Deputación de Pontevedra

Aquí faltan páxinas

Un pódcast da Deputación de Pontevedra onde cada mes coñecerás historias de mulleres galegas extraordinarias que non sempre saen nos libros. Mulleres científicas, artistas, escritoras, enxeñeiras, filósofas, aviadoras… Faltan moitas páxinas por escribir. Os libros de historia que se utilizan nas nosas escolas aínda constrúen unha visión subxectiva e parcial do mundo. Recuperar esta xenealoxía de mulleres non é só unha cuestión de xustiza, tamén é educar en igualdade para mostrar referentes femininos, para ter unha visión real do noso pasado e construír un camiño máis libre cara ao futuro.

Husk at besøge podcastens hjemmeside og støtte skaberen: www.depo.gal

Forfatter

Deputación de Pontevedra

Kategori

History

Podcastens hjemmeside

www.depo.gal

Seneste episode

23. sep. 2026

Hvor kan du lytte?

Podcasts i appen Replaio Radio Kommer snart

Podcasts kommer snart til appen. Installer nu, og vær den første til at se en helt ny tilgang til podcasts

Hent den på Google Play Installer gratis Android næsten 10 mio. downloads · 4,8 i bedømmelse iOS snart

Episoder

Avance - María Araújo. A guerrilleira que loitou contra as ditaduras de Franco e Batista 10.12.2024

Nada en Carril en 1904, con só dous anos emigrou cos seus pais a Cuba, onde estudou nun convento, e logo casaría con Sebastián Carcaño, natural de Mugardos. Xuntos iniciáronse nas loitas proletarias e vinculáronse ao entón nacente movemento comunista cubano. En 1927 volveron a Galicia con dous fillos. María empezou a traballar nunha fábrica de conservas de Vigo, onde tomou as rendas do Sindicato d...

Urraca I de León, a Temeraria. A raíña batalladora 21.11.2024

Rebelde e apoderada, Urraca I de León foi a primeira monarca de Europa en exercer un reinado de pleno dereito. Filla e sucesora de Afonso VI e Constanza de Borgoña, en 1109 ascendeu ao trono do reino de León, que abarcaba tamén Galicia. Durante o seu mandato demostrou ser unha muller moi adiantada á súa época, que cambiou as regras que marcaban como debían comportarse as raíñas. A súa tía e homóni...

Urania Mella. Pianista, educadora e defensora da paz e dos dereitos das mulleres 19.11.2024

Foi unha muller exemplar adiantada ao seu tempo, defensora dos dereitos das mulleres, cun gran compromiso político pero tamén social e educativo. Urania ensinoulles a escribir ás súas veciñas analfabetas na Casa do Pobo, como fixo seu pai, Ricardo Mella, teórico do anarquismo condenado ao desterro e a quen Durruti lía na fronte. Combateu contra as tropas de Franco en Vigo no alzamento nacional do...

Avance - Urania Mella. Pianista, educadora e defensora da paz e dos dereitos das mulleres 13.11.2024

Foi unha muller exemplar adiantada ao seu tempo, defensora dos dereitos das mulleres, cun gran compromiso político pero tamén social e educativo. Urania ensinoulles a escribir ás súas veciñas analfabetas na Casa do Pobo, como fixo seu pai, Ricardo Mella, teórico do anarquismo condenado ao desterro e a quen Durruti lía na fronte. Combateu contra as tropas de Franco en Vigo no alzamento nacional do...

Mercedes Ruibal. Os trazos dramáticos dunha pintora alegre (1928 2003) 08.11.2024

Naceu na parroquia pontevedresa de Xeve, nunha familia republicana de grandes inquedanzas artísticas que se viu obrigada a emigrar por mor da guerra. O seu pai era un apaixonado da música e da literatura, a súa nai, unha pintora naíf, o seu irmán José, dramaturgo, e a súa irmá Ángeles, cantante. Teté —o nome familiar de Mercedes— pasou a súa infancia e adolescencia en Xeve, ata que con vinte anos...

Avance: Mercedes Ruibal. Os trazos dramáticos dunha pintora alegre (1928-2003) 06.11.2024

Naceu na parroquia pontevedresa de Xeve, nunha familia republicana de grandes inquedanzas artísticas que se viu obrigada a emigrar por mor da guerra. O seu pai era un apaixonado da música e da literatura, a súa nai, unha pintora naíf, o seu irmán José, dramaturgo, e a súa irmá Ángeles, cantante. Teté —o nome familiar de Mercedes— pasou a súa infancia e adolescencia en Xeve, ata que con vinte anos...

María Pardo Trapote. Unha soprano de Teis nos Estados Unidos 26.09.2024

O 13 de xaneiro de 1892 naceu en Vigo María Pardo Trapote. A súa infancia transcorreu entre a quinta familiar do Troncal, no barrio vigués de Teis, e a cidade de Pontevedra, onde vivían seus avós maternos. Rematou con excelentes cualificacións os seus estudos na Sociedade Económica de Santiago e os cursos de piano e canto. A partir de 1913 comezou a destacar como unha brillante artista lírica e pa...

Avance: María Pardo Trapote. Unha soprano de Teis nos Estados Unidos 25.09.2024

O 13 de xaneiro de 1892 naceu en Vigo María Pardo Trapote. A súa infancia transcorreu entre a quinta familiar do Troncal, no barrio vigués de Teis, e a cidade de Pontevedra, onde vivían seus avós maternos. Rematou con excelentes cualificacións os seus estudos na Sociedade Económica de Santiago e os cursos de piano e canto. A partir de 1913 comezou a destacar como unha brillante artista lírica e pa...

Avance: Urraca I de León, a Temeraria. A raíña batalladora 12.09.2024

Rebelde e apoderada, Urraca I de León foi a primeira monarca de Europa en exercer un reinado de pleno dereito. Filla e sucesora de Afonso VI e Constanza de Borgoña, en 1109 ascendeu ao trono do reino de León, que abarcaba tamén Galicia. Durante o seu mandato demostrou ser unha muller moi adiantada á súa época, que cambiou as regras que marcaban como debían comportarse as raíñas. A súa tía e homóni...

As madriñas de Redondela. A esperanza dos presos de San Simón 05.09.2024

Entre 1936 e 1943, calcúlase que preto de seis mil homes estiveron presos na illa de San Simón, situada na enseada da ría de Vigo, e convertida en presidio e campo de concentración durante a guerra civil e os primeiros anos da ditadura franquista. Ao longo deste período, estímase que uns setecentos homes morreron alí de enfermidade e malnutrición a causa das terribles condicións de amoreamento, da...

Avance - As madriñas de Redondela. A esperanza dos presos de San Simón 05.09.2024

Entre 1936 e 1943, calcúlase que preto de seis mil homes estiveron presos na illa de San Simón, situada na enseada da ría de Vigo, e convertida en presidio e campo de concentración durante a guerra civil e os primeiros anos da ditadura franquista. Ao longo deste período, estímase que uns setecentos homes morreron alí de enfermidade e malnutrición a causa das terribles condicións de amoreamento, da...

Mary Quintero. A fotógrafa cun estudio propio e cunha ollada única 26.06.2024

Neste capítulo a propia Mary Quintero —a primeira muller viva que forma parte da colección Aquí Faltan Páxinas — narra a súa fascinante historia, a dunha nena de Melide, nada na España dos anos trinta, que tivo a sorte de criarse nunha galería de cristal, que era como se lles chamaba na época aos estudios de fotografía. O seu pai fotografaba e a súa nai coloreaba. Ela, coma quen xoga, foino aprend...

Avance: Mary Quintero. A fotógrafa cun estudio propio e cunha ollada única 25.06.2024

Este faladoiro completa as actividades programadas arredor de Mary Quintero, a primeira muller viva que forma parte da colección Aquí Faltan Páxinas, nas que tamén se inclúe a exposición sobre a súa traxectoria que pode visitarse na sede viguesa da Deputación de Pontevedra. No podcast , a propia Mary Quintero narra a súa fascinante historia, a dunha nena de Melide, nada na España dos anos trinta,...

Placeres Castellanos. Unha galega na resistencia galega contra os nazis 27.05.2024

Non se entendería a historia de Placeres Castellanos sen a de Víctor Fraiz. Nin a de Víctor sen a de Placeres. Con el casou moi nova, sendo el o seu mestre. Foi perseguido e asasinado polo bando franquista nos meses posteriores á sublevación de 1936, ao igual que os seus fillos Víctor Jesús, Vicente e Moncho. Aquel golpe mudou por completo a vida da que foi a primeira muller da Agrupación Socialis...

Avance - Placeres Castellanos. Unha galega na resistencia galega contra os nazis 21.05.2024

Non se entendería a historia de Placeres Castellanos sen a de Víctor Fraiz. Nin a de Víctor sen a de Placeres. Con el casou moi nova, sendo el o seu mestre. Foi perseguido e asasinado polo bando franquista nos meses posteriores á sublevación de 1936, ao igual que os seus fillos Víctor Jesús, Vicente e Moncho. Aquel golpe mudou por completo a vida da que foi a primeira muller da Agrupación Socialis...

Avelina Valladares. A frustración de ser escritora na Galicia do século XIX 19.04.2024

Pioneira da literatura galega, Avelina Valladares destaca por ser unha das primeiras mulleres en escribir artigos de opinión na prensa e unha precursora en empregar a lingua galega nalgúns dos seus poemas. Non queda dela unha soa imaxe. O único que sabemos é que viviu na Ulla, que apenas saíu da súa casa de Vilancosta (A Estrada), que dedicou a súa vida a coidar da familia, que foi a irmá do escri...

Avance - Avelina Valladares. A frustración de ser escritora na Galicia do século XIX 11.04.2024

Pioneira da literatura galega, Avelina Valladares destaca por ser unha das primeiras mulleres en escribir artigos de opinión na prensa e unha precursora en empregar a lingua galega nalgúns dos seus poemas. Non queda dela unha soa imaxe. O único que sabemos é que viviu na Ulla, que apenas saíu da súa casa de Vilancosta (A Estrada), que dedicou a súa vida a coidar da familia, que foi a irmá do escri...

Inmaculada Paz Andrade. Unha investigadora en loita contra os incendios 03.04.2024

Inmaculada Paz Andrade foi unha científica incombustible que lles declarou a guerra aos incendios forestais. Con mentalidade inglesa e corazón profundamente galego, esta pontevedresa da parroquia de Lérez desenvolveu unha carreira investigadora pola que obtivo innumerables recoñecementos na comunidade científica, nunha especialidade pola que non sentía ningunha vocación cando empezou a estudar. El...

Avance - Inmaculada Paz Andrade. Unha investigadora en loita contra os incendios 18.03.2024

Inmaculada Paz Andrade foi unha científica incombustible que lles declarou a guerra aos incendios forestais. Con mentalidade inglesa e corazón profundamente galego, esta pontevedresa da parroquia de Lérez desenvolveu unha carreira investigadora pola que obtivo innumerables recoñecementos na comunidade científica, nunha especialidade pola que non sentía ningunha vocación cando empezou a estudar. El...

As leiteiras de Pontevedra. O triunfo da unión entre mulleres 08.03.2024

En xullo de 1892, cando o Concello de Pontevedra decidiu que o leite se debía gravar como un consumo, as leiteiras que chegaban cada día a esta cidade desde o rural para vender o leite polas casas negáronse a pagar as taxas municipais e autoorganizáronse nun movemento subversivo ao que se lles sumaron as vendedoras de legumes, froitas e peixe, as clases populares e as forzas republicanas opostas a...

Avance - As leiteiras de Pontevedra. O triunfo da unión entre mulleres 06.03.2024

En xullo de 1892, cando o Concello de Pontevedra decidiu que o leite se debía gravar como un consumo, as leiteiras que chegaban cada día a esta cidade desde o rural para vender o leite polas casas negáronse a pagar as taxas municipais e autoorganizáronse nun movemento subversivo ao que se lles sumaron as vendedoras de legumes, froitas e peixe, as clases populares e as forzas republicanas opostas a...

Carmen Babiano. A artista na gaiola 29.02.2024

Carmen Babiano foi unha das primeiras pintoras en destacar en Galicia a finais do século xix, nun momento no que nas artes aínda non se entendía o concepto da igualdade e o matrimonio marcaba o fin da carreira dunha muller. Ao casar, Carmen deixou de pintar por mandato social, pero enfocou a súa forza creadora e o seu interese polas artes na formación das súas fillas e tamén nun labor de mecenado...

Avance - Carmen Babiano. A artista na gaiola 26.02.2024

No mes de febreiro Aquí Faltan Páxinas presenta a súa segunda colección de mulleres extraordinarias, que se inaugura cun capítulo dedicado a Carmen Babiano , unha das primeiras pintoras en destacar en Galicia a finais do século xix, nun momento no que nas artes aínda non se entendía o concepto da igualdade e o matrimonio marcaba o fin da carreira dunha muller. Ao casar, Carmen deixou de pintar por...

Sofía Novoa Ortiz. Pianista, pedagoga e exiliada republicana 26.12.2023

“Aquí faltan páxinas” presenta a historia da brillante pianista e pedagoga viguesa Sofía Novoa Ortiz , que conviviu coa xeración do 27 e chegou a colaborar con Alberti. De familia republicana e socialista, a guerra obrigouna a exiliarse nos Estados Unidos, onde alcanzou o éxito que lle foi negado na súa terra. Despois de dar clases de español na Universidade de Columbia, asentouse definitivamente...

Avance: Sofía Novoa Ortiz. Pianista, pedagoga e exiliada republicana 29.11.2023

En decembro “ Aquí faltan páxinas ” presenta a historia da brillante pianista e pedagoga viguesa Sofía Novoa Ortiz , que conviviu coa xeración do 27 e chegou a colaborar con Alberti. De familia republicana e socialista, a guerra obrigouna a exiliarse nos Estados Unidos, onde alcanzou o éxito que lle foi negado na súa terra. Despois de dar clases de español na Universidade de Columbia, asentouse de...

Lyt til podcasten Aquí faltan páxinas i Replaio

Radio og podcasts i én app - gratis og uden tilmelding. Installer i dag, og gå ikke glip af lanceringen

Hent den på Google Play

Replaio er ikke podcastudgiver; programmernes navne, coverbilleder og lyd tilhører deres ophavsmænd og distribueres via offentlige RSS-feeds.