Radio Municipal de Tui

Informativos

News GL ↓ Epizody: 3665

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.

Určitě navštivte web podcastu a podpořte jeho tvůrce: www.ivoox.com

Autor

Radio Municipal de Tui

Kategorie

News

Web podcastu

www.ivoox.com

Nejnovější epizoda

28. říj 2026

Kde poslouchat?

Podcasty v aplikaci Replaio Radio Už brzy

Podcasty míří do aplikace už brzy. Nainstaluj si ji teď a jako první uvidíš úplně nový pohled na podcasty

Stáhnout z Google Play Nainstaluj zdarma Android téměř 10 mil. stažení · hodnocení 4,8 iOS už brzy

Epizody

Noticias 13.30 h - Venres, 7 de xullo de 2023 07.07.2023

O pleno de organización que se vai celebrar o próximo martes no Concello de Tui, todas as citas da fin de semana e o deporte local, hoxe en Noticias 13.30 h.

Noticias 13.30 h - Xoves, 6 de xullo de 2023 06.07.2023

Información política, a presentación do IKFEM 2023, as numerosas citas culturais desta semana en Tui e na xornada e a información deportiva protagonizan hoxe Noticias 13.30 h.

Noticias 13.30 h - Mércores, 5 de xullo de 2023 05.07.2023

O PSOE gobernará en minoría en Tui, tras non acadar un acordo co BNG. Esta é unha das noticias de hoxe en Noticias 13.30 h, entre máis información política, citas da xornada e o deporte local.

Noticias 13.30 h - Martes, 4 de xullo de 2023 04.07.2023

O paro baixou en 91 persoas no Baixo Miño no mes de xuño até ás 2.653 desempregadas. Está unha das novas que recollemos hoxe en Noticias 13.30 h xunto a outra novas da actualidade e a presentación do Campionato de España e Trofeo III Ibérico de T-850 e GT-60 que se celebra este sábado en Tui.

Noticias 13.30 h - Luns, 3 de xullo de 2023 03.07.2023

A actualidade informativa deste luns, 3 de xullo de 2023, en Noticias 13.30 h. Recollemos a actualidade política, as citas destacadas deste mes de xullo coma o IKFEM e a Noite Internacional do Miño, e os éxitos deportivos da fin de semana.

Noticias 13.30h - Venres, 30 de xuño de 2023 30.06.2023

En Noticias 13.30 h de hoxe damos conta da clausura do programa Cultiva a Mente, do programa de coworking de emprendemento, do campamento de verán do concello de Tui, as citas da fin de semana e o deporte local.

Noticias 13.30h - Xoves, 29 de xuño de 2023 29.06.2023

No tempo de noticias de hoxe falamos sobre o peche do coworking da EOI e a Deputación de Pontevedra que tivo sede en Tui, a entrega dos premios do concurso de debuxo infantil do Consorcio de Augas do Louro, as citas da música folk en Tui e o deporte local.

Noticias 13.30h - Mércores, 28 de xuño de 2023 28.06.2023

Tempo de noticias no que contamos a previa do Festival da Cultural Tradicional e Folk que albergará Tui esta fin de semana. Tamén falamos da saída do Concurso de Patrullas da Brilat, citas da comarca e a victoria dos cadetes do Tyde na Asturias Cup no deporte.

Noticias 13.30h - Martes, 27 de xuño de 2023 27.06.2023

Tempo de noticias no que destacamos o 25 Concurso de Patrullas de Brilat que parte mañá dende Tui cara Santiago, o acto de cambio de mando na Comandancia Naval do Miño, investimentos nos concellos da comarca, as citas e o deporte local.

Noticias 13.30h - Luns, 26 de xuño de 2023 26.06.2023

Tempo de noticias no que lles contamos os investimentos do Plan PON20230 para Tui e a comarca, a participación de Tui no Consello da Infancia e o balance do Foro de Mobilidade Transfronteiriza. Amais, as citas do día e todo o deporte local.

Noticias 13.30h - Venres, 23 de xuño de 2023 23.06.2023

Noticias 13.30h no que lles contamos a constitución da nova corporación da Entidade Local Menor de Pazos de Reis e a clausura do Foro de Mobilidade Transfronteiriza en Tui. Tamén, todas as citas do San Xoán na cidade e na comarca e o deporte local.

Noticias 13.30h - Mércores, 21 de xuño de 2023 21.06.2023

Tempo de Noticias no que recordamos os avisos de tráfico na cidade e os seus accesos. Tamén, a conmemoración dos Xogos Florais de Tui, as citas para a próxima fin de semana e todo o deporte local.

Noticias 13.30h - Martes, 20 de xuño de 2023 20.06.2023

Tempo de Noticias 13.30h no que lles contamos distintos avisos de tráfico en Tui e nos accesos por actuacións xa en curso. Tamén detallamos a programación de San Xoán nas parroquias tudenses, máis citas para estas xornadas e o deporte local con protagonismo para o piragüismo.

Noticias 13.30 h - Luns, 19 de xuño de 2023 19.06.2023

A constitución das novas corporacións municipais é unha das novas que recollemos hoxe en Noticias 13.30 h. Tamén damos conta da actualidade de Tui e da comarca e os resultados deportivos da fin de semana.

Noticias 13.30 h - Venres, 16 de xuño de 2023 16.06.2023

Mañá sábado constitúense as novas corporacións municipais. Esta é unha das novas que recollemos en Noticias 13.30 h. Repasamos as diversas citas da fin de semana en Tui e na comarca, e tamén as as novas deportivas.

Noticias 13.30 h - Xoves, 15 de xuño de 2023 15.06.2023

Ás sete desta tarde terá lugar no Concello de Tui unha reunión informativa sobre a modificación puntual do PXOM en San Bartolomeu. Así o contamos en Noticias 13.30 h onde damos conta tamén do inicio das obras de humanización a rúa Lugo de Tui o próximo luns, recollemos tamén outras novas da actualidade, as citas e a información deportiva.

Noticias 13.30 h - Mércores, 14 de xuño de 2023 14.06.2023

A celebración do último pleno da corporación municipal actual en Tui, as sancións das infraccións na rúa, as citas da xornada e o deporte protagonizan hoxe a actualidade en Noticias 13.30 h.

Noticias 13.30 h - Martes, 13 de xuño de 2023 13.06.2023

O pleno extraordinario que celebra mañá a corporación municipal de Tui, o acordo entre o BNG e o PSOE no Rosal, os datos do paro en Tui ou a celebración de Aloiada 2023 centran as Noticias 13.30 h de hoxe martes.

Noticias 13.30 h - Luns, 12 de xuño de 2023 12.06.2023

Neste Noticias 13.30 h damos conta do foro sobre mobilidade transfronteiriza que se celebrará en Tui a próxima semana. Tamén damos información de sucesos, citas da xornada e os éxitos deportivos da fin de semana.

Noticias 13.30 h - Venres, 9 de xuño de 2023 09.06.2023

Neste tempo de información demos conta do fin da rolda de conversas postelectorais en Tui, do que foi a mañá na segunda xornada do Congreso EducODS, das citas da fin de semana e da información deportiva.

Noticias 13.30 h - Xoves, 8 de xuño de 2023 08.06.2023

O remate hoxe da rolda de conversas post electorais en Tui, a inauguración do II Congreso EducODS, as citas da xornada e o deporte marca a actualidade deste Noticias 13.30 h.

Noticias 13.30 h - Mércores, 7 de xuño de 2023 07.06.2023

En Noticias 13.30 h de hoxe damos conta da recepción aos equipos alevín e benxamín do Tyde que participarán no Torneo Internacional de Versmold e damos os detalles do III Congreso EducODS, entre outras novas.

Noticias 13.30 h - Martes, 6 de xuño de 2023 06.06.2023

O cambio de emprazamento do III Congreso EducODS, as case 250 propostas artísticas presentadas para participar nos showcases do MUMI 2023 e o desvío de tráfico na autovía centran a actualidade deste martes 6 de xuño.

Noticias 13.30 h - Luns, 5 de xuño de 2023 05.06.2023

Este mediodía gardouse un minuto de silencio diante da casa do concello en repulsa polo asasinato machista de Ana Vanesa esta fin de semana en Oia. Esta é unha das novas que recollemos en Noticias 13.30 h, xunto á publicación do censo electora para o 23X, as citas do día e os resultados deportivos da fin de semana con nomes propios coma o de Manu Garrido e David Fernández.

Noticias 13.30h - Venres, 2 de xuño de 2023 02.06.2023

Os datos do paro, que baixa na comarca, e as cifras de turistas e peregrinos do mes de maio en Tui abren este tempo de Noticias 13.30h. Tamén contamos as variadas propostas de lecer e cultura para esta fin de semana e todo o deporte.

Poslouchej podcast Informativos v Replaio

Rádio a podcasty v jedné aplikaci - zdarma a bez registrace. Nainstaluj si ji ještě dnes a nepropásni premiéru

Stáhnout z Google Play

Replaio není vydavatelem podcastů; názvy pořadů, obálky a audio patří jejich autorům a šíří se přes veřejné RSS kanály