Radio Valladares

ESPERTA VALLADARES

ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario. Analizamos a actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo.

Určitě navštivte web podcastu a podpořte jeho tvůrce: www.ivoox.com

Autor

Radio Valladares

Kategorie

Society

Web podcastu

www.ivoox.com

Nejnovější epizoda

29. zář 2026

Kde poslouchat?

Podcasty v aplikaci Replaio Radio Už brzy

Podcasty míří do aplikace už brzy. Nainstaluj si ji teď a jako první uvidíš úplně nový pohled na podcasty

Stáhnout z Google Play Nainstaluj zdarma Android téměř 10 mil. stažení · hodnocení 4,8 iOS už brzy

Epizody

Pint of sciencie. Divulgación científica. 22.05.2019

A ciencia, vos interesa? nanotecnoloxía, exoplanetas, impresión 3D... Eduard Punset, morreu hoxe. Un dos pioneiros na divulgación científica en España. Quen non recorda a súa voz no programa de tv REDES? Dende entón xurdiron moitas outras iniciativas, como a que ten lugar estas tardes en Vigo no Mercado Berbés. Pint of Science, investigación punteira explicada entre cervexas nos bares... celebran...

Festival de Cans 21.05.2019

3,2,1... se rueda Festival de Cans Chimpíns, concertos en galiñeiros, cortos en galpóns... que vos chama mais deste agroglamour? "A que andas?" é un dos encontros mais agardados do festival. As películas dende o guión: primeiras ideas, bocetos... con cineastas destacados no noso audiovisual. Conversamos con Chelo Loureiro.

Venezuela. Exiliados políticos 20.05.2019

20 de maio. Hai un ano os titulares de actualidade internacional eran: “Maduro gaña as presidenciais de Venezuela con mais de seis millóns de votos". A partir de ahí, as discrepancias. Que sabemos de Venezuela? Hai moita información confusa. Imos tratar de entender e comprender. Hoxe parte I: escoitamos o punto de vista de exiliados políticos.

Correlingua & Pauliña, country folk & As asociacións de viciños 16.05.2019

17 de maio. Día grande para Galicia Unha voltiña polo Correlingua, o country folk de Pauliña e repasiño pola axenda cultural destas Letras Galegas. A estas alturas, xa sabedes quen é Antón Fraguas? Ou inda non? Nota para os de casa: Hai elección da nova xunta directiva do cultural de Valladares. Imos ver que supón xestionar este centro veciñal.

Letras Galegas en Valladares & The Turre's Band & Títeres Redondela 15.05.2019

As Letras Galegas están de festa. Imos ver que eventos se argallan no Centro Cultural de Valladares esta semana: serán o xoves, Pauliña o venres... E ben festeiros son The Turre's Band. Dende Torroso, Mos, a banda dos torreiros! Mais festa nesta semana: Festival Internacional de Títeres de Redondela. 20 anos xa!

Santuario de animais Vacaloura & Rock vigués D'Esmorga 14.05.2019

Musical e animal este Esperta: -Vacaloura Santuario Animal. Moito cariño e amor polos animais neste lugar tan especial en Compostela. Organizan festival solidario este sábado na Fábrica de Chocolate. -D'Esmorga. Vigueses, moito rock e moi bo rollo. Presentan "Entre Whisky e Cervexas"

Semana das Letras Galegas. Como está a nosa lingua? 13.05.2019

Entramos de cheo na semana das Letras Galegas. Antonio Fraguas (1905-1999). Mestre na memoria. Na guerra civil, tivo que deixar a súa cátedra no Instituto da Estrada e montar a súa academia privada en Compostela para poder seguir na ensinanza. Curiosidades: foi presidente do Museo do Pobo Galego. Con isto, repasamos como está o galego hoxe. Conversamos con rapaces do IES Valadares en galego, escoi...

Pediatras para todxs & Romería San Isidro Labrador 10.05.2019

No Esperta de hoxe: A plataforma "Pediatras para Todxs" súmase ás reclamacións dos médicos de Atención Primaria de Vigo. Conversamos con Teta e Coliño. Á manifestación desta tarde ven xente mais alá da área metropolitana. Como todos os venres, repasamos a axenda cultural. Para Valladares ven San Isidro Labrador. Saiu de aquí no 2006 cara outras parroquias rurais de Vigo e xa está de volta. Domingo...

Mos: cidade deportiva do Celta & Festival Canto Conto 09.05.2019

Pelotazo urbanístico, atentado ecolóxico... quen pensa isto da cidade deportiva e centro comercial do Celta en Mos? A AUGA E VIDA organiza un concerto solidario o sábado na Sala Rebullón para os gastos extraordinarios que están tendo as comunidades de montes con este lío. Quedamos en Mos. As Maimiñas organizan o festival "Canto Conto" este domingo cerca do Pazo de Mos. Contos, cancións, maxia, rut...

Sesións Destelo & Premios Martín Códax da Música 08.05.2019

#MúsicaEnGalego Entréganse os Premios Martín Códax da Música e descubrimos as Sesións Destelo. Escoitades música en galego? Dos distintos estilos e dos moitos grupos falamos hoxe.

Casa da Xuventude Vigo & Axenda teatral de maio 07.05.2019

Os findes de maio na Casa da Xuventude son para ESTAR DE OCIO. Concertos de grupos locais, obradoiros de capoeira, break dance, hip hop, sesións de contos de medo, scape rooms... un espacio de lecer para os adolescentes. Conversamos con Daniela Alvite, coordinadora do proxecto. E unha voltiña pola axenda teatral polos arredores de Vigo con Fabi Bastos, que tamén ven falar dos monólogos. Gústanvos?...

En defensa do sistema público de pensións 03.05.2019

"Goberne quen goberne, as pensións deféndense!" Este é o lema da concentración que ten lugar os primeiros luns de mes diante do MARCO, en Vigo, ás 20h. Conversamos co Movemento galego pola defensa das pensións públicas.

Outdoor: Territorio comanche & Valladares: 25 aniversario cementerio particular 03.05.2019

Hoxe no Esperta: - A historia dun cementerio contada por dous veciños de Valladares, Julio e Abel. O particular de Valladares, 25 anos xa. - Territorio Comanche, ocio na natureza con aventuras de orientación. Este domingo, nas Cíes. Orientación, rastrexos... participástedes nalgunha destas aventuras? Dámoslle unha voltiña no tema do día. -Axenda cultural da fin de semana.

2 de maio & Brincadeira & Festa da Sementeira & San Isidro labrador 02.05.2019

Levantamento do 2 de maio. 200 anos atrás Madrid desafía á Napoleón e no norte do país levántase o pueblo contra as tropas. Bouzas o recorda celebrando este domingo a Brincadeira. As guerras traen fame… Outro plan dominical que ten que ver co alimento: a Festa da Sementeira en Matamá. Labrar, sementar millo, moer, cocer o pan… e celebralo cun concerto. O Colectivo Malaherba adiántanos o concerto s...

Maio: día dos traballadores e dos maios & Andaina polos montes de Vigo & Visitas teatralizadas. 30.04.2019

Maio florido e fermoso: -Celebración dos maios en Redondela e as súas coplas satíricas. -1 de maio. Día do traballador. Manifestacións pola mañá e cine ó aire libre no Calvario á noitiña con peli " No intenso agora", sobre as revolucións dos traballadores (Mayo 68, Primavera de Praga e China). Maio é o mes para desfrutar da natureza. Os montes de Vigo vanse convertir noso Central Park coa creación...

Fútbol feminino Valladares & Roteiro literario con Xurxo Souto por Vigo 29.04.2019

Resaca da noite electoral. Repasamos os marcadores. A algún partido meteronlle mais dun gol. De fútbol feminino vaia a cousa hoxe. CDValladaresFemenino. Queres unirte o mellor club vigués do ano 2018? Conversamos cos entrenadores: Gabi, Borja e Óscar do ben que vai o primeiro equipo! Se sodes rapazas adolescentes, 12, 13 e 14 anos e queredes entrenar e xogar ó fútbol, estes meses antes do veran po...

Os medos profundos cos que se vivía durante o franquismo 26.04.2019

Chega o finde! Ideas na axenda cultural e... interesa saber, en que grupo estades cando hai que arranxar algo? Agora que anda a sombra do aguilucho revoloteando, falamos dos medos profundos cos que se vivía durante o franquismo con Isidro Caseiro, veciño de Valladares. Cando o domingo vaiamos votar, están por alí interventores e mais apoderados. Imos saber que fan e se ten sentido esta figura.

Javier Gurruchaga e a Orquesta Mondragón 25.04.2019

Ladies and gentlemen! Javier Gurruchaga e a Orquesta Mondragón, este domingo nas festas de San Telmo en Tui. Mooito rock&roll, baby. As lecturas de "Madame Bovary", "El gran dictador" e "Noticia Bomba!" acompáñannos nesta viaxe con Gurruchaga, ademáis da súa música, of course. Cales dos seus hits bailades mais? "Corazón de melón" ou "Viaje con nosotros"?

Artelixo Redondela & Camiño de Santiago sen asfalto 24.04.2019

Arte Lixo Redondela, unha viaxe creativa e educativa na enseada da ría, durante toda esta semana está a engalar a vila de obras de arte "made in lixo". E quen non fixo ou está pensando facer o Camiño de Santiago? Tal vez o francés ou aventurarse noutro? Unha ruta que pon a proba ó peregrino polos montes dende A Guardia ata Compostela é o Camiño de Santiago sen asfalto. Ideada por Campio, un veciño...

Festival Primavera do Cine & Cuba a través do cine & Día do libro 23.04.2019

No Festival Primavera Do Cine descubrimos Cuba a través do cine con proxeccións de balde esta semana no Multicines Norte. Viaxástedes a Cuba? Tendes algunha conexión? Impresiónavos algo desta illa do Caribe? Sobre isto xira o tema do día hoxe. Conversamos con Juan de Castro, sobre o cinema nos barrios e outras das moitas proxeccións que van ter lugar estas dúas semanas por Vigo. Ademáis, é 23 de a...

Roteiro literario por Toralla & Andaina por Valladares 22.04.2019

Vai de pateadas para a "xornada de reflexión" do sábado este programa. Roteiro literario polos areais de Toralla co escritor Santiago Lopo e dende o Alba ata os muíños do Foxo... hai andaina por Valladares, churrascada ó rematar. Planazo! Ademáis, onte foi domingo de Pascua. Padriños e afillados, que preferides como regalo? Algo doce (roscón ou huevo chocolate) ou uns cartiños? Diso falamos no tem...

Transexualidade infantil: Asociación Arelas & "Piratas no recreo" 17.04.2019

Arelas, asociación de familias de menores trans achegou a realidade trans infantil-xuvenil ós rapaces no IES Valadares na semana cultural. Outro xeito de achegar este tema ós nenos é a través dos contos… falamos co autor de “Piratas no recreo”, Miguel Ángel Alonso Diz. Documentos TV: "El sexo sentido" http://www.rtve.es/alacarta/videos/documentos-tv/documentos-tv-sexo-sentido/2616594/ Crónicas TVE...

A importancia da política na vida cotiá 17.04.2019

Andamos en campaña política… con dúas eleccións á vista… queremos saber para que serve a política? Que importancia ten no día a día da xente? Diso falamos hoxe. A ver se conseguimos explicalo e que se entenda. Imos falar con Rubén Ramos, xornalista e profesor na Universidade de Castilla La Mancha, ademáis de adicarse á política nun concello de Zaragoza. E xa que estamos, tema do día. … TENDES PENS...

Plans de semana santa: Festa Miudiña & Relatos Vigo histórico 16.04.2019

Algúns plans para as vacacións de semana santa: Escribir un relato ambientado en Vigo para o certame da Editorial Elvira ou ir ata a Romería Miudiña no Monte dos Pozos o domingo. Disto falamos hoxe e tamén do incendio na catedral de Notre Dame en París.

Transexualidade infantil: Asociación Arelas & "Piratas no recreo" 15.04.2019

Arelas, asociación de familias de menores trans achegou a realidade trans infantil-xuvenil ós rapaces no IES Valadares na semana cultural. Outro xeito de achegar este tema ós nenos é a través dos contos… falamos co autor de “Piratas no recreo”, Miguel Ángel Alonso Diz. Documentos TV: "El sexo sentido" http://www.rtve.es/alacarta/videos/documentos-tv/documentos-tv-sexo-sentido/2616594/ Crónicas TVE...

Poslouchej podcast ESPERTA VALLADARES v Replaio

Rádio a podcasty v jedné aplikaci - zdarma a bez registrace. Nainstaluj si ji ještě dnes a nepropásni premiéru

Stáhnout z Google Play

Replaio není vydavatelem podcastů; názvy pořadů, obálky a audio patří jejich autorům a šíří se přes veřejné RSS kanály