Radio Municipal de Tui

Informativos

News GL ↓ Epizody: 3672

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.

Určitě navštivte web podcastu a podpořte jeho tvůrce: www.ivoox.com

Autor

Radio Municipal de Tui

Kategorie

News

Web podcastu

www.ivoox.com

Nejnovější epizoda

5. lis 2026

Kde poslouchat?

Podcasty v aplikaci Replaio Radio Už brzy

Podcasty míří do aplikace už brzy. Nainstaluj si ji teď a jako první uvidíš úplně nový pohled na podcasty

Stáhnout z Google Play Nainstaluj zdarma Android téměř 10 mil. stažení · hodnocení 4,7+ iOS už brzy

Epizody

Máis de 800 traballos presentados a Play-Doc 2017 17.01.2017

800 pezas audiovisuais presentaronse este ano a convocatoria de Play-Doc o festival Internacional de Documentais de Tui que se celebrará do 22 ao 26 de marzo. Son 800 filmes que foron estreados a partir de xaneiro de 2016 e que destacan, segundo o director do festival, Ángel Sánchez, pola súa diversidade. Agora, para o equipo do Play-Doc toca comezar o traballo de selección. Ademais desta selecció...

Noticias 13.30h - Luns, 16 de xaneiro de 2017 16.01.2017

A actualidade deste luns, 16 de xaneiro, e o resumo deportivo da fin de semana na Radio Municipal de Tui

Reparación da rede de saneamento das instalacións deportivas Álvarez Durán en Tui 16.01.2017

A reparación da rede de saneamento das instalacións deportivas Álvarez Durán está sendo acometida estes días por operarios municipais. O obxectivo dos traballos é eliminar o problema de filtracións que se tiña producido e que tiñan afectado á unha traída veciñal. Segundo explica o concelleiro de Deportes, Laureano Alonso, tras a denuncia presentada por uns veciños que detectaron problemas de conta...

O 2 de febreiro comeza unha nova temporada do Cineclub Poleiro 16.01.2017

O Cineclub Poleiro xa ten lista unha nova temporada que comezará o xoves 2 de febreiro e terá lugar o primeiro xoves de cada mes até maio. Son catro películas de temáticas ben diferentes. como Ramón Álvarez, presidente do cineclub, explicaba á RMT. Este novo ciclo rebaixa ademais o seu custe. O abono para os catro filmes pasa de custar 12€ a 10.

Balance positivo da II Mostra da Camelia Cidade de Tui celebrada na fin de semana 16.01.2017

Balance moi positivo da II Mostra da Camelia Cidade de Tui celebrada esta fin de semana. 70 expositores déronse cita na exposición realizada na Sala de Exposicións Municipal, na Área Panorámica, pola que pasaron centos de persoas. José Carlos Montes é unhas das persoas que levou a cabo a organización xunto ao Concello de Tui. O éxito acadado tanto na primeira edición coma na edición deste ano dall...

Noticias 13.30h - Venres, 13 de xaneiro de 2017 13.01.2017

A actualidade do día, as citas para a fin de semana e os encontros deportivos nos informativos da RMT

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Valoración reunión técnica sobre senda fluvial con Tomiño 12.01.2017

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, reuniuse esta mañá xunto a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, coa directora xeral de Medio Ambiente e a subdirectora xeral de Patrimonio Natural para abordar a execución da senda fluvial con Tomiño, dentro do obxectivo xeral do goberno municipal de que toda a beira do Miño estea unida por unha senda fluvial cara Tomiño e Salceda. Co alcalde desta última loca...

Noticias 13.30h - Xoves, 12 de xaneiro de 2017 12.01.2017

A actualidade deste xoves en Noticias 13.30h na RMT

Remeiros de Cambrigde adestran no Miño 11.01.2017

Corenta remeiros da universidade de Cambrigde adestran dende o pasado venres e ata este sábado en Tui. Pertencen ao First and Third, Trinity College Boat Club. Están a realizar tres adestramentos diarios en augas do Miño e nas instalacións do Remo do Miño, club anfitrión.

Noticias 13.30h - Mércores 11 de xaneiro de 2017 11.01.2017

O que é noticia neste mércores, 11 de xaneiro, contámolo nos informativos da Radio Municipal de Tui

Tui é a Noruega española, segundo unha publicación de viaxes 11.01.2017

Unha moi popular plataforma de viaxes vén de destacar a Tui no seu magazine baixo o titulo de “6 destinos infravalorados que visitar en 2017”. En concreto, dende esta publicación, que conta con milleiros de visitas diarias, define a Tui como a “Noruega española”.

Noticias 13.30h - Martes, 10 de xaneiro de 2017 10.01.2017

A actualidade do día en Tui e no Baixo Miño en Noticias 13.30h na RMT

Acitui organizará neste 2017 o Día de América como acto de irmandade entre Galicia e Latinoamérica 10.01.2017

Acitui presentará este 2017 o Día de América como gran evento patrocinado e organizado pola asociación. Terá lugar o 2 e 3 de setembro e arestora atópase xa avanzado con diferentes ideas e o apoio xa confirmado da Deputación de Pontevedra. Trátase de conectar cos diferentes países que acolleron e recibiron cos brazos abertos aos milleiros de galegos e galegas que tiveron que emigrar en busca dun f...

Os habitantes do Baixo Miño gastarán en torno a 100€ nestas rebaixas 09.01.2017

Os habitantes do Baixo Miño gastarán en torno a 90-100€ nas rebaixas de inverno que deron comezo xa. Dende ACITUI, o seu presidente, Juan Carlos Blanco, lamenta que a desregularización dos períodos de rebaixas prexudica ao pequeno comercio en favor das grandes superficies comerciais e pide que se volve ao anterior modelo de períodos limitados por campañas.

Noticias 1330h - Luns, 9 de xaneiro de 2017 09.01.2017

En Noticias 13.30h recollemos a actualidade de Tui e do Baixo Miño

Noticias 13.30h - Xoves, 5 de xaneiro de 2017 05.01.2017

A relación das cabalgatas na contorna e as citas da fin de semana centran o informativo de hoxe xoves, 5 de xaneiro.

O paro subiu en decembro no Baixo Miño en130 persoas rexistrándose 4.732 desempregados 04.01.2017

Na comarca do Baixo Miño había a 31 de decembro de 2016 4.732 parados, son 130 máis que o mes anterior, pero 434 persoas menos que en decembro de 2015. Ao longo de 2016 – de xaneiro a decembro – o paro baixou na comarca en 598 persoas. Por concellos o paro subiu en todos os municipios en decembro. En Tui o ano 2016 rematou con 1670 desempregados, son 10 máis en novembro, pero 164 menos que no mesm...

Noticias 13.30h - Mércores, 4 de xaneiro de 2017 04.01.2017

Nos informativos da Radio Municipal recollemos a actualidade deste día, con destaque para os datos do paro e as citas festivas

Os cativos de Tui xa escribiron a carta aos Reis, pero se portaron ben? 03.01.2017

Hoxe compartimos uns minutos cons nenos e nenas que participan nos obradoiros de Nadal organizados polo Concello de Tui e nos contaron as falcatruadas que fixeron ao longo do ano esperando que os Reis Magos as pasen por riba e lles traian os seus agasallos.

Noticias 13.30h - Martes 3 de xaneiro de 2017 03.01.2017

A actualidade de Tui e do Baixo Miño presente nos informativos da RMT

Seis axentes denuncia a situación de traballo da Policía Local. O concello sacará en xaneiro 4 prazas 02.01.2017

Seis axentes da policía local de Tui denuncian a situación en que traballan por número de efectivos, instalacións e condicións económicas. Avanza que non farán horas extras para a Cabalgata de Reis deste xoves. O concelleiro de Seguridade explica que neste mes levarán a pleno a oferta pública de emprego de 4 axentes para a Policía Local. Par a Cabalgata de Reis contarán con cinco axentes, o que es...

Noticias 13.30h - Luns, 2 de xaneiro de 2017 02.01.2017

A actualidade deste 2 de xaneiro na Radio Municipal de Tui en Noticias 13.30h

Noticias 13.30h . Venres, 30 de decembro de 2016 30.12.2016

No derradeiro informativo do ano 2016 recollemos a actualidade de Tui e do Baixo Miño.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Valoración pleno extraordinario decembro 29.12.2016

A aprobación inicial da ordenanza contra a contaminación acústica e os pregos de licitacióndo servizo de limpeza viaira foron rexeitados onte en pleno polos grupos da oposición. Falamos do pleno co alcalde, Enrique Cabaleiro.

Noticias 13.30h - Xoves, 29 de decembro de 2016 29.12.2016

A actualidade informativa de cada día nos informativos da Radio Municipal de Tui

Poslouchej podcast Informativos v Replaio

Rádio a podcasty v jedné aplikaci - zdarma a bez registrace. Nainstaluj si ji ještě dnes a nepropásni premiéru

Stáhnout z Google Play

Replaio není vydavatelem podcastů; názvy pořadů, obálky a audio patří jejich autorům a šíří se přes veřejné RSS kanály