Radio Municipal de Tui
Informativos
Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.
Určitě navštivte web podcastu a podpořte jeho tvůrce: www.ivoox.com
Autor
Radio Municipal de Tui
Kategorie
Web podcastu
Nejnovější epizoda
5. lis 2026
Kde poslouchat?
Podcasty v aplikaci Replaio Radio Už brzyPodcasty míří do aplikace už brzy. Nainstaluj si ji teď a jako první uvidíš úplně nový pohled na podcasty
Epizody
Tui e Tomiño solicitan a colaboración da Xunta para a construción da senda fluvial entre os dous municipios 26.10.2016 3:39
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, presentaron esta mañá á conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, o proxecto de senda fluvial entre estes dous municipios. Este percorrido forma parte a súa vez un proxecto transversal con carácter transfronteirizo e estratéxico dos concelleiros ribeireños de unir de forma peonil dende Salvaterra ata a Guarda na beir...
Noticias 13.30h - Mércores, 26 de outubro de 2016 26.10.2016 27:00
A actualidade deste día nos informativos da Radio Municipal de Tui
A Asociación Vontade busca apoio para comprar un transporte adaptado 25.10.2016 3:32
A Asociación para persoas con discapacidade “Vontade” vén de emprender, coa colaboración do Concello de Tomiño, un proxecto denominado “AUTO NOMÍA”, co obxectivo de fomentar a independencia e a integración social das persoas con problemas de mobilidade. Concretamente, trátase de prestar un transporte adaptado a familias que carecen de recursos para comprar un vehículo destas características. Con e...
Tempo de cogomelos no Baixo Miño 25.10.2016 3:46
Estamos xa na última semana de outubro, coas chuvias e as baixadas de temperaturas é tempo de magostos, de Samaín e de cogomelos. Neste caso temos dous actividades programadas relacionadas con estes fungos. Na nosa comarca contamos con aproximadamente 15 especies diferentes comestibles, polo que é necesario saber diferencialas se queremos ir a por eles ao monte. En Areas, a Comunidade de Montes, o...
Noticias 13.30h - Martes, 25 de outubro de 2016 25.10.2016 27:02
En Noticias 13.30h recollemos a actualidade de Tui e do Baixo Miño
Noticias 13.30h - Luns, 24 de outubro de 2016 24.10.2016 32:44
A actualidade deste luns, 24 de outubro, en Noticias 13.30h.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui . Valoración anuncio modernización liña ferroviaria 22.10.2016 4:38
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, valorou esta semana na Radio Municipal de Tui o anuncio feito por Portugal sobre a modernización da liña do tren Vigo-Porto no seu territorio marcando coma prazos 2019 para sexa unha realidade. O rexedor tudense explicou que demandará do Ministerio de Fomento a concreción de prazos para rematar o investimento na parte galega ata a estación de Guillarei.
Noticias 13.30h - Venres, 21 de outubro de 2016 21.10.2016 30:39
A actualidade do día, as citas da fin de semana e os deportes en Noticias 13.30h
Noticias 13.30h - Xoves, 20 de outubro de 2016 20.10.2016 26:55
A actualidade deste xoves 20 de outubro na Radio Municipal de Tui
Noticias 13.30h - Mércores 19 de outubro de 2016 19.10.2016 24:59
As noticias deste mércores, 19 de outubro, en Noticias 13.30h
A Deputación presentará en decembro un proxecto de mobilidade sostible para A Guarda coa humanización de Concepción Aren 19.10.2016 3:51
O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, reuniuse hoxe co cos representantes da oposición e co equipo de mobilidade sostible da Deputación de Pontevedra, liderada polo deputado provincial Uxío Benítez, para redactar un plan de mobilidade sostible para toda a vila na que os peons se convertan no centro da vida urbana. Este proxecto sostible global, concretarase nunha primeira actuación que será a humani...
O nome de Óscar Carrera Amandi xa figura na rúa Olímpicos Tudenses 18.10.2016 1:02
Sete son os tudenses que teñen participado nuns Xogos Olímpicos, o último deles foi o padeeiro Óscar Carrera Amadi en Río 2016. O seu nome figura dende esta mañá na praca situada na rúa Olímpicos Tudenses, a caron do Centro Interferado e dos centros de remo e piragüismo. Óscar Carrera logrou o diploma olímpico ao ser quinto no K4 1000 metros este verán. O seu nome súmase aos dos padeeiros Enrique...
O Concello de Tui convoca o proceso para cubrir prazas de arquitecto e técnico da adminstración xeral 18.10.2016 2:25
O Concello de Tui convoca o proceso para cubrir prazas de arquitecto e técnico da adminstración xeral para o departamento de urbanismo e crear unha lista de reserva. As bases da convocatoria pódense consultar na web municipal. As solicitudes para participar neste proceso selectivo poden presentar ata o 27 deste mes. O concelleiro de Persoal, José Ramón Magán, deu conta desta convocatoria en declar...
Noticias 13.30h - Martes, 18 de outubro de 2016 18.10.2016 28:21
O que acontece en Tui e no Baixo Miño está presente nos informativos da RMT
Rehabilitada a rampla e creado un mirador con vistas ao porto no Pirún na Guarda 17.10.2016 2:53
Dentro do proxecto “Recunchos urbanos” o concello da Guarda rematou hai uns días a rehabilitación da rampla do Pirún, que se executará en 2005 para dar acceso ao Porto e que estaba en moi malas condicións polo que xa o ano pasado tivera que pecharse. As obras melloraron a rampla con mellor accesibilidade e amais creouse un mirador con excelentes vistas ao Porto.
Rematou a obra de mellora no “Camiño do Toxal” entre Cividáns e Pintán 17.10.2016 0:49
O Concello da Guarda vén de rematar as obras de asfaltado dentro do “Plan Marco: Mellora de camiños de titularidade municipal de acceso a explotacións agrarias 2016” nos camiños de acceso ás explotacións agrarias no camiño entre Cividáns e Pintán, coñecido coma o camiño do Toxal. Levouse a cabo o pavimentado do camiño con recollida de augas e rehabilitouse un tramo empedrado. Explicouno o alcalde...
Hoxe comezan a prestarse no novo centro de saúde de Tui os servizos de tarde 17.10.2016 1:43
Hoxe comezan a prestarse novos servizos no novo Centro de Saúde de Tui na rúa Casal Aboy. En concreto os servizos de tardes súmanse dende hoxe aos de urxencias, que comezaron o pasado día 30 de setembro, no novo ambulatorio. En concreto trátase dun médico xeral, un pediatra e dúas enfermeiras. Amais tamén hoxe a Unidade de Fisioterapia que presta atención en xornada de tarde tamén son no novo cent...
O luns comeza a sinalización do conxunto histórico de Tui 14.10.2016 1:28
O Concello de Tui comezará a próxima semana o proxecto de sinalización do conxunto histórico que deberá estar rematada antes do 31 deste mes. Así o explicaba a concelleira de Patrimonio, Carme Núñez.
Malasombra actúa o domingo no Auditorio de Goián 14.10.2016 1:11
Este domingo prosegue en Tomiño a programación do Outono Cultural. Ás 19h no Auditorio de Goián Malasombra producións presenta “Go on”. O prezo da entrada é de 3€. Deunos conta desta actividade a concelleira de Cultura, Cristina Martínez.
Fútbol Solidario en Valença cos veteranos do Celta 14.10.2016 1:22
Mañá ás 12h hora española haberá un encontro de fútbol solidario a favor dos bombeiros voluntarios de Valença no estadio Dr. Lourenço Raimundo. Enfrontaranse os veteranos de distintos equipos portugueses cos veteranos do Celta de Vigo. E amais no descanso do encontro haberá unha homenaxe. Contounolo o vereador de desporto de Valença. José Monte.
Este sábado arranca o ciclo de cinema infantil na Guarda 14.10.2016 1:15
Inside out, ou do revés, o filme gañador do Óscar á mellor película de animación no 2015 no que se narra o funcionamento das emocións nunha adolescente, chegará á Guarda este sábado na primeira cita do ciclo de cinema infantil da vila. A concelleira de cultura, Elena Baz, convida a toda a familia, non soamente aos cativos, a desfrutar do cinema. A cita será este Sábado ás 17.30 no Centro Cultural.
Noticias 13.30h - Venres, 14 de outubro de 2016 14.10.2016 27:24
A actualidade de Tui e do Baixo Miño recollémola nos informativos da Radio Municipal de Tu
A última proba do III Open de Andainas de 25 quilómetros dísputase este domingo en Tui 14.10.2016 1:43
Este domingo ás 9h sairá do pavillón da Macoca a derradeira andaina do Open de 25 quilómetros que organiza o Club Xistra de Vigo, en colaboración coa colaboración da Federación Galega de Montañismo, o Concello de Tui e a Entidade Menor de Pazos de Reis. Nesta proba decidirase quen é o campión da Copa de Andainas Populares de Regularidade, tras as camiñadas realizadas en Vigo, Pontedeva, Montes de...
Papelería Valverde (Tui) e Altamar (A Guarda), premio a toda unha vida 13.10.2016 2:54
Esta tarde ás 20.30h serán entregados os premios Traxectoria do Comercio Galego 2016 da Federación Galega de Comercio. O acto terá lugar no auditorio da sede de Afundación en Vigo (Policarpo Sanz, 24-26). Entre os 22 galardoados está, en Tui, a Librería Imprenta Valverde en recoñecemento a máis de 50 anos de traballo que se iniciaron en 1961 e que proseguen xa coa segunda xeración. Na comarca, con...
O Ceip Nº1 de Tui recibiu o segundo Premio Proxecta de Innovación Educativa polo proxecto do Horto Urbano e Reciclarte 13.10.2016 2:01
O pasado martes o CEIP nº1 recolleu en Santiago o segundo Premio Proxecta de Innovación Educativa polo proxecto do Horto Urbano e Reciclarte. Nuria Garabal é a directora do centro, que recolleu o premio xunto a profesora Nuria Feijoo, de mans do conselleiro de Educación, Román Rodríguez. Dende o CEIP volveron presentarse este ano con dous novos proxectos sobre o Camiño de Santiago e para realizar...
Podobné podcasty
Replaio není vydavatelem podcastů; názvy pořadů, obálky a audio patří jejich autorům a šíří se přes veřejné RSS kanály