Radio Municipal de Tui
Informativos
Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.
Určitě navštivte web podcastu a podpořte jeho tvůrce: www.ivoox.com
Autor
Radio Municipal de Tui
Kategorie
Web podcastu
Nejnovější epizoda
5. lis 2026
Kde poslouchat?
Podcasty v aplikaci Replaio Radio Už brzyPodcasty míří do aplikace už brzy. Nainstaluj si ji teď a jako první uvidíš úplně nový pohled na podcasty
Epizody
As redeiras da Guarda participan en cursos de deseño e produción de novos produtos de bixutería 16.12.2015 0:59
Preto de dez redeiras da Asociación de Redeiras do Baixo Miño Atalaia están a participar en distintos cursos durante estas semanas para deseñar novos produtos artesanais e polos en valor de cara a súa posterior venda, nunha iniciativa da Consellería de Economía e da Consellería do Mar. Manoli Pacheco, secretaria da Asociación de Redeiras do Baixo Miño Atalaia, facía unha valoración positiva destes...
Decoración de Nadal en rúas tudenses 15.12.2015 3:26
O Concello de Tui xunto coas florarías Flores Rita e La Flor Floristas, están a decorar as rúas do centro, do casco histórico tudense e a Ponte Internacional con motivos de Nadal. O concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, sinalou que esta proposta ten o obxectivo de embelecer a cidade, e agarda que a decoración sirva para dinamizar o comercio local
Esta mañá preséntouse a aplicación ORPAGU LEX 15.12.2015 1:57
Esta mañá tivo lugar na sede de ORPAGU na Guarda a presentación da aplicación ORGAPU LEX. A mesma ten por obxectivo facilitar o acceso a toda a lexislación e normativas relacionadas coa pesqueira de palangre de superficie. Juana Parada, xerente de ORPAGU, explicaba coma a flota dos palangreiros está sometida a distinta normativa internacional que se vai actualizando, polo que as veces resulta comp...
Declaracións de Javier Aguilera, director do IGAPE- Visita á empresa tudense Iberembal 14.12.2015 0:50
O director do IGAPE, Javier Aguilera, visitou esta mañá a empresa Iberembal no Parque Empresarial de Areas. O obxectivo da súa visita foi falar coa empresa Iberembal, para poder avaliar así diferentes programas de financiamento a través do apoio a fondo perdido para investimentos e creación de emprego.
Declaracións do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda- Novo convenio mantemento GES 14.12.2015 0:47
A Xunta de Galicia aprobará esta semana o novo convenio para o mantemento dos GES, grupo de emerxencias supramunicipais, por un período de cando menos tres anos, e contemplando novas actuacións ás que xa tiñan, coma intervencións para erradicar a vespa velutina. Así o explicaba esta mañá o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda.
Hoxe sábado preséntanse os traballos de recuperación do petróglifo de Ghorgholado no Rosal 11.12.2015 2:28
Hoxe sábado, 12 de decembro, ás 12h o Concello do Rosal fará a presentación pública dos traballos de recuperación e restauración do xacemento arqueolóxico do petroglifo de Ghorgholado na parroquia de Eiras. Tras tres anos de traballo, dende que unha veciña comunicou ao Concello a existencia deste petroglifo, dende mañá será xa visitable este lugar. En declaración á Radio Municipal de Tui a concell...
O Concello de Tui poxa hoxe unha euga e un poldro que apareceron a semana pasada 10.12.2015 0:17
Hoxe venres, 11 de decembro, ás 12h na Cruz nº17 en Malvas terá lugar a poxa dunha egua e un poldro que apareceron o pasado xoves e dos que non se atopou o dono. O concelleiro de Medio Ambiente , José Martínez Tato, explicaou na RMT que o Concello é o responsable civil subsidiario nestes casos polo que procede á venda mediante poxa destes animais.
Esta fin de semana incrementarase a presenza policial no conxunto histórico de Tui para evitar incidentes 10.12.2015 1:41
Esta fin de semana incrementarase a presenza policial no conxunto histórico de Tui coma medida disuasoria para evitar que se volvan producir incidentes coma a pelexa multitudinaria deste pasado domingo. Así o acordaron no día de onte o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o subdelegado do goberno en Pontevedra, Coello, no encontro que mantiveron. En concreto se reforzarase a presenza da Garda Civi...
Nova concentración nos Xulgados de Tui para demandar mellores instalacións 10.12.2015 0:24
Hoxe ao mediodía tivo lugar a segunda concentración, levada a cabo polos traballadores do Xulgado de Tui, ante o edificio número 3 no Paseo da Corredoira. O obxectivo destas concentracións é demandar unhas instalacións axeitadas para os tres xulgados tudenses. Mercedes Garrido, representante dos traballadores, declarou que de momento non teñen comunicación da Xunta de Galicia. Comunicou que a Xuíz...
Valoración positiva do IV Mercado de Nadal 07.12.2015 1:48
Valoración positiva do IV Mercado de Nadal celebrado onte domingo na rúa Ordóñez e nas prazas do Concello e de San Fernando. O concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, valorou positivamente tanto a asistencia de público coma as vendas realizadas polos distintos postos. Amais se recaudaron máis de 400 quilos de alimentos para SOS Tomiño-Baixo Miño. O concelleiro tamén deu conta da boa repercusión q...
Samuel Diz publica novo disco 'Impresiones y paisajes, como el primer libro de Lorca' 07.12.2015 0:31
O músico tudense Samuel Diz vén de publicar un novo disco froito do traballo de investigación que leva a cabo. Neste caso trátase de 'Impresiones y paisajes, como el primer libro de Lorca' dedicado á guitarra na Xeración do 27. En declaracións á Radio Municipal de Tui Samuel Diz explicaba que este novo traballo é o froito de catro anos de investigación sobre a Xeración do 27, tomando a figura de F...
O Centro Cultural San Fins de Rebordáns celebra o seu Nadal Cultural 05.12.2015 1:21
Dende onte venres e ata o luns 7 o Centro Cultural San Fins de Rebordáns, en Tui, está a celebrar o seu Nadal Cultural con diferentes actividades. Mañá terán un domingo solidario con recollida de alimentos para SOS Tomiño-Baixo Miño. Contounolo en declaracións á Radio Municipal de Tui o seu presidente Alfonso González.
Declaracións de Yolanda Rodríguez, concelleira- Última hora ataque informático 03.12.2015 2:18
A concelleira de Urbanismo do Concello de Tui, Yolanda Rodríguez, explicou que tralo ataque informático que afectou ós departamentos do Concello, practicamente xa está reactivada a actividade. Desta forma, os ordenadores xa están funcionando, está restablecido o rexistro de entrada e saída, e están funcionando case ó 100%, coa excepción de tres ordenadores que continúan apagados.
Declaracións de Yolanda Rodríguez, concelleira de Urbanismo- última hora do ataque informático 03.12.2015 2:28
Yolanda Rodríguez, concelleira de Urbanismo, informa que arestora están a traballar para arranxar o problema do virus informático, e agarda que estea solucionado ao longo da mañá. Para restablecer o servizo, están facendo copias de seguridade. Nestes momentos aínda non atoparon o foco de partida do virus, por iso, durante a mañá achegaranse de novo técnicos da Deputación para tentar esclarecer as...
Declaracións de Mercedes Garrido, voceira dos traballadores do Xulgado- Manifestación Xulgados Tui 02.12.2015 0:58
Este mediodía tivo lugar a primeira das concentracións convocadas para este mes diante do xulgado número 3 de Tui no Paseo da Corredoira. O obxectivo das mesmas é demandar unhas instalacións axeitadas para os tres xulgados tudenses. A concentración é aberta á cidadanía e repetirase os mércores, 9 e 16 deste mes. Mercedes Garrido, voceira dos traballadores do Xulgado, explicou que a concentración d...
Tui súmase á celebración do Día Mundial da SIDA 01.12.2015 0:54
Hoxe celébrase o Día Mundial da SIDA. Por este motivo o Servicio de Prevención de Drogodependencias do Concello de Tui leva a cabo distintas actividades coma a colocación dunha pancarta informativa na fachada da Área Panorámica. Tamén realizan obradoiros cos escolares para promocionar estilos de vida e formas de diversión saudables, desmitificar falsas crenzas e mala información. E na fin de seman...
Recital de Raquel Areal e Isolda Crespi o domingo 29 na Igrexa de Santo Domingo en Tui 27.11.2015 0:53
Este domingo, 29 de novembro, ás sete da tarde a Igrexa de Santo Domingo acolle un recital de música clásica organizado pola Asociación Trisquel e Medulio dentro das VII Xornadas Culturais. O concerto correrá a cargo da violinista tudense Raquel Areal Martínez e da pianista Isolda Crespi. Interpretarán obras de Bach, Beethoven, Bloch, Saint-Saën e Tchaickovsky. En declaracións á Radio Municipal de...
Concerto do Ensemble Galería hoxe venres na Igrexa de Santo Domingo 27.11.2015 0:30
Hoxe venres, 27 de novembro, 20.30h, a Igrexa de Santo Domingo de Tui acolle o concerto presentación do Ensemble Galería. Alejandro Garrido, director desta agrupación de corda, explicou á Radio Municipal de Tui que van interpretar o Adagio de Samuel Barber, o Concerto para viola e orquestra de cordas de Telemann e a Serenata para cuerdas de Tchaikovsky.
Hoxe ás 18.30h charla "Stop Vespa Velutina" na Sala Félix Rodríguez de Tui 27.11.2015 0:47
Qué compre saber sobre a vida e comportamento da Vespa Velutina; a ameaza real que supón e os colectivos máis afectados; como comportarse ante a presenza do insecto... serán parte dos contidos da charla “Stop Vespa Velutina” prevista para ás seis e media desta tarde na Sala Félix Rodríguez na Área Panorámica. O presidente da Asociación Galega de Apicultores será o encargado de explicar estes e out...
Mañá celébrase un novo Mercado da Verdura coa venda de produtos ecolóxicos 27.11.2015 0:38
Mañá sábado, 28 d e novembro, celébrase un novo Mercado da Verdura de 10 a 14h no Cárcere Vello de Tui rganizado polo Concello de Tui, Foro Tude e APEGA. Toñi Pereira, produtora ecolóxica, explicou na Radio Municipal de Tui os produtos que poderemos atopar mañá.
O Silabario renova a súa Estrella Michelín por sexto ano consecutivo 26.11.2015 0:38
Por sexto ano consecutivo o Restaurante Silabario de Tui está entre os distinguidos cunha Estrella Michelín pola prestixiosa guía gastronómica. Onte á noite tivo lugar en Santiago de Compostela a presentación da Guía 2016 para España e Portugal, e o Silabario figura entre os 157 que locen unha destas estrelas. Alberto González, en declaracións á Radio Municipal de Tui, explicaba que están moi cont...
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Reunión subdelegado por mercadillos 13.11.2015 2:56
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, foi un dos 19 alcaldes da provincia que se reuniron está mañá co subdelegado do Goberno en Pontevedra para tratar a problemática dos mercadillos. Foi unha reunión intensa e longa segundo o rexedor tudense da que sae unha mensaxe de firmeza fronte a aquelas conductas que tratar de alterar a normal convivencia entre os cidadáns. Entre as decisións tomadas está a...
Podobné podcasty
Replaio není vydavatelem podcastů; názvy pořadů, obálky a audio patří jejich autorům a šíří se přes veřejné RSS kanály