Radio Valladares

ESPERTA VALLADARES

ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario. Analizamos a actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo.

Určitě navštivte web podcastu a podpořte jeho tvůrce: www.ivoox.com

Autor

Radio Valladares

Kategorie

Society

Web podcastu

www.ivoox.com

Nejnovější epizoda

29. zář 2026

Kde poslouchat?

Podcasty v aplikaci Replaio Radio Už brzy

Podcasty míří do aplikace už brzy. Nainstaluj si ji teď a jako první uvidíš úplně nový pohled na podcasty

Stáhnout z Google Play Nainstaluj zdarma Android téměř 10 mil. stažení · hodnocení 4,8 iOS už brzy

Epizody

ESPERTA VALLADARES Martes 8/08/2017 08.08.2017

En Esperta Valladares tentamos comprender a realidade venezolana coa visión institucional do cónsul de Venezuela en Vigo, Martín Pacheco, e mais coa do xornalista e politólogo na Universidade de Zaragoza, Rubén Ramos. Tamén falamos de maquetas navais coa asociación Amonega, que estará no Monte dos Pozos o día da Festa do Socio. E música emerxente para rematar o progama con Skarallaos.

ESPERTA VALLADARES Luns 7/08/2017 07.08.2017

Abrimos o programa de hoxe falando cun dos organizadores do Marisquiño, Joako Ezpeleta. E xa na semana previa á Festa do Socio, o mestre de gaita Xosé Oliveira, vainos contar que están a preparar no grupo Aturuxo para a actuación deste domingo no Monte dos Pozos. Como estamos moi festeiras, imos parar un anaquiño na festa mexicana de Avión para facer unha conexión coa Charanga Vaite Xa, que andan...

ESPERTA VALLADARES Venres 4/08/2017 04.08.2017

Moita natureza no Esperta de hoxe: -Rastrexos, andainas nocturnas con probas polos montes de Pontevedra. -Rutas de senderismo pola provincia de Ourense con Rutea. Tamén falaremos de maxia con Óscar Fernández, que ven ensinar algúns trucos ós rapaces do campamento de verán no centro veciñal e tamén nos fará algún para o facebook da radio. E, finalmente, repasamos á axenda cultural, que ven carga ne...

ESPERTA VALLADARES Xoves 3/08/2017 03.08.2017

No programa de hoxe.. dende Valladares para o mundo con xente de aquí: -Travesías a nado con Alex Piñeiro -Hábitos de consumo na mocidade co profesor da Universidade de Zaragoza, Rubén Ramos -E con Xoana Barros e Xavi Mateo, matrimonio galego- catalán, sobre o referendum catalán. E moita música made in Galicia.

ESPERTA VALLADARES Mércores 2/08/2017 02.08.2017

No programa de hoxe: Quentando motores cara o Marisquiño con Tom Valderrama, especialista galego en BMX. Percorremos algunhas zonas en conflicto do mundo co fotoxornalista Felipe Carnotto. E na parte mais desenfadada, sacámoslle punta á canción do verán "Despacito".

ESPERTA VALLADARES Martes 1/08/2017 01.08.2017

Xa entramos en agosto, metade do verán alá vai xa! Hoxe ven Zaida cos seus consellos de como sobrevivir a túa parella durante as vacacións estivais. E tamén, comenzan os novos cursos nos campamentos de verán no centro veciñal e ven Zoila, a contárnolo. Temos o gañador de Interbarios, Bruno Vila Estévez. E para rematar, achégase ata o estudio Marcos de la Fuente, organizador do festival de poesía K...

ESPERTA VALLADARES Luns 31/07/2017 31.07.2017

Hoxe no programa varremos moito para casa: -Entrevistamos a Emilio de Alimentación Valladares. -Juanote fálanos da final de Interbarrios -E Jaime Vila, cóntamos do concerto da Escola de Acordeóns na Porta do Sol este sábado.

Esperta Valladares 28/07/2017 28.07.2017

Hoxe con nós: - Son da Rúa, grupo rapeiro de Pontareas. -Gustavo Castro, trompa da Orquesta Sinfónica de Extremadura -Interbarrios e Torneo de San Campio con Juanote.

Esperta Valladares 27/07/2017 27.07.2017

Cómics, banda deseñada, tebeos... hoxe no programa, primicia!!! Os rapaces do campamento de verán veñen presentarnos o seu primeiro cómic "Axuste de contas". Axiña, nas tendas da Garrida e do barrio da Igrexa. E no estudio, tamén con nós, Roberto Oliveira, percusionista de música contemporánea de aquí ó lado, de Salceda de Caselas.

Esperta valladares 26/07/2017 26.07.2017

Hoxe tertulia sobre as festas patronais. Veñen ata o estudio as comisións de festas da contorna: Pupe por Santa Ana (Beade), Germán por Santa Mariña (Vincios), Pepe por As Neves en Matamá), Cipri por San Xoán de Freixo e Nieves por San Campio (Valladares). Aderezado, coma sempre, con moita música festeira.

ESPERTA VALLADARES 24/07/2017 24.07.2017

Neste programa visitannos as familias de Valladares que acollen nenos saharauis este verán. Ademáis, a coral de Chaín vennos contar que están argallando para este domingo polo 25 aniversario: "Conquistando o paraíso". E coma tódolos luns, A chamada da Cousa, con Germán Son sobre a pintura do Bosco "A nave dos Loucos"

ESPERTA VALLADARES Venres 21/07/2017 21.07.2017

Quen non subiu nun Vitrasa? Hoxe, no programa, anécdotas para encher un autobús! No magazine mais festivaleiro da semana, falamos con Julio Gómez, organizador do Sinsal, e damos un repaso os festis para os próximos quince días, que son moitos, moitos!!! E no "Ciclo de Concertos Íntimos no Curruncho", hoxe visítanos a zanfoña e a pandeireta de Caruncho.

ESPERTA VALLADARES Xoves 20/07/2017 20.07.2017

Programa adicado ás MA RA BI LLO SAS Illas Cíes. Tamén contaremos historias e lendas das outras illas atlánticas (Ons, Sálvora e Cortegada). E polo estudio pasarán a Banda de Gaitas Xarabal e mais a Banda de Música de Valladares para falarnos do concerto de esta fin de semana no Parque do Retiro en Madrid.

ESPERTA VALLADARES Mércores 19/07/2017 19.07.2017

Hoxe vos propoñemos un xogo interxeracional. Dúas persoas: unha nacida nos anos 40 e outra despois do 2000. Como usan o facebook, como fan as beiras ou como viaxan unha persoa...? Mais diversión coa canción explicada: "Bambú" de Miguel Bosé e moito teatro co grupo Escoitade, que nos veñen contar da gravación de Peer Gynt e da escola de teatro.

ESPERTA VALLADARES Martes 18/07/2017 18.07.2017

Programa moi variado e moi local. Falamos sobre o raku, unha técnica de cerámica sobre a que se está a impartir un obradoiro na Casa de Montes de Valladares. Tamén, sobre o XXIII Festival Folclórico Internacional que comeza hoxe en Vigo cunha actuación no auditorio do Centro Cultural de Valladares con grupos de Turquía e Cuba. E da I Romaría das Carballeiras, pola defensa do bosque autóctono galeg...

ESPERTA VALLADARES Luns 17/07/2017 17.07.2017

Programa moi musical para comezar a semana despois dunha fin de semana tan festeira. Ó fío da Festa do Carme, facemos un ranking coas cancións máis ocurrentes adicadas ás Cármenes. E coma todos os luns, na sección de Germán Son, A chamada da cousa, divagamos sobre a figura de Dionisio e Baco.

ESPERTA VALLADARES Venres 14/07/2017 14.07.2017

Bo día! Esperta Valladares! Quen son os millenials? A que adican o seu tempo? Como lles gusta vivir? Hoxe, debate interxeneracional. E tamén, a todos os que nos escoitades vos preguntamos "Que é o que por mais que che expliquen non che entra na cabeza?". Moita participación nas redes sociais, coma sempre. Dámoslle unha voltiña á axenda cultural para o fin de semana, moi intensa, por certo, que xa...

ESPERTA VALLADARES Xoves 13/07/2017 13.07.2017

Día mundial do Rock! Abrimos Esperta Valladares co ranking das 20 mellores cancións de rock; paseamos polo panorama de rock vigués con Jesús Hidalgo, de Discos LP; e nunha parroquia tan rockeira, non podían faltar os festivais: O Revoltallo, cun dos seus primeiros organizadores, Carlos Alonso, e o Freixo Rock, cun dos grupos habituais, Demencia Sonora. Let's rock!

ESPERTA VALLADARES Mércores 12/07/2017 12.07.2017

Moi fresca esta mañá en Esperta Valladares! Nova sección de análise sociolóxico "made in Valladares" con Zaida, veciña da parroquia. E se inda non escoitástedes "Felices los 4" de Maluma, explicamos a letra con moita moita retranca da nosa. A música en directo a poñen Psaiko Quartet, un grupiño de rapaciños moi novos do Conservatorio de Palma de Mallorca. Moi recomendables!

ESPERTA VALLADARES Martes 11/07/2017 11.07.2017

En Esperta Valladares hoxe temos debate! As pensións e seu futuro con Henrique Vieitez e Diego Monroy. A parte musical ven da man dos profesores de clarinete, César Posada e Xocas Meijide, do curso internacional de clarinete e saxo que está tendo lugar esta semana en Valladares.

ESPERTA VALLADARES Luns 10/07/2017 10.07.2017

No programa de hoxe con nós, Tomás Alonso, un dos mestres de saxo do Curso Internacional de Saxos e Clarinetes que ten lugar do 10 ao 14 de xullo en Valladares. E tamén moito deporte. Patinaxe con Tamara Valderrama, que ven falar do Campionato Galego de Patinaxe celebrado esta fin de semana no pavellón de Valladares. E das travesías a nado con Diego Monroy, que estivo na recente travesía a nado de...

ESPERTA VALLADARES Venres 7/07/2017 07.07.2017

As portas do finde ábrense en Esperta Valladares!! Viaxamos a algún dos moitos festivais: ó SeaFest co seu director, Alberto Alonso; ó ImaxinaSons co pianista Xan Campos; a VigoTaku, festa otaku sobre cultura xaponesa... repasamos a axenda cultural para sábado e domingo. Un cóctel combinado co tema do día... xente que colecciona cousas raras.

ESPERTA VALLADARES Xoves 6/07/2017 06.07.2017

Hoxe no programa falamos deses nomes raros de lugares, persoas... cantos nomes raros coñecemos? Visítanos o percusionista cubano Yuvisney, que actúa no festival ImaxinaSons, e tamén teremos con nós a Franscisco González, responsable de XiraKarting. Ademáis, escoitaremos historias da parroquia: "A do Bar Rial".

ESPERTA VALLADARES Mércores 5/ 07/2017 05.07.2017

Xa estamos no verán! Sodes viaxeiros? Este matinal de Esperta Valladares ven cargado de anéctodas de viaxes moi simpáticas. Hoxe estreamos sección "A canción explicada", unha versión moi nosa das cancións que a letra dea pé a unha segunda interpretación ;)) E estarán con nós tamén, o premio Xeráis 2017, Santiago Lopo, e a gañadora do premio Jules Verne de literatura xuvenil de Xeráis 2016, Iria Mi...

ESPERTA VALLADARES Martes 4/ 07/2017 04.07.2017

Neste novo programa en directo de ESPERTA VALLADARES. Analizamos a actualidade, falamos con Manuel Bragado, director de Xerais, e Xurxo Patiño, presidente da Federación de Libreiros de Vigo e rexente de Librouro, sobre Feira do Libro que está tendo lugar en Vigo. Ademáis, continuamos coñecendo mais grupos que participan no Festival ImaxinaSons, hoxe con nós, Succory. Todo isto fiado polo noso tema...

Poslouchej podcast ESPERTA VALLADARES v Replaio

Rádio a podcasty v jedné aplikaci - zdarma a bez registrace. Nainstaluj si ji ještě dnes a nepropásni premiéru

Stáhnout z Google Play

Replaio není vydavatelem podcastů; názvy pořadů, obálky a audio patří jejich autorům a šíří se přes veřejné RSS kanály