Radio Valladares

ESPERTA VALLADARES

ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario. Analizamos a actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo.

Určitě navštivte web podcastu a podpořte jeho tvůrce: www.ivoox.com

Autor

Radio Valladares

Kategorie

Society

Web podcastu

www.ivoox.com

Nejnovější epizoda

29. zář 2026

Kde poslouchat?

Podcasty v aplikaci Replaio Radio Už brzy

Podcasty míří do aplikace už brzy. Nainstaluj si ji teď a jako první uvidíš úplně nový pohled na podcasty

Stáhnout z Google Play Nainstaluj zdarma Android téměř 10 mil. stažení · hodnocení 4,8 iOS už brzy

Epizody

Enterro da sardiña & temazcal & artesanía e reciclaxe 06.03.2019

Despedimos ó Entroido ata o ano que ven. Ides acompañar o cortexo fúnebre? Ou pensades aquelo de que a chorar, a Cangas. Repasamos os distintos actos fúnebres do Entroido no sur de Pontevedra: enterro da sardiña, da lamprea, do bacallau, do berete... Descubrimos o temazcal, unha medina ancestral. Unha especie de sauna de vapor que se ven utlizando en mexico dende tempos memoriais. En Sárdoma prepa...

Martes de Entroido & Tanxedoras & Malaherba colectivo 05.03.2019

Entroido!!! Disfrazádesvos? Tapades a cara coa careta ou pintádela un chisco e andando? Das máscaras falamos hoxe no programa. Imos ir ata Matamá para falar co colectivo malaherba. Este sábado celebran unha xornada conxunta Freixo-Matamá pola recuperación do monte. E na parte musical, o mes de marzo en Valladares ríndeselle homenaxe ó gaiteiro Moxenas. Falamos con Tanxedoras, 3 mulleres que veñen...

VALLADARES NOS BARES. San Blas 25.01.2019

Saimos de furanchos!!! Imos ata San Blas a un furancho moi enxebre. O ENDULZA TU VIDA é un cortello o resto do ano... pero en xaneiro engalánase: concertos case todas as noites, first dates, bo viño e cocido por encarga. Un fervedeiro de xente nova!!! E como é o San Blas a ollos dun estranxeiro? Falamos cun italiano, asiduo nos últimos 5 anos a esta romería.

Esperta Valladares- Xoves 24/01/2019 24.01.2019

Imos ata Siberia para atravesar o lago Baikal, xeado nestes momentos, coas deportistas Chus Lago, Rocío García e Verónica Romero. Esta expedición forma parte do seu proxecto persoal "Compromiso con la Tierra" para concienciarnos do desxeo e dos cambios no clima. Apuntaríadesvos a esta aventura? Sodes uns Indiana Jones da vida ou as expedicións, mellor miralas na tele? Pois repasamos uns documentai...

Esperta Valladares- Mércores 23/01/2019 23.01.2019

O programa vai de música: A de Nirvana con School - Tributo a Nirvana, uns rapaces de Pontareas que non paran de dar concertos... en Galicia e mais en Portugal. O cuarto son está de centenario. Germán Son ven facer un repasiño polos mellores. E, como imos sortear o vinilo de Basanta, preguntámonos se a xente inda escoita a música en tocadiscos ou xa vai toda no móbil. Son os vinilos máxicos? de co...

Esperta Valladares - Martes 22/01/2019 22.01.2019

Chocolate!!! Larpeiros, imos enchernos a falar de chocolate... negro, con leite, con almendras, bombóns, tartas.... un paraíso!!! E nos preguntamos, hai alguén a quen non lle guste o chocolate? Para eles tamén hai chocolate... blanco! E ademáis, abdominales hipopresivos. Que son? Trabállase o suelo pélvico e mellorase a incontinecia urinaria, a postura corporal... falamos dos beneficios con Inés A...

Esperta Valladares - Luns 21/01/2019 21.01.2019

Que información se agocha detrás dos apelidos? Danos algunhas indicacións a lingüista galega, Ana Boullón, que está a elaborar o diccionario de apelidos en Galicia. Falamos con ela das particularidades dos apelidos noutros países. Ademáis, entramos na cartografía dos apelidos galegos e rastrexamos por onde andan os "Moreda", "Alonso", "Piñeiro", "Abalde", "Costas", "Comesaña"... https://ilg.usc.es...

Esperta Valladares- Venres 18/01/2019 18.01.2019

Viaxamos con moi boa música, a de Basanta, pola cara oculta e máxica da nosa terra. Sábado 19 de xaneiro, celébrase o Día Mundial da Neve. Cando ides a Manzaneda ou a calquer outra montaña nevada sodes de deslizarvos unha e outra vez cos esquíes, trineos ou o que pilledes por banda ou mellor preferides lanzar bolas, facer monecos de neve e ir tomar un chocolate quente? Os venres tamén repasamos a...

Esperta Valladares- Xoves 17/01/2019 17.01.2019

Autostop!! A última vez que fixéstedes foi, cando? Ou recollestedes a alguén ? Imos falar de peripecias e aventuras facendo dedo. Ademáis, repasamos as 10 cancións galegas mais escoitadas nos últimos meses con Sara Radio Valladares, que viu por sorpresa ata o estudio.

Esperta Valladares- Mércores 16/01/2019 16.01.2019

Os abueliños!! Fóstedes criados con eles? Que memorias vos quedaron? Non tendes abuelos a man? Ou queredes netos e non dan chegado? Quierounabuelo.es busca crear e recuperar ese vínculo entre abuelos e netos. Concertos en localizacións secretas e artistas sorpresa. Sucede unha vez ó mes en mais de 400 lugares do mundo. Aquí en Galicia os organiza Sofar Sounds A Coruña.

Esperta Valladares- Martes 15/01/2019 15.01.2019

Nos últimos anos está a haber un auxe nos partos na casa. Falamos coa Asociación Galega de Matronas, con Marta Bernárdez que atendeu partos nos hospitais de vigo e que agora tamén atende na casa. Queremos saber como son, en que condicións se fan, se supoñen un risco… en definitiva, despexar dúbidas. Ademáis, tamén preguntamos ós nosos ouvintes onde naceron e como foi o seu parto. E recomendamos un...

Esperta Valladares- Luns 14/01/2019 14.01.2019

Comezamos a semana con temas de interés moi local. O PXOM de Vigo está sen aprobar e moitos veciños non saben se poden ou non poden construir nas súas leiras. Este xoves vai estar en Valladares a conselleira de urbanismo e imos dar unhas pinceladas deste encontro con Ana, a presidenta do centro veciñal. Os domingos pola mañán en Freixo levántanse e saen ó monte arrincar "arcolitos". O monte conver...

Esperta Valladares- Venres 11/01/2019 11.01.2019

A gaitiña da pa mooito... tanto vai a unha foliada, como se deixa enredar noutras lides: MITIC el espectáculo. Os irmáns Costas, Suso e Álvaro achegáronse ata o estudio cunha primicia... a gala do García Barbón vanna retransmitir na TVG e están preparando o MITIC II. PROXIMA PARADA: Romería de San Amaro. Xa están tamén abertos algúns dos furanchos de San Blas... se ides de furanchos, a que ides? A...

Esperta Valladares - Xoves 10/01/2019 10.01.2019

Fashion victims, onde vos inspirades nas redes ou nas revistas? Imos dar unha voltiña pola revolución que está a supoñer Instagram na industria da moda. Aproveitando, imos coñecer a moda do século XIX a través dunha expo que hai no Castelo de Soutomaior coa indumentaria e os complementos da Marquesa de Ayerve, que vivviu alí dende 1870-1925. De música falamos con Richi, o baixista de APHONNIC. Est...

Esperta Valladares- Mércores 9/01/2019 09.01.2019

Pechades a porta e... AS CHAVES QUEDARON DENTRO... AHHH!!! Chamades ó cerrajero ou rompedes unha ventana? Enchemos o programa de anécdotas, ademáis de queixarnos do caro do servicio dos cerrajeros. Tamén, alta cociña con Manuel Barreiro, alumno do Centro Superior de Hostelería de Galicia seleccionado no prestixioso concurso de Le Cordon Bleu Madrid. E "Voando nas Rías Baixas", o programa de visita...

Esperta Valladares- Martes 08/01/2019 08.01.2019

Let's rock!!! Rock en galego con GRILO, made in 2018. Tres músicos con traxectoria que con este novo proxecto van piano piano. "Criminal" é o seu primeiro single e van grabar este sábado o segundo. Este venres hai dous grandes espectáculos de danza por Vigo: o de Víctor Ullate no Teatro García Barbón e o "Cascanueces" do Moscow State Ballet no Auditorio Mar de Vigo. A sabiendas de que a danza é a...

Esperta Valladares- Luns 7/01/2019 07.01.2019

O boom dos patinetes eléctricos está a causar unha revolución na mobilidade polas cidades. Para as costas de Vigo, que vai mellor, o patinete eléctrico ou a bici con motorciño? Imos ata Zaragoza para ver como o están a xestionar. Esta cidade é piloto para moitos proxectos que logo se expanden ó resto da península. Ademáis, falamos dos encontros que van ter lugar estas semanas entre os profesionais...

Esperta Valladares - Venres 4/01/2019 04.01.2019

Xa veñen os Reis!!! Mañán é o día das cabalgatas. Imos ler as cartas cos nenos da ludoteca de Valladares. Esta tarde os reis van andar pola parroquia visitando ós mais maiores nas súas casas e mais nos centros de día. Imos de ruta con eles... conversamos con Villarroel, o seu chófer. Ademáis, repasamos a axenda cultural... que ven cargada de plans infantiles.

Esperta Valladares - Xoves 03/01/2019 03.01.2019

Non sabes que pedirlle ós reis ainda? Os libros sempre son boa opción. Queremos saber tamén se sodes de compralos ou de ir a por eles á biblioteca. Aproveitamos para falar de libros de divulgación científica e nutrición con Farmalex no seu espacio de saúde. O gaiteiro Isidro Vidal cumpliu o seu reto do 2018: #composicion365, unha composición por día. Xurdiron colaboracións con músicos de todo o mu...

Esperta Valladares- Mércores 2/01/2019 02.01.2019

Comezamos o ano facendo propósitos... e canto tardamos en esquecelos? Curioseamos polos mais comúns entre a xente e as app's que no axudan a conquistalos. Ademáis, recuperamos unha conversa con Saladina da Costa e Doro Piñeiro ao Carón da Barxa. Viaxamos un cento de anos por Valladares... coas leiteiras, a guerra civil, as festas...

Esperta Valladares- Luns 31/12/2018 31.12.2018

Aburiño 2018 e Benvido 2019. Fin de moitas cousas e inicio de moitos outros proxectos, novas ilusións!!! Acompáñanos o MARQUÉS DE VALLADARES, Ignacio Pérez-Blanco y Pernas. Ven falar do seu libro: "Un viaje por la historia de Galicia. Del Señorío al marquesado de Valladares". Remata o ano e facemos un repasiño polas novas mais destacas... e tamén polos avances científicos mais curiosos deste 2018....

Esperta Valladares- Venres 28/12/2018 28.12.2018

Tertulia coa xente nova de Valladares. Que pensan da parroquia? Pola xeración nova: Óscar Costas e Álex Piñeiro. O contraste dos maiores: Isidro Caseiro. Ademáis falamos co pintor en tellas Severino Pérez. é do Rosal e vive en Freixo. Axenda cultural coma todas as findes.

Esperta Valladares- Xoves 27/12/2018 27.12.2018

A música que vos gusta, onde a escoitades? Nun concerto ao vivo ou nos cascos ó voso aire? Imos de concertos con música made in Vigo. Dioivo. Black Metal en galego. Estes dous rapaces tan noviños presentan disco no Transylvania este sábado. E xusto ó ladiño, na Fábrica de Chocolate van estar os gamberros e irrevententes Tony Lomba & Elio Dos Santos co seu "Yoli, Yoli Tour". Outro proxecto que apen...

Esperta Valladares- Mércores 26/12/2018 26.12.2018

Solidariedade Galega co Pobo Saharaui organiza festival solidario este venres en Valladares. Van estar Peter Punk Pallaso e o Mago Marco. Aproveitamos para falar con eles da capacidade de ilusionarnos e sorprendernos coa maxia. Ademáis, estes días Galicia Magic Fest reune no Teatro García Barbón a grandes magos. E os bufóns desatan a capacidade de rirnos de nós mesmos... contamos algunha historeti...

Esperta Valladares- Luns 24/12/2018 24.12.2018

24 de decembro... fun fun fun!!! Felices Festas!!! Cousas de nadal neste Esperta: -os reis magos: foron 3 ou 12?? eran magos?? onde están os seus restos en colonia (alemania) ou en Sava?? Germán Son tira de hemeroteca para ilustrarnos. -menú de hoxe: o tradicional bacallau ou algo no forno? Imos falar cunha veciña que hoxe non sae do forno: fai pan, roscón, cordeiro... -cantos de nadal e rondallas...

Poslouchej podcast ESPERTA VALLADARES v Replaio

Rádio a podcasty v jedné aplikaci - zdarma a bez registrace. Nainstaluj si ji ještě dnes a nepropásni premiéru

Stáhnout z Google Play

Replaio není vydavatelem podcastů; názvy pořadů, obálky a audio patří jejich autorům a šíří se přes veřejné RSS kanály