Radio Municipal de Tui
Informativos
Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.
Určitě navštivte web podcastu a podpořte jeho tvůrce: www.ivoox.com
Autor
Radio Municipal de Tui
Kategorie
Web podcastu
Nejnovější epizoda
5. lis 2026
Kde poslouchat?
Podcasty v aplikaci Replaio Radio Už brzyPodcasty míří do aplikace už brzy. Nainstaluj si ji teď a jako první uvidíš úplně nový pohled na podcasty
Epizody
Tomiño e Cerveira presentaron hoxe o parque do Castelinho e do concurso de ideas da ponte peonil sobre o Miño 10.08.2017 2:39
Esta mañá presentouse publicamente o Parque Transfronteirizo Castelinho-Fortaleza e o concurso de ideas para a ponte peonil sobre o río Miño, dentro do proxecto Visti Río Miño financiado polo Interreg. Trátase da primeira pedra do camiño a percorrer para facer realidade este proxecto. A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, explicou que tras a presentación de hoxe ábrese o proceso que engloba tres...
Máis de 11 mil persoas pasaron en xullo pola Oficina e Punto de Información Turística de Tui 10.08.2017 3:22
Bos datos do turismo en xullo en Tui coma indican as máis de 11 mil persoas que pasaron pola Oficina Municipal e polo Punto de Información Turística. En agosto agárdanse que estas cifras sexan superiores dada a media de 400 consultas diarias que se están a rexistrar coma avanzou o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso.
Os nenos saharuís que pasan o verán en Tui no programa Vacacións en Paz foron recibidos hoxe no Concello 10.08.2017 2:56
Hoxe tivo lugar no Concello de Tui a recepción aos nenos saharauis que pasan o verán no municipio. Xunto aos nenos e nenas e as súas familias de acollida estiveron presentes Alba Costas e Henrique Porto, de Solidaridade Galega co Pobo Saharaui, que quixeron dar as gracias ao Concello e ás familias pola acollida, así como o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, que tivo unhas palabras de benvida para...
Noticias 13.30h - Xoves, 10 de agosto, de 2017 10.08.2017 25:48
A actualidade deste xoves, 10 de agosto, en Noticias 13.30h
Noticias 13.30 - Mércores, 9 de agosto de 2017 09.08.2017 24:47
A actualidade deste mércores, 9 de agosto de 2017, en Noticias 13.30h na RMT
Noticias 13.30 - Martes, 8 de agosto de 2017 08.08.2017 26:03
A actualidade deste martes, 8 de agosto, de 2017 en Noticias 13.30h
Tomiño acolle gran parte das actividades da Escola Eu Rural Cos Pés na Terra 08.08.2017 3:43
Onte poñíase en marcha a Escola Eu Rural, un proxecto da Asociación de Desenvolvemento Rural Mancomunidade Vigo – Baixo Miño, na que se encontran agrupados un total de 15 concellos. Esta iniciativa inaugúrase cunha serie de actividades que, baixo o título Cos Pés na Terra, están pensadas como itinerario formativo de máis de 140 horas. As actividades vanse desenvolver principalmente no Concello de...
Este venres terá lugar a subida do Arco de San Bartolomé 08.08.2017 1:19
Este venres terá lugar a subida do Arco de San Bartolomé ata o adro da Igrexa, onde permanecerá durante 15 días con motivo das festividades de San Roque e San Bartolomé. Este arco floral forma parte dunha tradición centenaria que algúns veciños decidiron recuperar hai catro anos. Debido á subida do arco, o venres a partir das 9 e media da noite todos os veciños están convidados a facer unha cea ao...
Semana temática “A auga do Aloia” dende hoxe e ata o domingo 08.08.2017 3:03
Dende hoxe e ata este domingo o Centro de Visitantes do Parque Natural do Monte Aloia celebra a semana “A Auga do Aloia” na que farán fincapé a importancia que o ciclo da auga ten neste espazo natural. Así o explicaba en declaracións á Radio Municipal de Tui Juan José Rodríguez, guía do Parque Natural do Monte Aloia. Os interesados en participar nesta actividade poden achegarse directamente ata o...
Noticias 13.30h - Luns, 7 de agosto de 2017 07.08.2017 23:29
A actualidade deste luns, 7 de agosto, en Noticias 13.30h
Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Sinatura convenio variante de Tomiño 07.08.2017 4:47
Nos primeiros meses de 2018 poderán comezar as obras da variante de Tomiño que suporán un investimento de 3 millóns de euros e terán un prazo de execución de 15 meses. O pasado venres tivo lugar a sinatura do convenio entre a Xunta, a Deputación e o Concello de Tomiño que permitirá facer realidade este proxecto no que dende o consistorio levaban traballando dous anos. A alcaldesa de Tomiño, Sandra...
Tui acolle do 1 ao 3 de setembro as Xornadas Europeas da Cultura Xudea 04.08.2017 5:42
Os Sambenitos, a casa de Salomón, a menorá da Catedral forman parte do patrimonio tudense ligado á cultura xudía. Estes son tres elementos destacados pero hai moito máis que se dará a coñecer nas Xornadas Europeas da Cultura Xudea que presentaron esta mañá o alcalde, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso,e o historiador tudense, Suso Vila.
Noticias 13.30 - Venres, 4 de agosto de 2017 04.08.2017 25:41
A actualidade deste venres, 4 de agosto de 2017, en noticias 13.30h.
Noticias 13.30h - Xoves, 3 de agosto de 2017 03.08.2017 22:12
A actualidade deste xoves, 3 de agosto, en noticias 13.30h na RMT
Tui acolle a exposición 'Rexas. Mulleres baixo o terror franquista' ata o 30 de agosto 03.08.2017 3:56
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Cultura, Mª José González, o deputado de Cultura, Xosé Leal, xunto á comisaria da mostra Montse Fajardo e un familiar das vítimas, Julián Jaso, inauguraron hoxe a exposición "Rexas. Mulleres baixo o terror franquista". A mostra pode visitarse ata o 30 deste mes na sala de exposición da Área Panorámica.
En xullo 3.921 peregrinos saíron dende Tui cara Compostela 02.08.2017 4:08
Tui foi en xullo o terceiro punto de saída de peregrinos cara Compostela con 3.921 persoas, despois de Sarria e S. Jean P. Port, mentres dende Valença partiron 1.047 peregrinos. Co que, se sumamos o cómputo total, segundo os datos da Oficina de Acollida de Peregrinos, da Eurocidade saíron 4.968 persoas.
Noticias 13.30 - Mércores, 2 de agosto de 2017 02.08.2017 25:48
A Actualidade deste mércores, 2 de agosto de 2017, en Noticias 13.30h
Visitas guiadas en Tui, A Guarda e Oia 01.08.2017 8:14
Este verán podemos coñecer máis do patrimonio e a historia do Baixo Miño grazas ás visitas guiadas que se celebran en Tui, na Guarda e en Oia.
Noticias 13.30 - Martes, 1 de agosto de 2017 01.08.2017 25:29
A actualidade deste martes, 1 de agosto, de 2017, en Noticias 13.30h
Actos vandálicos esta fin de semana nas piscinas e en Caldelas 31.07.2017 2:14
Esta fin de semana rexistráronse actos vandálicos nas piscinas municipais de Tui e no parque infantil en Caldelas. Onte os operarios das piscinas avisaban dos desperfectos causados de madrugada nestas instalacións municipais. Onte levouse a cabo un traballo de limpeza para poder abrir igulamente as piscinas, e hoxe serán reparados os sistema de rego e rexillas que foron destrozados. Así o explicab...
Noticias 13.30 - Luns, 31 de xullo de 2017 31.07.2017 27:55
A actualidade deste derradeiro día de xullo en Noticias 13.30h.
Noticias 13.30 - Venres, 28 de xullo de 2017 28.07.2017 25:14
A actualidade deste venres, 28 de xullo de 2017, en noticias 13.30h
Resumo pleno ordinario corporación municipal de Tui do 27 de xullo de 2017 28.07.2017 12:00
Algo máis de dúas horas durou o pleno ordinario que onte celebrou a corporación municipal de Tui. No mesmo tomaron posesión coma concelleiro Yovana Velázquez do PP e Andrés Urseira de CsT. Foron aprobados dous expedientes para habilitar case 1,9 millóns de euros para distintos proxectos con cargo ao remanente de tesourería. Tamén se aprobou a solicitude de cesión de novo da Área Panorámica á Xunta...
Noticias 13.30 - xoves, 27 de xullo de 2017 27.07.2017 25:07
A actualidade deste xoves, 27 de xullo, en Noticias 13.30h na RMT
Máis de 700 persoas participaron na concentración contra a moción de censura 27.07.2017 1:26
Cunha pancarta na que se podía ler “Non queremos voltar atrás! Non á moción de censura” máis de 700 persoas concentráronse onte na praza do Concello de Tui para amosar a súa disconformidade coa posible presentación dunha moción de censura. Durante o acto continuaron a recoller sinaturas ao manifesto feito público polo Colectivo Contra a Moción de Censura, que convocou o acto de onte, no que tamén...
Podobné podcasty
Replaio není vydavatelem podcastů; názvy pořadů, obálky a audio patří jejich autorům a šíří se přes veřejné RSS kanály