentos. A primeira manga disputarase á 13 h, a segunda ás 15 h, a terceira ás 17 h e a cuarta ás 19 h. A entrega de premios está prevista ás 20 h. Carlos Estévez, tesoureiro da Federación Galeg...

Ent. Eduardo Jorge Méndez, director do comité organizador; e Miguel Santos, deportista | XII Encontro Kung Fu Eurocidade 26.06.2026

Este domingo ás 10.30 h celébrase no pavillón Gustavo Rodríguez de Tui o XII Encontro Ibérico Kung Fu Eurocidade, no que participarán máis de 340 deportistas. Unha cita destacada no calendario deportivo da Eurocidade, tal e coma hoxe destacaron Eduardo Jorge Méndez, director do comité organizador; e Miguel Santos, deportista.

Ent. Ángel Giráldez, bailarín tudense | Solista no Ballet Nacional de Letonia 26.06.2026

O bailarín tudense Ángel Giráldez leva dende hai un ano sendo solista no Ballet Nacional de Letonia. Estes días está en Tui, e dende o próximo luns 29 de xuño impartirá un curso na escola que o viu medrar, a Escola de Danza Paula Cobián. Hoxe venres remata o prazo de inscrición para este curso. Conversamos con el sobre a súa carreira, e comentaba que hoxe venres e mañá participará na función "Os s...

Ent. Paula Cobián da Escola de Danza Paula Cobián | Os Segredos da Pedra 25.06.2026

Tripla efeméride, os 800 anos da consagración da Catedral de Tui os 900 anos da morte da raíña Dona Urraca, e o 140 anos da vella Ponte Internacional, foron a fonte de inspiración para o espectáculo “Os segredos da Pedra” que a Escola de Danza Paula Cobián presenta este venres e sábado no Teatro Municipal de Tui. É a súa función de fin de curso na que o alumnado amais de amosar todo o aprendido no...

Ent. Alfonso Ferreira e Fito Pereira da Coral San Telmo | Festival de Primavera 25.06.2026

A Coral San Telmo manten unha intensa actividade de concertos ao longo de todo o ano e organiza tamén os seus propios festivais. Un deles é o Festival de Primavera que se celebra este sábado ás 20 h na Igrexa de San Domingos. Este ano participarán o coro Diapasón do Ferrol, o Orfeao Familicense de Portugal, a Coral Santa María de Pazos, de Pazos de Borbén, o grupo de folk Lirolai do Rosal, e a pro...

Ent. Iria Leirós, de Diversidades Acolle e Jose | Biblioteca Humana 25.06.2026

Hoxe xoves, ás 20 h, Diversidades Acolle realizará unha Biblioteca Humana na praza da Inmaculada, - se chove será na Aula da UNED - con motivo do Día Internacional das Persoas Refuxiadas que se conmemorou o pasado sábado. Iria Leirós, de Diversidades Acolle, e Jose, unha das persoas que contará a súa historia, explicaban como con esta actividade buscan sensibilizar sobre a realidade da migración.

Ent. Rosa María Vila, pintora | Exposición Camiño á Catedral 25.06.2026

A artista tudense Rosa Mª Vila inaugura mañá venres ás 20 h na Sala de Exposicións Municipal a mostra "Camiño á Catedral". Na mesma recolle a través dunha trintena de obras distintas perspectivas do principal templo da cidade, co gallo do 800 anos da súa consagración, tal e coma hoxe contou na Radio Municipal de Tui. A mostra poderá visitarse até o 28 de agosto.

Espazo Comercio | Pet&Grow Shop 23.06.2026

Jairo Correa de Pet&Grow Shop contou hoxe no Espazo Comercio, que realizamos con ACITUI, a colaboración que levan a cabo con Callejeriños Tudenses no proceso de adopcións. Tamén nos contou os productos cos que traballan e as actividades que plantexan realizar proximamente.

Ent. Cristina Fálquez do Club Náutico San Telmo | Noite de San Xoán 23.06.2026

A de hoxe será unha noite especial a carón do río en Tui para celebrar San Xoán. O Club Náutico San Telmo organiza na Baixada ó Embarcadoiro, 2 unha proposta festiva con gastronomía, música en director con Take It Easy, fogueira e queimada con conxuro. Así nolo contou Cristina Fálzquez do CNST. Nesta actividade colabora a Asociación San Roque e San Bartolomeu.

Ent. Roberto Domínguez, xefe da Oficina de comunicación da BRILAT | XXV Concurso de Patrullas da Brilat 23.06.2026

Un total de 120 militares de 20 patrullas de distintas undade do exércico participarán mañá 25 edición do Concurso de Patrullas da Brilat. ás 8 h terá lugar a saída dende o Paseo da Corredoira, e por diante terán un percorrido de 120 kms polo Camiño Portugués, no que amais se deberán enfrontar a seis probas militares. Así o explicaba o tenente coronel Roberto Domínguez, xefe da Oficina de comunica...

Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura de Tui | Xogos Florais 2026 23.06.2026

Mañá cúmprense 135 anos da celebración en Tui dos Xogos Florais de Galicia. Un acto que marcou un fito para a nosa lingua xa que foi o primeiro acto público celebrado íntegramente en Galego. Foron tres días, do 24 ao 26, nos que o Teatro Principal acolleu este destacado evento. Cada o Concello de Tui conmemora o aniversario dos Xogos Florais de Galicia pola súa importancia e transcendencia tal e c...

Raíces e vangarda | Menú Xogos Florais de 1891 22.06.2026

Hoxe no programa Raíces e vangarda coñecemos o menú que se serviu na celebración dos Xogos Florais en 1891, en Tui. Para afondar nas receitas, significado e historia, conversamos co chef Judicael Romero e co guía intérprete de patrimonio, Cristian Lago.

Ent. José Álvarez, da asociación A Insua de Caldelas | San Xoán 22.06.2026

Caldelas celebra San Xoán con dúas xornadas de actividade, mañá martes e o mércores 24, Día de San Xoán. Gastronomía, música, fogueira, e moito máis, que hoxe nos detallou José Álvarez, da asociación A Insua de Caldelas.

Ent. Nuria Pahino, de Matriz Galega, e Lía | Obradoiro herbas de San Xoán en Areas 22.06.2026

A malva, o fento, o fiuncho,... son algunhas das herbas de San Xoán. Coñecelas todas e saber identificalas para manter viva a tradición entorno á noite máis máxica do ano é o obxectivo do Obradoiro das Herbas de San Xoán que un ano máis organiza a Comunidade de Montes de Areas. Será mañá martes 23 ás 17.30 h cunha duración estimada de 3 horas. Sairá do arboreto do Viveiro Forestal de Areas e será...

Ent. María Acracia Núñez, directora do curso 'Os procesos electoral en España' | Curso de verán da aula da UNED de Tui 22.06.2026

A Aula da UNED de Tui será a sede do curso de verán "Os procesos electorais en España", que se celebrará do 1 ao 3 de xullo. A inscrición está aínda aberta, cun prezo especial até o 30 de xuño. María Acracia Núñez é a directora deste curso, e hoxe avanzou algúns dos contidos que se abordarán, como os debates electorais ou a situación en Galicia. Toda a información está dispoñible en uned.es.

Ent. David Domínguez, presidente do Tyde | Balance de temporada e cambios de cara á vindeira 19.06.2026

O Tyde pecha a súa temporada cun balance do curso deportivo nun ano no que o equipo non logrou manterse na categoría preferente. David Domínguez, presidente do club, avanzou cambios de cara á vindeira temporada e actividades con motivo do centenario do club.

Ent. Andrea González, directora do Festival IKFEM; e Manuel Luque, de ML Quartet | Petiscos IKFEM 19.06.2026

O IKFEM Festival Tui-Valença celebrará nesta edición o primeiro dos seus “Petiscos IKFEM”, unha experiencia novidosa previa ao festival. Esta novidade pretender maridar música, gastronomía e patrimonio en actividades situadas en diferentes espazos de Galicia e Portugal. A primeira cita será mañá sábado en Tomiño. Andrea González, directora do festival IKFEM, e Manuel Luque, de ML Quartet, deron ho...

Lyt til podcasten Día a Día i Replaio

Radio og podcasts i én app - gratis og uden tilmelding. Installer i dag, og gå ikke glip af lanceringen

Hent den på Google Play

Replaio er ikke podcastudgiver; programmernes navne, coverbilleder og lyd tilhører deres ophavsmænd og distribueres via offentlige RSS-feeds.